Licitación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución de reforma da actual estación de autobuses de Pontevedra

15 Nov 2017

No DOG do 14 de novembro anúnciase a licitación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo procedemento aberto, para contratar o servizo para a redacción do proxecto básico e de execución de reforma da actual estación de autobuses de Pontevedra (anticipado de gasto).

Prazo de presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

Enlace ao DOG.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que estando admitidos os Arquitectos para participar considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir