Concurso reforma interior e reorganización da ocupación do Complexo Administrativo de San Caetano

Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a reforma interior e reorganización da ocupación do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela)

[idioma]   Castellano | Galego


 

IMPORTANTE: NOVA DOCUMENTACIÓN (6 de agosto)

Están dispoñibles as actas da segunda reunión do xurado e da 2ª reunión da Comisión Administrativa (no pé desta páxina).

Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
d) Número do expediente: 2019-SESE 07 MPLOB.

Obxecto do Concurso

O obxecto deste concurso é seleccionar a mellor idea, a xuízo do Xurado, e desenvolta a nivel de anteproxecto, que sirva de base ao correspondente proxecto técnico, básico e de execución, incluído o estudo de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións das obras de reforma interior e reorganización da ocupación do Complexo Administrativo de San Caetano.

Para a redacción do dito anteproxecto haberá de terse en consideración a normativa urbanística e medioambiental aplicable e as determinacións dispostas nos plans urbanísticos do concello do Santiago de Compostela, das que se deberá dar cumprimento.

As obras a executar en desenvolvemento do anteproxecto gañador deste concurso de ideas terán un orzamento máximo de 29 millóns de euros. Este importe inclúe os gastos xerais, o beneficio industrial e o IVE (21%).

Destinatarios do concurso

Tendo en conta que o concurso está dirixido á selección de ideas ou solucións que posteriormente se pretenden materializar nun proxecto construtivo cuxa redacción require estar en posesión dunha titulación específica (arquitecto superior), poderán concorrer ao concurso:

  • As persoas físicas ou equipos multidisciplinares, españois ou non, que se atopen facultados legalmente para exercer a profesión en territorio español, sempre que polo menos un dos integrantes do equipo sexa un titulado con habilitación para este tipo de obras segundo o establecido na Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación e demais normativa de aplicación.
    No caso dos equipos deberá designarse un director, que será titulado con habilitación para este tipo de obras, e que actuará para todos os efectos como representante do mesmo ante a organización do concurso.
  • As persoas xurídicas cuxos fins sociais correspóndanse co obxecto do concurso, a condición de que o director do equipo ou encargado de dirixir os traballos sexa un titulado habilitado segundo a lexislación vixente.
  • Admítese tamén a participación de agrupacións de profesionais ou de empresas de arquitectura que adopten a forma de UTE (Unión Temporal de empresas ou profesionais) segundo resulta do artigo 69 da LCSP. Neste caso deberán achegar un compromiso de unión que manterán durante a vixencia do concurso, con designación da persoa que asumirá a representación fronte á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Pública e Xustiza. Deberán indicar tamén os nomes e circunstancias dos empresarios que a subscriban, a participación de cada un deles e que asumen o compromiso de constituírse formalmente en UTE, en caso de resultar adxudicatarios (artigo 69 da LCSP e 24 do RGLCAP). Presentarán tamén a designación dun representante ou apoderado único da unión con poder suficiente para exercer os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato deriven ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar as empresas para cobros e pagos de contía significativa.

Cada participante só poderá formar parte dun único equipo, ben sexa como titular ou como colaborador e só poderá presentar unha proposta. O incumprimento deste punto dará lugar á descualificación de todas as propostas que presente.

Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.
Definitiva: non se exixe.

Forma de presentación

Os traballos presentaranse baixo LEMA (cinco letras e tres díxitos), que deberá figurar en todolos documentos de maneira que estos se manteñan anónimos ata que se produza a adxudicación dos premios.

Premios

Gañador do concurso e Primeiro premio 70.000 €
Segundo premio 40.000 €
Terceiro premio 30.000 €
Primeiro accésit 15.000 €
Segundo accésit 11.000 €
Terceiro accésit 11.000 €

O importe destes premios inclúe o 21% de IVE.

Outórgase ao gañador o dereito de optar á adxudicación, polo procedemento negociado previsto no artigo 168d d) da LCSP e como único invitado, dun contrato consistente na redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudo de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións). Así mesmo, no momento en que a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza decida iniciar a execución de cada unha das fases en que se divida a obra, o gañador poderá optar á adxudicación, polo procedemento negociado previsto no artigo 168 d) da LCSP e como único invitado, dun contrato consistente na dirección das obras respectivas ás ditas fases. O importe do premio en metálico percibido polo gañador do concurso terá a condición de aboamento a conta dos honorarios de redacción do devandito proxecto, sempre que lle sexa adxudicada a súa redacción polo citado procedemento.

O importe máximo previsto para o contrato de redacción do proxecto que se derive do presente concurso e maila a dirección de obra, en concepto de honorarios, será de 860.000 euros, IVE incluído, dos que 536.182,14 € corresponden á redacción do proxecto e 323.817,86 € á direción das obras.

Xurado

Presidenta:

  • A secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Secretaria:

  • Actuará como secretaria, con voz e sen voto, a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Vogais:

  • A persoa titular da Xefatura de Servizo de obras e proxectos (Arquitecto) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  • Un arquitecto proposto pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
  • Un arquitecto proposto polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.
  • Un arquitecto elixido a proposta dos concursantes.
  • Dous arquitectos en representación do COAG.
  • Un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Un representante da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Prazo

O prazo de entrega de propostas remata o xoves 30 de maio de 2019 ás 14:00 h.

Presentación

As propostas entregaranse necesariamente na oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, situado no Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, dentro do prazo dun mes e medio e virán dirixidos a:

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Secretaría Xeral Técnica
Complexo Administrativo San Caetano, bloque 1 – 1º piso
15781 – Santiago de Compostela

Visitas

Poderá solicitarse a realización de visitas (punto 12 dos Pregos) ata o día 23 de abril ás 15:00, remitindo un correo electrónico ao enderezo secretaria.cpapx@xunta.gal, indicando no asunto “1ª Visita concurso ideas – San Caetano”. O día e hora da visita será comunicado aos solicitantes cunha antelación mínima de 24 horas (previsiblemente, a visita realizarase o venres 26 de abril ás 09:00, data supeditada ao número de solicitantes).

Prevese unha segunda visita ao Complexo na semana do 13 ao 16 de maio, para aqueles que o soliciten ata o día 10 de maio ás 15:00, remitindo un correo electrónico ao enderezo secretaria.cpapx@xunta.gal, indicando no asunto “2ª Visita concurso ideas – San Caetano”.

Documentación

(Esta documentación poderá completarse ó longo do tempo)

Nova documentación subida o 28 de maio- respostas a consultas:

1.21. Data do 10.05.2019

1.22. Data do 13.05.2019

 

Nova documentación subida o 24 de maio- respostas a consultas:

1.26. Data do 23.05.2019

1.25. Data do 22.05.2019

 

 

 

Pregos e Memorias

Prego en galego | en castellano

Memoria de inicio
Memoria aprobación
Informe insuficiencia medios

Anexo I

Documentación Catastral

Anexo II

Plano de distribución de edificios Urbanización

Anexo III

0001-01-CENTRAL

0001-01-P1.pdf
0001-01-P2.pdf
0001-01-P3.pdf
0001-01-PB.pdf
0001-01-PS.pdf

0001-02-LATERAL IZQUIERDO

0001-02-P1.pdf
0001-02-P2.pdf
0001-02-P3.pdf
0001-02-PB.pdf
0001-02-PS.pdf

0001-03-LATERIAL DERECHO

0001-03-P1
0001-03-P2
0001-03-P3
0001-03-PB
0001-03-PS

0001-04-POSTERIOR DERECHO

0001-04-P1
0001-04-PB
0001-04-PS

0001-05-POSTERIOR IZQUIERDO

0001-05-P1
0001-05-P2
0001-05-P3
0001-05-P4
0001-05-PB
0001-05-PS

0001-06-REXISTRO XERAL

0001-06-PB

0001-07-PALACETE

0001-07-P1
0001-07-PB
0001-07-PS

0001-08-PIRAMIDE

0001-08-PB
0001-08-PS

0001-09-CORREOS PAQUETERIA

0001-09-PB

0001-012-ACCESO FRONTAL

0001-012-PB

0001-013-ACCESO POSTERIOR

0001-013-PB

Planos formato DWG (actualizado 16/04/2019)

Planos_DWG

Anexo IV

Anexo_IV

Anexo V

Anexo_V

Anuncios DO:
– DOG  en galego | en castelán
– BOE
– DOUE

www.contratosdegalicia.es

Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico- Administrativa.
2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfonos:

Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa: 981 54 42 59
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: 981 55 24 00.

5º. Telefax: 981 54 42 39.
6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es
secretaria.cpapx@xunta.gal

Consultas

Calquera consulta que se necesite efectuar por parte dos concursantes tras a recepción da devandita documentación, e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, poderá ser remitida á seguinte dirección de correo electrónico: secretaria.cpapx@xunta.es.

Consultas realizadas ata o 15 de abril.

Consultas realizadas ata o 16 de abril.

Consultas realizadas ata o 17 de abril.


Actas

Pagina de Contratos/Mesas de contratación