Apertura período de consultas sobre o “Plan Básico Autonómico” da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: creación de grupo de traballo colexial e achega de suxestións

Posted by / 9th Agosto 2017 / Categories: Publicada en Portada / 0 Comments

Infórmase da publicación na web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no apartado de Plans con período de consulta aberto, o documento inicial estratéxico e o borrador do “Plan básico autonómico”, con carácter previo á elaboración do documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, promovido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que está dispoñible no seguinte ENLACE Así mesmo, nese apartado se indica que se poderán presentar suxestións ao mesmo ata o 18/09/2017.

Con este motivo, o COAG constituirá un Grupo de Traballo para elaborar un documento de suxestións, abrindo a posibilidade aos colexiados e participar nese Grupo ou remitirlle as súas observacións sobre o documento referido.

Para formar parte do Grupo de Traballo a constituír para elaborar as suxestións do COAG a dito documento, será preciso indicalo antes das 14:00 horas do vindeiro luns 14 de agosto, remitindo un email a: grupo.urbanismo@ coag.es

Tamén será posible remitir suxestións sobre o “Plan Básico Autonómico” ao Grupo de Traballo que se constitúa, para que se valore a súa incorporación ao documento único de suxestións que se enviará dende o COAG, o cal deberase realizar antes das 23:59 horas do xoves 31 de agosto, remitindo un email a: grupo.urbanismo@ coag.es

 

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter