Actuaciones del Colegio

07-10-2024
En resposta á petición do COAG a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración amplía prazo de presentación de propostas na licitación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da escola de formación profesional e da clínica da antiga Fábrica de armas para a creación dun centro de formación especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital na Cidade das TIC (A Coruña) cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta (expediente 2024_016_SXT_FCE).
02-10-2024
O COAG remitiu unha carta á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración solicitando a ampliación de prazo de presentación de propostas na licitación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da escola de formación profesional e da clínica da antiga Fábrica de armas para a creación dun centro de formación especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital na Cidade das TIC (A Coruña) cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta (expediente 2024_016_SXT_FCE).
15-05-2024
O COAG remitiu ao Concello de Santiago unha solicitude de ampliación do prazo de presentación de propostas. licitación que se encontra en tramitación para adxudicación do contrato de servizos de redacción de Proxecto Básico e Execución (pbe) e dirección facultativa (DO+DI+CSS) do «Barrio verde de Pontepedriña: renaturalización da mazá e creación dun corredor ecolóxico urbano». expediente: con2024000004.
19-04-2024
Alegacións do COAG ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto de Greenfiber en Palas de Rei
16-02-2024
O COAG remite un escrito alegacións ao Concello da Estrada solicitando a modificación dos criterios de adxudicación, a desistencia da licitación para a adxudicación do contrato de servizos de arquitectura para a redacción do proxecto «Peonización da Praza da Farola», e a convocatoria dun novo procedemento no que ditos criterios sexan conforme ao previsto legalmente. Expediente 6816/2023.
10-02-2022
Alegaciones presentadas por el COAG a la revisión del PGOM de Vigo