|
Colexio| Emprego | Eventos
Colexio
Apertura da plataforma de presentación de candidaturas aos XX Premios COAG de Arquitectura
Publicación: 9 de novembro |
|
 |
Tal e como se anunciou na Circular 23 2022, convocouse a vixésima edición dos Premios COAG de Arquitectura (2020-2022), a conceder a obras de arquitectura nas categorías que se indican, realizadas no ámbito territorial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Na Circular 25 2022 se anuncia a apertura da plataforma de presentación de candidatura.
Enlace á noticia.
|
Aberta matrícula cursos COAG-EGAP novembro_decembro 2022
Publicación: 7 de novembro |
|
 |
Está aberta a matrícula dos cursos coorganizados polo COAG e a EGAP para os meses de novembro e decembro. O itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio está formado polo Curso de Técnico Superior en Urbanismo, actualmente en desenvolvemento, e unha serie de cursos de 32 horas, que teñen a consideración de módulos optativos para os alumnos do Curso Superior e que poden cursarse ao mesmo tempo de forma independente. Este ano convócanse 3 módulos que se desenvolverán durante os meses de novembro e decembro, cos seguintes programas:
- Laboratorio de renovación urbana e rexeneración urbanística.
- Procedemento administrativo e contratación pública no urbanismo.
- A regulación, xestión e planificación adaptativa da costa.
Enlace á noticia.
|
Resultado do sorteo dun arquitecto/a interesado/a no encargo da Dirección de Obra e Coordinación de Seguridade e Saúde da demolición dunha edificación sen licenza no Concello de Nigrán
Publicación: 8 de novembro |
|
 |
Tal e como se ten anunciado tivo lugar o sorteo para este traballo, que se pode consultar na zona de emprego do Panel de Servizos da páxina web.
Enlace á noticia |
Circular interpretativa da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sobre a viabilidade das vivendas colectivas no solo rústico
Publicación: 8 de novembro |
|
 |
Circular interpretativa sobre a viabilidade das vivendas colectivas no solo rústico e actuacións en parcelas afectadas por distinta clasificación, no marco da normativa urbanística estatal e autonómica vixente.
Enlace á noticia |
Conferencia do Arquitecto Portugués Gonzalo Byrne
Publicación: 8 de novembro |
|
 |
A Delegación de Pontevedra organiza a Conferencia do arquitecto portugués Gonzalo Byrne, que terá lugar o 10 de novembro ás 19:30 h. na Sala de Conferencias do segundo andar de A Casa das Campas en Pontevedra.
Enlace á noticia |
//Ciclo de conferencias //Ao Norte
Publicación: 8 de novembro |
|
 |
O vindeiro día 17 de novembro, ás 19.00 horas, iniciamos a 1ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do COAG. Neste ciclo de conferencias queremos compartir o traballo que están a realizar os nosos compañeiros ao longo da nosa xeografía, analizando distintos proxectos de diversas escalas de actuación. Contaremos nesta edición coa participación de PLP Atelier, VLD Arquitectos, María Fandiño e Ansede Quintáns Arquitectos. As conferencias levaranse a cabo na Sala de Exposicións da Delegación (Avenida de Esteiro 129, baixo).
Enlace á noticia |
Arquitecturas Ourensás – Seara Peleteiro Arquitectos
Publicación: 2 de novembro |
|
 |
Dende a Delegación de Ourense continuamos cunha nova edición do ciclo de charlas “Arquitecturas Ourensás” nas que descubrimos a arquitectura da provincia da man dos nosos compañeiros e das súas obras. Nesta ocasión, teremos con nós a Berta e Juan, de Seara Peleteiro Arquitectos, para amosarnos a súa arquitectura.
Enlace á noticia
|
Proxecto Terra- Seminario Xentes, Espazos e Lugares “A construción colectiva do habitar”
Publicación: 4 de novembro |
|
 |
Desde o ProxectoTERRA dámosvos a benvida á 2ª edición do seminario Xentes Espazos e Lugares. Grazas ao convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), a Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda e máis a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o ProxectoTERRA dá continuidade por medio destas tres xornadas ao seu programa cultural Xentes Espazos e Lugares, iniciado no ano 2008 na cidade de Vigo.
Enlace á noticia
|
Gravación da xornada de asesoramento sobre o programa de axuda ás actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios
Publicación: 4 de novembro |
|
 |
Está dispoñible na Canle COAG a gravación da xornada de asesoramento sobre o programa de axuda ás actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, que, dentro do ciclo de axudas á rehabilitación, tivo lugar o venres 4 de novembro.
Enlace á noticia.
|
Axudas XERA construción en madeira. Esgotado crédito
Publicación: 28 de octubre |
|
 |
Esgotado o crédito das subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
Publicada no DOG de 13 de outubro a Resolución da Axencia Galega da Industria Forestal pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).
Enlace a la noticia
|
Emprego
Concello de Monterroso – aprobación das bases para a formación dunha bolsa de emprego de técnico de urbanismo (arquitecto municipal)
Publicación: 8 de novembro |
|
 |
No BOP-Lugo de 8 de novembro, aparece o anuncio do decreto de alcaldía de data 03/11/2022 polo que se aproban as bases para a formación dunha bolsa de emprego para a cobertura, mediante funcionario/a interino/a, da praza de técnico/a urbanístico (arquitecto municipal) do Concello de Monterroso prevista na RPT.
Enlace á noticia
|
Concello de Coirós – Praza de Arquitecto
Publicación: 4 de novembro |
|
 |
No BOP A Coruña de 2 de novembro, aparece o anuncio da Convocatoria para a selección de funcionario, Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Arquitecto, para a cobertura definitiva de praza incluída na (OEP 2022), por concurso- oposición. (media xornada) do Concello de Coirós.
Enlace á noticia
|
Ofertas de emprego
Eventos
Xornadas Eco-deseño para paisaxes resilientes
Publicación: 7 de novembro |
|
 |
A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Deputación de A Coruña, desenvolve unhas xornadas formativas enfocadas ao eco-deseño de espazos públicos, levando os criterios da infraestrutura verde á escala de detalle co obxectivo de acadar que as nosas paisaxes sexan máis resilientes fronte á crise climática, mellorando os servizos ecosistémicos que prestan, especialmente en contornas urbanas.
Enlace á noticia |
Xornadas – SIKA: Rehabilitación e eficiencia dos edificios / Pavimentos
Publicación: 4 de novembro |
|
 |
Delegación COAG — FERROL – 15 de Novembro
Delegación COAG — LUGO – 17 de Novembro
Delegación COAG — OURENSE – 29 de Novembro
Delegación COAG — SANTIAGO – 30 de Novembro.
Enlace á noticia
|
Xornada-Presentación solucións de recarga de vehículo eléctrico e a súa normativa
Publicación: 3 de novembro |
|
 |
Xoves, 24 de Novembro – 11h30
Poligono de Alvedro – Culleredo ( A Coruña)
Presentaranse as solucións que SIMON ofrece en punto de recarga de vehículo eléctrico e a súa xestión. Xa se pode reservar praza gratuitamente.
Enlace á noticia
|
Xornada Beissier SAU – rehabilitación con SATE, aislamento Beissier Therm
Publicación: 9 de novembro |
|
 |
Xoves, 30 de Novembro
A ponencia aborda as dúas esixencias básicas dunha rehabilitación con SATE: os puntos crave a verificar durante a posta en obra, de cara a evitar a posterior aparición de patoloxías derivadas dunha incorrecta execución, e o amplo abanico de acabados e estéticas que o sistema ofrece.
Enlace á noticia
|
|
|
|
|
|