Presentación de candidaturas aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2018

7 maio 2018

Tal e como se anuncia na Circular 10 2018, estableceuse un procedemento para a presentación de candidaturas aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2018.

A Xunta de Goberno na súa sesión 05/2018 de 3 de maio adopto acordou establecer un procedemento para que os colexiados que estean interesados en participar poidan presentar as súas obras a ditos premios, fixando como prazo límite de entrega ás 23:59 horas do vindeiro 1 de xuño. Todas as propostas que se reciban, sempre e cando cumpran cos requisitos da convocatoria da Consellería, serán presentadas como propostas aos premios por parte do COAG.

Máis información neste ENLACE.

Convocatoria no DOG.

 

Compartir