|
Colexio | Concursos | Emprego | Normativa
Colexio
Últimos días de presentación de candidaturas aos XX Premios COAG de Arquitectura
Publicación: 21 de decembro |
|
 |
Tal e como se anunciou na Circular 23 2022, convocouse a vixésima edición dos Premios COAG de Arquitectura (2020-2022), a conceder a obras de arquitectura nas categorías que se indican, realizadas no ámbito territorial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Na Circular 25 2022 se anuncia a apertura da plataforma de presentación de candidaturas, remantando o prazo ás 23:59 horas do luns 9 de xaneiro do 2023.
Enlace á noticia |
Falecemento de Mariano de Labra Morán
Publicación: 20 de decembro |
|
 |
Lamentamos comunicar o falecemento do noso benquerido compañeiro Mariano de Labra Morán, decano en funcións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en 2005.
Enlace á noticia |
Peche de oficinas colexiais os días 23 e 30 de decembro
Publicación: 21 de decembro |
|
 |
Infórmase que, como en anos anteriores, todas as oficinas colexiais permanecerán pechadas os días 23 e 30 de decembro debido ás vacacións do persoal. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.
Enlace á noticia |
Club de Lectura Hai Mulleres – Teresa Táboas Veleiro «Les Amazones»
Publicación: 14 de decembro |
|
 |
Hoxe mércores 21 de decembro, ás 19,30 horas, terá lugar no convento de Santa Clara en Pontevedra, unha nova sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que falaremos coa arquitecta Teresa Táboas Veleiro sobre a súa obra “Les Amazones”. Esta sesión será emitida en streaming pola plataforma Zoom.
Enlace á noticia |
Aplicación informática. Simulador de axudas IGVSNextCal. IGVS
Publicación: 20 de decembro |
|
 |
O simulador de cálculo IGVSNextCal é unha aplicación informática que axudará a impulsar a rehabilitación enerxética e conseguir vivendas máis eficientes, máis confortables termicamente e máis respectuosas co medio ambiente. Como resultado proporciona unha estimación das actuacións de rehabilitación necesarias para conseguir as distintas axudas Next Generatión xestionadas polo IGVS, o importe destas actuacións, o importe das axudas, o investimento estimado e o custo de enerxía aforrada coas obras.
Enlace á noticia |
Programa de axuda ao alugueiro de vivenda
Publicación: 5 de decembro |
|
 |
RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e procédese á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023 (códigos de procedemento VI483A e VI483B).
Enlace á noticia |
Conferencia-coloquio Castelo de San Felipe [obras realizadas]
Publicación: 14 de decembro |
|
 |
Como é tradicional nestas datas, o vindeiro xoves día 22 de decembro, ás 19.00 horas, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza a súa conferencia e coloquio de Nadal 2022.
Enlace á noticia.
|
Concursos
Concurso bajo lema, en dos fases, con intervención de jurado, para la redacción de proyecto y dirección de obra para la reforma integral de la sede del Consejo Superior de los Colegios Oficiales de Arquitectos de España (CSCAE)
Publicación: 21 de diciembre |
|
|
El concurso tiene ámbito nacional y los participantes podrán presentarse a título individual o en equipo siendo, en todo caso, el representante del mismo un Arquitecto/a colegiado/a en un Colegio Oficial de Arquitectos de España, estableciéndose en las bases una serie de incompatibilidades.
Enlace a la noticia |
IMPORTANTE REQUIRIMENTO DE INFORMACIÓN Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense
Publicación: 21 de decembro |
|
|
Publicado no Portal de Contratación de Galicia con data 21 de decembro o requirimento de subsanación, NO PRAZO DE TRES DÍAS HÁBILES, da candidatura correspondente ao lema FLEXI100.
Enlace á noticia |
Acto de apertura do sobre 1 do Concurso de proxectos para a construción dun centro termal, e a posta en valor e aproveitamento das augas minero-mediciais-termais no Concello de Bande (Ourense)
Publicación: 20 de decembro |
|
 |
Comunican do Concello de Bande que, segundo se establece no “punto 9. Fallo do concurso”, das bases administrativas e técnicas que rexen a convocatoria do concurso de proxectos, faise público que a data fixada para a apertura do sobre 1, para coñecer a identidade dos autores das propostas premiadas, celebrarase en acto público no salón de actos da casa do Concello de Bande, sita na rúa San Roque, nº2 (Bande) o día 22 de decembro de 2022 ás 9:30h.
Enlace á noticia |
AMPLIACIÓN DE PRAZO – Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación do edificio de xulgados situado na rúa Lalín de Vigo
Publicación: 14 de decembro |
|
|
En atención á solicitude realizada polo COAG, procedeuse á ampliación, en 10 días naturais, do prazo de presentación de propostas ao Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación do edificio de xulgados situado na rúa Lalín de Vigo.
Enlace á noticia |
Emprego
Ofertas de emprego público
Oferta de emprego
Publicación: 19 de decembro |
|
 |
Empresa de inxeniería con implantación no sur de ALEMANIA selecciona arquitecto/a para asesoramento e coordinación en área de riesgos laborais en obras como CSS.
Enlace á noticia |
Normativa
Aportaciones en el trámite de audiencia pública del Anteproyecto Ley Modificación R.D. 7/2015 que aprueba texto refundido de la Ley del Suelo y Rehabilitación Urbana
Publicación: 21 de diciembre |
|
 |
Se informa que la Dirección General de Agenda Urbana y Arquitectura de la Secretaría General de Agenda Urbana y Vivienda del MITMA, ha iniciado en los términos previstos en el artículo 26.6 de la Ley 50/1997, de 27 de noviembre, el trámite de Audiencia e Información Pública del ANTEPROYECTO DE LEY POR EL QUE SE MODIFICA EL REAL DECRETO LEGISLATIVO 7/2015, DE 30 DE OCTUBRE, POR EL QUE SE APRUEBA EL TEXTO REFUNDIDO DE LA LEY DE SUELO Y REHABILITACIÓN URBANA.
Enlace a la noticia |
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de decembro de 2022
Publicación: 16 de decembro |
|
 |
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de decembro de 2022. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia |
|
|
|
|
|