Convocatoria para a configuración dunha quenda de colexiados dispostos a actuar como alumnos colaboradores en actividades formativas

3 Set 2018

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca sete PRAZAS DE ALUMNOS COLABORADORES para arquitectos colexiados, para dar apoio nas accións formativas que sse levarán a cabo dentro do PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2018-2019, que se celebrarán nas sete delegacións do Colexio.
Cada un dos ALUMNOS COLABORADORES seleccionados estará asignado a colaborar nas actividades desenvolvidas en cada unha das delegacións do Colexio de Arquitectos.

Máis información na Circular 18/2018.

Compartir