Aviso Legal

Condicións de uso da web coag.es

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
CIF Q-1575005 B

Este aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e o uso da Web (http://www.coag.es), en diante “a Web”, da que é titular o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA, en diante Colexio de Arquitectos. O uso da Web implica a aceptación destas condicións de uso, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos servizos concretos da Web www.coag.es.

Ligazóns

Esta Web contén ligazóns e hiperenlaces de páxinas con servizos, actividades ou informacións que cremos que poden ser de utilidade cun contido que non infrinxe a lexislación vixente, e que pode ser visitada por menores de idade, de todas as maneiras, o Colexio de Arquitectos non se responsabiliza do contido, nin dos posibles bens ou dereitos lesionables. O Colexio de Arquitectos non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos enlazados desde a súa páxina Web, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos nos que se poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), nos documentos e ficheiros do usuario, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ao usuario por este motivo.

Se Vde. cre que o contido pode vulnerar algún dereito, rogámoslle que nos escriba a: webmaster@colexiodearquitectos.org, así poderemos actuar con dilixencia para suprimir a ligazón.

Propiedade intelectual

Todos os elementos que forman a Web, así como a estrutura, deseño e código fonte da mesma, son titularidade do Colexio de Arquitectos, quedando expresamente prohibida a reprodución, modificación, transformación, distribución ou comunicación pública da Web, sen o previo consentimento do Colexio de Arquitectos, salvo nos casos previstos na lexislación.

Poderase facer un uso exclusivamente privado e persoal dos contidos, sempre que non sexan usados cunha finalidade comercial posterior.

O Colexio de Arquitectos non asume ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido da Web e poderá exercitar todas as accións legais que estime oportuno en caso de infracción destes dereitos por parte do usuario.

Exclusión de responsabilidade sobre o contido

A información desta Web ten como finalidade facilitar a difusión das actividades e servizos realizados polo Colexio de Arquitectos. O Colexio de Arquitectos non se responsabiliza dos posibles erros tipográficos ou numéricos que poida conter a Web, nin da exactitude da información contida na mesma.

En todo caso, o Colexio de Arquitectos resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar ou suspender temporalmente o contido, configuración, especificacións técnicas e servizos da Web, de forma unilateral.

O Colexio de Arquitectos non será, en ningún caso, responsable, polos danos e prexuízos de calquera tipo derivados, directa ou indirectamente, da falta de lectura deste aviso, ou do incumprimento das obrigacións especificadas no mesmo.

O Colexio de Arquitectos, por tanto, non se responsabiliza do uso indebido do portal e dos seus contidos e servizos, nin pode garantir, aínda que sexa o seu ánimo, a certeza dos seus contidos. Igualmente non se garante a veracidade dos contidos publicitarios de calquera ben, produto ou servizo anunciado.

A información contida nesta Web, ten carácter meramente informativo; en ningún caso, constitúe asesoramento xurídico. A política do Colexio de Arquitectos é tratar que os contidos estean sempre actualizados, pero pode suceder que non o estean, especialmente nos de carácter normativo.

O Colexio de Arquitectos se reserva a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida nesta Web, da configuración e a presentación desta nas condicións de acceso.

O Colexio de Arquitectos non se responsabiliza dos fallos que se poidan producir nas comunicacións, non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do portal e dos servizos, por iso o Colexio de Arquitectos non pode garantir a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á páxina Web e ao seu contido.

O Colexio de Arquitectos levará a cabo, sempre que non concorran causas que ou fagan imposible ou de difícil execución, e tan pronto teñan noticia de erros, desconexións ou falta de actualización nos contidos, todas aqueles traballos tendentes a emendar os erros, restablecer a comunicación e actualizar os contidos.

Responsabilidade en servizos de sociedade da información

O Colexio de Arquitectos como prestador dun servizo de intermediación consistente en albergar datos proporcionados polo destinatario, como ocorre no servizo de correo electrónico aos colexiados non será responsable pola información almacenada.

No momento que teña coñecemento efectivo de que a actividade ou a información almacenada é ilícita ou de que lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización bloqueará a conta do usuario e deixará de realizar o servizo. Actuará con dilixencia para retirar os datos ou facer imposible o acceso a eles. Se Vd. cre que o contido pode vulnerar algún dereito, rogámoslle que nos escriba a: webmaster@colexiodearquitectos.org, así poderemos actuar con dilixencia para suprimir este contido.

Entenderase que o Colexio de Arquitectos ten o coñecemento efectivo cando un órgano competente haxa declarado a ilicitude dos datos, ordenando a súa retirada ou que se imposibilite o acceso aos mesmos, ou se declarou a existencia da lesión, e o prestador coñecese a correspondente resolución, sen prexuízo dos procedementos de detección e retirada de contidos que os prestadores apliquen en virtude dos acordos voluntarios e doutros medios de coñecemento efectivo que puidesen establecerse.

Acceso

Existen determinadas zonas da Web cuxo acceso está reservado aos colexiados e persoas autorizadas polo Colexio de Arquitectos, por medio dun identificador de usuario e un contrasinal.

Os demais usuarios poden visitar o acceso ás seccións públicas da Web, non debendo tentar nunca o acceso ás seccións con acceso restrinxido, salvo que fose autorizado mediante un contrasinal e un identificador de usuario.

O usuario responsabilízase da confidencialidade e do uso do contrasinal, o Colexio de Arquitectos non se responsabiliza dos posibles danos e lesións a terceiros que puidese provocar a súa perda ou mal uso. En caso de perda, pode poñerse en contacto na dirección webmaster@colexiodearquitectos.org para dar de baixa a conta.

Esta Web utiliza o protocolo SSL (Secure Socket Layer) para realizar as conexións de acceso ao contido restrinxido a usuarios autorizados, establecéndose unha conexión de modo que a información transmítese cifrada mediante algoritmos de 128 bits.

Seguridade

O Colexio de Arquitectos consciente dos riscos derivados de enfrontarse a novos retos que supoñan estender os seus servizos a través de Internet, dispuxo de esixentes medidas de seguridade para reducir os riscos.

Exclúe calquera tipo de responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á presenza de virus ou outros elementos que poidan producir alteracións no sistema informático (software e hardware), documentos electrónicos e ficheiros do usuario ou de calquera terceiro, incluíndo os que se produzan nos servizos prestados por terceiros a través deste portal.

Os usuarios quedan informados de que a utilización dos sistemas electrónicos de transmisión de datos e o correo electrónico non ofrece garantías absolutas de seguridade. O usuario e o Colexio de Arquitectos exonéranse mutuamente de calquera responsabilidade derivada de feitos como a non recepción ou a demora da mesma, o erro ou intercepción das comunicacións.

Contacto

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
CIF Q-1575005B
Praza da Quintana, 1. 2º
15704 Santiago de Compostela
www.coag.es
Formulario de contacto
Teléfono +34 981 552 400
Fax: +34 981 561 658

Protección de datos de carácter persoal

Responsable do tratamento

O COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA (en adiante, COAG), con domicilio en Praza Quintana, 1, 2º, 15704 Santiago de Compostela, é a entidade responsable do tratamento dos datos de carácter persoal consignados na súa solicitude de colexiación e na documentación que acompañe, así como dos que sexan xerados durante o prazo que manteña actividade como colexiado, incluíndo, certificados de estudos, currículo vitae, licenzas, certificados persoais, ou calquera declaracións do colexiado ou de Organismos privados ou oficiais,

Datos Delegado de Protección de Datos

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, e en virtude da súa natureza de Corporación de Dereito Público, o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA designou como Delegado de Protección de Datos a D. José María Lozoya Pérez, avogado, con domicilio profesional en Praza Teucro, 4, 1º A, 36002 Pontevedra, co que pode poñerse en contacto a través da dirección de correo electrónico dpd@coag.es

Finalidade

A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e que están accesibles no rexistro de actividades de tratamento.

Lexitimación

Pode consultar a base legal para cada unha das actividades de tratamento que leva a cabo o o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na seguinte ligazón ao rexistro de actividades do COAG.

Conservación de datos

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación. Pode consultar os periodos de conservación no rexistro de actividades do COAG.

Comunicación de datos

Pode consultar os destinatarios para cada unha das actividades de tratamento que leva a cabo o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na seguinte ligazón ao rexistro de actividades de tratamento do COAG.

Dereitos do interesado

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA está a tratar datos persoais que lle conciernan.

As persoas solicitadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. No caso de que proceda, COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos como o cumprimento das funcións ou obrigacións legalmente establecidas, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

Así mesmo, cando o tratamento estea baseado no consentimento do colexiado, este ten o dereito para retirar o consentimento en calquera momento.

O COLEXIADO pode acceder aos seus, modificalos, suprimilos, así como conceder ou revogar o consentimento para determinados tratamentos a través da zona de acceso privado do portal web do COLEXIO DE ARQUITECTOS DE GALICIA portal.coag.es

Poderán exercitarse estes dereitos dirixíndose á dirección de correo electrónico: secretaria@colexiodearquitectos.org

No caso de que o COLEXIADO estime que non se está realizando un tratamento adecuado dos seus datos, pode presentar unha reclamación ante o Delegado de Protección de Datos designado (dpd@coag.es) ou ante a autoridade de control: Axencia Española de Protección de Datos (https://www.aepd.es).