Publicacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo

11 Out 2017

O IGVS ven de editar dúas publicacións dirixidas á rehabilitación e á eficiencia enerxética das vivendas, que están dispoñibles para a súa consulta e descarga na web.

Estes documentos son froito da experiencia dos técnicos da Xunta de Galicia e da participación na terceira convocatoria de proxectos do Programa de Cooperación Territorial INTERREG IV B SUDOE. As conclusións do estudio, unido ás propias experiencias destes técnicos, recóllense nestas publicacións, que pretenden ser didácticas e prácticas para poder ser utilizadas polos técnicos e proxectistas de edificios de nova construción e de rehabilitación, de maneira de guías con carácter complementario á normativa técnica aplicable de acordo coa lexislación vixente.

Os enlaces para a consulta e descarga son:

GUIA

MANUAL

Compartir