Atención colexial durante o Nadal: recomendación de contactar a través da plataforma de consultas

20 Dec 2018

Lémbrase que, durante o período de Nadal, debido á redución de efectivos por mor do desfrute de vacacións polo persoal, recomendase realizar calquera consulta ou solicitude a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.

En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, pode realizar consultar sobre cuestións como:

En caso de non ter claro o ámbito da consulta, pode usar o de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.

Lémbrase que, cando os colexiados desexan solicitar que se tramite con urxencia un expediente, poden solicitalo a través de COAGestudio ou da plataforma de consultas.

Na plataforma de consultas, deberán realizar unha consulta de “visado” no seguinte ENLACE

Unha vez seleccionada está modalidade de consulta, deberase seleccionar o tipo “Visado (expedientes)” e indicar o expediente concreto para o cal se desexa o trámite urxente, de este modo a consulta xerada será asignada directamente á persoa encargada de visar ese expediente.

Seguindo as indicacións anteriores, evitarase que este tipo de solicitudes entren a través doutras modalidades de consulta, o que fai que se demore a súa atención.

Compartir