Dispoñible a edición revisada 2019 do libro “Arquitectura popular en Galicia”

13 Dec 2019

Atópase dispoñible na sección de libros do portal COAG a edición revisada 2019 do libro “Arquitectura popular en Galicia” de Pedro de Llano Cabado.

Nesta edición revisada 2019, agrúpanse nun único volume os dous libros de Arquitectura Popular en Galicia, publicados por primeira vez en 1981 e 1983. A revisión lingüística dos textos, para a súa adecuación á normativa vixente, supón a máis significativa variación con respecto ás edicións orixinais, así como o tratamento dixital de todas as imaxes e a puntual substitución dalgunha delas.
Esta edición incorpora de agasallo un DVD cos vídeos do ProxectoTERRA elaborados por TVE en Galicia, nos que están integrados cinco vídeos sobre Arquitectura Popular en Galicia montados, con novos guións e textos de Pedro de Llano, a partir das imaxes filmadas no ano 1984 polo equipo de TVE que realizou a serie “Artes y tradiciones populares”.
O valiosísimo e, en moitos casos, irrepetible contido destas imaxes, levou a TVE e ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a recuperalas dos arquivos e facer unha nova montaxe dentro do convenio que ambas entidades asinaron no marco do ProxectoTERRA.

Pódese acceder a esta publicación e adquirila na sección de libros do portal COAG.

Compartir