Xornada «O mundo balneario de 1906»

0
Posted by / 6 noviembre 2019 / Categories: Delegación Ourense, Publicada en Portada / 0 Comments

O vindeiro sábado 16 de novembro, ás 11,30 horas, terá lugar en Verín esta xornada que organiza Apatrigal e coa que colabora a Delegación de Ourense.

Cando se xuntan os soños e o talento, podemos construír auténticas obras de arte: García Barbón e Vázquez Gulías eran dous soñadores aos que lles sobraba talento para transformar unha aldea herdeira de fidalgos rentistas e feirantes contrabandistas en paraíso balneario con Vichy como espello

#Verín conservaba -e conserva- un urbanismo arcaico e exemplar (o romano) pero medraba sen orde nin concerto, como moitas vilas galegas. Ata que chegou un indiano soñador, Xosé García Barbón, que regresou ao seu berce con vontade decidida de transformala.

O primeiro que fixo foi empedrar as lamagueiras cos vellos perpiaños do Colexio dos Xesuítas de Monterrei, pero logo plantou miles de árbores por toda a vila, así como en todas as estradas de acceso

Esta humanización e naturalización non foi casual: o grande soño de García Barbón era convertir Verín nun paraíso de paz arredor dos balnearios existentes (Sousas, Caldeliñas, Fontenova)

Pero o gran soño foi a construción dun Gran Balneario que marcara a diferenza: Cabreiroá

Para o que chamou a un gran arquitecto da época: Daniel Vázquez-Gulías, ao que non lle encomendou unicamente un edificio, senón un concepto, unha visión global

Vázquez-Gulías encargouse de todo: a #Arquitectura do Gran Hotel, o Quiosco das Augas, a Fábrica de Embotellado, as Cocheiras para autobuses e tranvía, o deseño interior, os mobles, …

O interiorismo foi especialmente coidado, con vidreiras, mobles Art Decó, salóns modernistas, fermosísimas escaleiras, pero tamén o #Paisaxismo arredor do hotel, creando un Xardín Botánico singular, que aínda existe

Finalmente, o tranvía de tracción animal, unha modernidade inédita na Galicia daquel tempo, deulle sentido á ilusionante humanización da vila balnearia

Co proxecto rematado e co prestixio dun artista no máis alto, o capital verinés tamén quixo participar do prestixio, e o gran Vázquez-Gulías desenvolveu outros seis proxectos arquitectónicos, como o Palacete Modernista da Praza Maior, o Cine Principal, o Casino, a Vila Peláez e a Casa García Barbón, ademais dun fermoso panteón no camposanto

Infelizmente, a ranciedade da sociedade -que non estaba preparada para o #Modernismo e #ArtNouveau, pero tamén a envexa dos rentistas fixeron que García Barbón fuxira para #Vigo co seu soño inconcluso, deixando en Verín unha herdanza digna de ser analizada e desfrutada

O día 16 de novembro teremos a oportunidade única de visitar estes fermosos edificios e espazos, grazas á colaboración xenerosa dos propietarios, de Cabreiroá e do Concello de Verín, coa colaboración do COAG-OUrense (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) e do Museo Virtual Daniel Vázquez-Gulías

Non o podes perder. As prazas son limitadas

Reserva a túa praza en apatrigal@gmail.com canto antes

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram