Concurso de ideas para remodelación no Parlamento de Galicia

30 Out 2019

No DOG de 30 de outubro aparece o anuncio de  licitación do concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a remodelación da recepción de visitas e humanización e mellora da accesibilidade para unha sede aberta do Parlamento de Galicia.

Tipo: concurso de proxectos.

División por premios: dous premios e tres accésits.

  • Primeiro premio e gañador do concurso: 14.876,03 euros.
  • Segundo premio: 7.024,79 euros.
  • Primeiro accésit: 2.644,63 euros.
  • Segundo accésit: 2.644,63 euros.
  • Terceiro accésit: 2.644,63 euros.

Valor estimado total: incluídos premios e contrato de servizos que pode derivarse do concurso: 99.958,69 euros.

Lugar de execución:

  • Enderezo: rúa do Hórreo, 63.
  • Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

Criterios de adxudicación: 1) Valor arquitectónico e calidade do deseño (40 puntos); 2) Avaliación técnica e económica da proposta (25 puntos); 3) Protección do ambiente, eficiencia enerxética e innovación tecnolóxica, asociadas á idea que se propón (20 puntos); 4) Adecuación da proposta de funcionalidade transitoria durante a execución das obras (15 puntos).

Data límite de presentación: 20 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose inhábil, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

Máis información.

Documentación: Enlace á plataforma de contratos de Galicia.


Concurso de ideas para remodelación en el Parlamento de Galicia

En el DOG de 30 de octubre aparece el anuncio de  licitación del concurso de ideas, con intervención de jurado, a nivel de anteproyectos, para la remodelación de la recepción de visitas y humanización y mejora de la accesibilidad para una sede abierta del Parlamento de Galicia.

Tipo: concurso de proyectos.

División por premios: dos premios y tres accésits.

  • Primer premio y ganador del concurso: 14.876,03 euros.
  • Segundo premio: 7.024,79 euros.
  • Primer accésit: 2.644,63 euros.
  • Segundo accésit: 2.644,63 euros.
  • Tercer accésit: 2.644,63 euros.

Valor estimado total: incluidos premios y contrato de servicios que puede derivarse del concurso: 99.958,69 euros.

Lugar de ejecución:

  • Dirección: calle del Hórreo, 63.
  • Localidad y código postal: Santiago de Compostela 15701.

Criterios de adjudicación: 1) Valor arquitectónico y calidad del diseño (40 puntos); 2) Evaluación técnica y económica de la propuesta (25 puntos); 3) Protección del medio ambiente, eficiencia energética e innovación tecnológica, asociadas a la idea que se propone (20 puntos); 4) Adecuación de la propuesta de funcionalidad transitoria durante la ejecución de las obras (15 puntos).

Fecha límite de presentación: 20 días naturales a partir del siguiente al de la publicación de este anuncio en el DOG. Si el último día de la presentación fuera inhábil, se ampliará el plazo hasta el día hábil siguiente.

Más información.

Documentación: Enlace a la plataforma de contratos de Galicia.

Compartir