Reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado «técnico de urbanismo».

0
Posted by / 11 julio 2018 / Categories: COAGactua / 0 Comments

O pasado 6 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse unha reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado «técnico de urbanismo», en exercicio da súa función de defensa dos intereses xenerais da profesión

O Colexio estima que os Arquitectos son os técnicos que poden realizar a totalidade das funcións asignadas ao posto sen limitación. Desde este punto de vista, tratándose dunha praza cualificada como de Administración Especial Subescala Técnica, a configuración do posto, no relativo ás funcións asignadas en relación coas titulacións que a RPT contempla como de acceso ao posto, vulnera os artigos 170.1 e 171 Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril (Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local), infrinxe a normativa reguladoras das competencias profesionais, así como os principios de mérito e capacidade do artigo 103.3 da Constitución Española no acceso á función pública, e artigos 55.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e os 24.1 e 49 b) da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia.

ENLACE AO TEXTO DA RECLAMACIÓN

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram