Axenda
Boletín de Información 12 - 2023

Colexio | Concursos | Emprego | Eventos | Normativa


Colexio

Acto de entrega de diplomas aos premiados da edición 2022 dos premios Gran de Area

Publicación: 22 de marzo  
O vindeiro sábado 25 de marzo, terá lugar o acto de entrega de diplomas aos premiados na edición 2022 dos Premios Gran de Area, organizado polas Delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio de Arquitectos, os colexiados interesados en asistir deberán solicitalo conforme ás seguintes indicacións.
Enlace á noticia

Resultado da XX edición dos Premios COAG de Arquitectura

Publicación: 20 de marzo  
Está dispoñible o resultado da XX edición dos Premios COAG de Arquitectura, que recoñecen as mellores obras da arquitectura galega, visadas e executadas no ámbito territorial do Colexio de Arquitectos no último bienio, período correspondente a obras acabadas entre o 1 de outubro do 2020 e o 30 de setembro do 2022. Nesta vixésima edición presentáronse ao certame 224 obras. O Premio á Traxectoria Profesional recaeu na arquitecta Dona Pascuala Campos de Michelena.
Enlace á noticia

Xornada de asesoramento_ O Klím Estimación rápida de cálculo [gráfica para axuda] Explicación gráfica de conceptos: compacidade, Qsol, jul, n50, envolvente térmica

Publicación: 16 de marzo  
O servizo de asesoramento en materia de aforro de enerxía e rehabilitación enerxética do COAG organiza, o vindeiro xoves 23 de marzo, de 12:00 a 13:30, esta xornada de asesoramento on line relativa á problemática no cumprimento do Klím. 

O Klim é, en ocasións, unha das esixencias máis difíciles de cumprir, tanto en obra nova como en obras de rehabilitación nas que se renova máis do 25% da envolvente térmica.
Enlace á noticia

IV Edición del ciclo de conferencias de arquitectura: Próximos 2023

Publicación: 22 de marzo  
Desde la Delegación de Santiago nos complace anunciar la celebración de la cuarta edición del ciclo de conferencias de Arquitectura: PRÓXIMOS 2023. Así, el miércoles 12 de abril tendrá lugar la primera de las conferencias enmarcada en este ciclo a través del cual se quiere dar a conocer trabajos arquitectónicos próximos a nuestra demarcación, bien por el emplazamiento de las obras o los estudios como por el contexto sobre el que trabajan.
Enlace a la noticia

/CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE //ANSEDEQUINTANS ARQUITECTOS

Publicación: 17 de marzo  
O vindeiro día 30 de marzo, ás 19.00 horas, continuamos coa celebración da 1ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Enlace á noticia

Dispoñible a gravación de Pablo Falcón, dentro do ciclo Arquitecturas Ourensás

Publicación: 21 de marzo  
Está dispoñible no Canal COAG a gravación da sesión da sexta edición do ciclo de charlas “Arquitecturas Ourensás” con Pablo Falcón.
Enlace á noticia

Convocadas axudas a comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas

Publicación: 21 de marzo  
No DOG de 16 de marzo, publícase a RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2023 pola que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (código de procedemento VI420A).
Enlace á noticia

Convocatoria de eleccións COAG | 11 de maio de 2023

Publicación: 10 de marzo  
Tal e como se anuncia na Circular 6 2023, a Xunta de Goberno acordou convocar eleccións para cubrir tódolos postos da Xunta de Goberno e Xuntas Directivas do Colexio, a celebrar o día 11 de maio de 2023.
Enlace á noticia

Concursos

Resultado do Concurso de ideas, con intervención de Xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitacion do edificio dos xulgados situados na rúa Lalín de Vigo

Publicación: 22 de marzo  
En cumprimento do establecido na cláusula 7.4 do Prego de Bases que rexe este concurso, que con data de hoxe procedeuse a publicar na Plataforma de contratos de Galicia a acta da comisión administrativa relativa ao acto público do 20 de marzo de 2023 no que se procedeu á apertura dos sobre A dos premiados no Concurso de ideas, con intervención de Xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitacion do edificio dos xulgados situados na rúa Lalín de Vigo, para uso de asociacións e entidades sociais, no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola UniónEuropa (NEXTGENERATION UE).
Enlace á noticia

Concurso de poxectos, con intervención de xurado, para a rehabilitación do antigo Mercado de Santa Lucía

Publicación: 23 de febreiro  
Publicado na Plataforma de Contratación del Sector Público o anuncio do Concello da Coruña do Concurso de Ideas para a rehabilitación do Mercado de Santa Lucía, cos usos prioritarios de centro de saúde e centro cívico, e o uso mercado como uso complementario.
Enlace á noticia

Concurso de proxectos a nivel de anteproxecto, para a rehabilitación como equipamento cultural e de lecer, da “Casa de Parga”, o seu muiño, hórreo, pombal e xardíns; así como para a posta en valor da finca

Publicación: 15 de febreiro  
Publicado no Perfil do Contratante, con data 14 de febreiro, este concurso convocado polo Concello de Meis, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, co fin de seleccionar a mellor proposta arquitectónica para a rehabilitación e reconstrución como equipamento cultural e de lecer, da Casa de Parga, que inclúe tamén o seu muíño, o seu pombal e os seus xardíns. Así como a posta en valor da finca na que se sitúa, no lugar de Rial, parroquia de San Lourenzo de Nogueira do dito concello da provincia de Pontevedra.
Enlace á noticia

XIV Concurso Bienal de Tesis de Arquitectura

Publicación: 30 de enero  
El Concurso Bienal de Tesis de Arquitectura (convocatoria Ibérica) está orientado a la selección de tesis doctorales en arquitectura para su publicación en la colección arquia/tesis.
Enlace a la noticia

Emprego

Prazas de arquitecto/a nos concellos de Marín e de Xermade

Publicación: 16 de marzo  
Publicados en boletíns de data 16 de marzo, prazas de arquitecto nos concellos de Marín e de Xermade.
Enlace á noticia

Ofertas de emprego

Emprego  

Eventos

Presentación de la ‘Guía para la gestión de RCDs en el ámbito de la rehabilitación energética de viviendas’

Publicación: 20 de marzo  
El jueves 30 de marzo se presenta la ‘Guía para la gestión de Residuios de la Construcción (RCDs) en el ámbito de la rehabilitación energética de viviendas’, impulsada por el Consejo General de la Arquitectura Técnica de España (CGATE)  y el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE).
Enlace á noticia

Presentación da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 2021-2027

Publicación: 22 de marzo  
O vindeiro 28 de marzo, ás 11,30 h., celebrarase o evento de presentación da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 e do Programa Galicia FEDER 2021-2027, nun encontro organizado conxuntamente pola Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación e a Consellería de Facenda e Administración Pública.
Enlace á noticia

Xornada de presentación da guía técnica “Solucións innovadoras en madeira estrutural na arquitectura galega actual”

Publicación: 20 de marzo  
O vindeiro venres, 24 de marzo, ás 10:00 horas na Fundación Laboral da Construción – Rúa Pontepedriña Arriba, nº 13 Santiago de Compostela, terá lugar a xornada de presentación da guía técnica “Solucións innovadoras en madeira estrutural na arquitectura galega actual”.
Enlace á noticia

Normativa

Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de marzo de 2023

Publicación: 2 de marzo  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de marzo de 2023. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400