Colexio |Convocatorias|Emprego
Colexio
Ribeira vai simplificar os trámites urbanísticos
| Publicación:14 de abril |
|
 |
Máis simplicidade burocrática, menos custes e menos papel é o que vai supoñer o convenio para acadar a interoperatibilidade entre o procedemento de tramitación de traballos profesionais do COAG e o de tramitación de licenzas e outras autorizacións urbanísticas do Concello de Ribeira. Enlace á noticia |
Vacinación COVID-19 arquitectos mutualistas sen alta na sanidade pública
| Publicación: 13 de abril |
|
 |
Aqueles arquitectos que, sendo mutualistas de HNA, non tramiten a solicitude correspondente para o recoñecemento da asistencia sanitaria pública, non poderán ser convocados á vacinación fronte á covid-19.
Recórdase que, conforme ao previsto no art.3 da Lei 16/2003, de 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, “son titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria todas as persoas con nacionalidade española e as persoas estranxeiras que teñan establecida a súa residencia no territorio español”.
Enlace á noticia |
O Informe de Avaliación de Edificios (IAE)
| Publicación: 12 de abril |
|
 |
A entrada en vigor da Lei 1/2019 de Rehabilitación e de Rexeneración e Renovación urbana de Galicia estableceu un novo marco regulador para os Informes de Avaliación dos Edificios no ámbito da Comunidade Autónoma. Non obstante, remite a desenvolvemento regulamentario o contido detallado, a estrutura, o alcance e os efectos derivados dos informes de avaliación dos edificios.
Enlace á noticia |
Actuacións en defensa da profesión
Premios de Arquitectura Cubiertas Verea 2021
| Publicación: 12 de abril |
|
 |
Os Premios Internacionais de Arquitectura Cubertas Verea é un certamen organizado por Tejas Verea en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Está dirigido a profesionais da arquitectura para distinguir obras ou solucións destacadas en cubertas realizadas con tellas cerámicas Verea.
Enlace á noticia |
Convocatorias
IGAPE responde | Encontros dixitais do mes de abril
| Publicación: 14 de abril |
|
 |
Desde o Instituto Galego de Promoción Económica nos informan sobre as próximas citas virtuais formativas para autónomos, pemes e comerciantes.
Enlace á noticia |
Jornada online: VMZINC como material de construcción
| Publicación: 13 de abril |
|
 |
Miércoles, 21 de abril. De 12:00 a 12:45 horas
Fabricantes de zinc laminado para cubiertas, fachadas y evacuación de aguas pluviales bajo la marca de VMZINC®.
Enlace a la noticia |
Guía de axudas para Rehabilitación Enerxética de edificios existentes
| Publicación: 10 de abril |
|
 |
Dispoñible esta guía con información sobre o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, para a anualidade 2021, con carácter plurianual.
Enlace á noticia |
Curso Básico Online de Interpretación do Patrimonio – 24º edición
| Publicación: 9 de abril |
|
 |
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), acaba de abrir a inscrición para a súa 24ª edición deste Curso, dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse nesta disciplina: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, profesionais da educación ambiental, educadores e educadoras en xeral (formal e non formal), etc.
Enlace á noticia |
Emprego
Oferta de formación laboral por beca
| Publicación: 12 de abril |
|
 |
Estudio de arquitectura en VIGO selección arquitecto/a para formación por beca FUAC/FEUGA.
Enlace a la noticia |
Concello das Pontes de García Rodríguez | unha praza de arquitecto/a
| Publicación: 9 de abril |
|
 |
No BOP de A Coruña de 9 de abril publícase o Anuncio de convocatoria e bases de selección para a cobertura dunha praza de funcionario/a de carreira: arquitecto/a (OEP 020), do Concello de As Pontes de García Rodríguez. Enlace a la noticia |
|
|