|
Colexio | Concursos | Emprego
Colexio
Club de Lectura Hai Mulleres – Zaida Muxí Martínez «Mujeres, casas y ciudades»
Publicación: 11 de xaneiro |
|
 |
O vindeiro mércores 18 de xaneiro, ás 19,30 horas, terá lugar no baixo cuberta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Santiago, unha nova sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que falaremos coa arquitecta Zaida Muxí Martínez sobre a súa obra “Mujeres, casas y ciudades”. Esta sesión será emitida en streaming pola plataforma Zoom.
Enlace á noticia |
Arquitecturas Ourensás – Pablo López Prol (PLP Atelier)
Publicación: 11 de xaneiro |
|
 |
Continuamos coa cuarta edición do ciclo de charlas “Arquitecturas Ourensás” nas que, como de costume, descubrimos a arquitectura da provincia da man dos nosos compañeiros e das súas obras. Nesta ocasión, teremos con nós a Pablo López Prol de PLP Atelier, para amosarnos a súa arquitectura.
Enlace á noticia |
Conferencia Josep María Montaner: Política e proxectos de vivenda en Barcelona: Cooperativas, vivendas dotacionais, rehabilitación e industrialización
Publicación: 11 de xaneiro |
|
 |
O vindeiro xoves 19 de xaneiro, ás 19:00, terá lugar en Santiago de Compostela a conferencia de Josep María Montaner “Política e proxectos de vivenda en Barcelona: Cooperativas, vivendas dotacionais, rehabilitación e industrialización”.
Enlace á noticia |
Informe sobre as axudas á vivenda
Publicación: 10 de xaneiro |
|
 |
Actualizado 10 | 01 | 23 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Enlace á noticia |
Guía para planificar Cidades Saudables
Publicación: 9 de xaneiro |
|
 |
O Ministerio de Sanidade, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Rede Española de Cidades Saudables publicaron a Guía para planificar Ciudades Saludables, presentada como unha ferramenta de axuda aos diferentes profesionais que participan na planificación de contornas urbanas.
Enlace á noticia |
Enquisa sobre preferencias formativas 2023
Publicación: 27 de decembro |
|
 |
O obxectivo deste cuestionario é coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas, de cara a establecer a programación e contidos a desenvolver durante o ano 2023 en cursos de actualización profesional. Ademais, inclúense algunhas cuestións de tipo organizativo que nos resultan de gran utilidade para aliñar as modalidades, formatos, horarios, adicacións, etc., coas vosas preferencias. A enquisa é breve e anónima. Coñecer as vosas opinións e preferencias resulta especialmente importante para nós para mellorar o enfoque e a organización das actividades formativas que programamos, así como para que promover novos cursos nas liñas que propoñedes.
Moitas grazas!.
Enlace á noticia |
Apertura do prazo para a configuración da colexiación 2023
Publicación: 22 de decembro |
|
 |
Infórmase que, segundo se indica na Circular 33 2022, está aberto o prazo para a configuración da colexiación para o exercicio 2023, que rematará o 22 de xaneiro.
Pode atoparse máis información no seguinte ENLACE.
Enlace á noticia |
Concursos
Concurso de proxectos, a nivel anteproxecto, para a rehabilitación arquitectónica e ampliación do recinto conventual de Santa Clara para uso destinado ao Museo de Pontevedra
Publicación: 2 de xaneiro |
|
|
O obxecto do presente concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, é seleccionar a mellor proposta, a nivel de anteproxecto, de rehabilitación arquitectónica e ampliación do recinto conventual de Santa Clara para uso destinado ao Museo de Pontevedra, de acordo coas previsións contidas no prego de prescricións técnicas.
Enlace á noticia |
Concurso bajo lema, en dos fases, con intervención de jurado, para la redacción de proyecto y dirección de obra para la reforma integral de la sede del Consejo Superior de los Colegios Oficiales de Arquitectos de España (CSCAE)
Publicación: 21 de diciembre |
|
|
El concurso tiene ámbito nacional y los participantes podrán presentarse a título individual o en equipo siendo, en todo caso, el representante del mismo un Arquitecto/a colegiado/a en un Colegio Oficial de Arquitectos de España, estableciéndose en las bases una serie de incompatibilidades.
Enlace a la noticia |
Emprego
Prazas de arquitecto nos concellos de Rianxo e As Pontes de García Rodríguez
Publicación: 11 de xaneiro |
|
 |
Publicadas no DOG de 10 e 11 de xaneiro de 2023, bases e convocatoria, respectivamente, para cubrir dúas prazas de arquitecto no Concello de Rianxo, e unha praza de arquitecto no Concello das Pontes de García Rodríguez.
Enlace á noticia |
Ofertas de emprego
|
|
|
|
|