Remate do prazo | Convocatoria dun proceso de selección de equipo/s para realizar traballos vinculados a renovación e actualización dos materiais didácticos para educación secundaria elaborados por Proxecto Terra

0
Posted by / 21 agosto 2019 / Categories: coag, Proxectos / 0 Comments

Os equipos interesados deberán presentar a súa candidatura completa antes das 23:59 horas do 22 de agosto de 2019.

Arquitectura sen Fronteiras, como entidade responsable da xestión, coordinación e desenvolvemento das actividades enmarcadas no Proxecto Terra por conta do COAG, realiza esta convocatoria.

Obxectivo da convocatoria

O obxectivo desta convocatoria é a selección de equipo/equipos consultor/res para realizar os seguintes traballos:

  1. A renovación e actualización ao novo currículum da LOMCE dos contidos dos tres módulos didácticos ​1. Arquitectura Popular,​ 2. ​Arquitectura Contemporánea e ​3. Identidade Territorial​, elaborados por ProxectoTerra para a súa utilización en centros de Educación Secundaria de Galicia.
  2. Implementación a ​eXelearning​ dos contidos.

Descrición das tarefas a realizar

O/s equipo/s seleccionado/s deberá/n encargarse das seguintes tarefas:

  1. Revisión dos materiais do módulo a renovar e actualizar
  2. Elaboración dun guión e proposta de traballo a realizar
  3. Renovación e actualización ao novo currículum da LOMCE da documentación relacionada a continuación do módulo educativo que lle sexa asignado (consultar TdR completos):
    1. Alumnado
      1. Caderno Alumnado
      2. Actividades
    2. Profesorado
      1. Formación
      2. Guía do profesorado
      3. PDF presentación
  4. Envorcado deses contidos ao formato libre eXelearning. (Elaborarase un modelo que será entregado ao equipo unha vez revisados os contidos)

Remuneración

A renovación e actualización ao novo currículum da LOMCE dos contidos de cada un dos tres módulos didácticos será obxecto dunha ​retribución bruta de 3.333,33 euros (impostos que correspondan incluídos) por módulo.

Prazo e forma de remitir a candidatura

Os equipos interesados deberán presentar a súa candidatura completa antes das 23:59 horas do 22 de agosto de 2019, para o cal deberán remitir un correo electrónico a ​proxectoterra.actividades@coag.es​, aportando a seguinte documentación:

Máis información

Termos de Referencia Completos

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram