Actuaciones del Colegio

10-08-2022
O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo (Pontevedra) incluído dentro do «Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONUE» (Nº Expte 45/2022) referencia do expte CPS-2022-0014.
22-06-2022
O Concello de Cangas comunica a Resolución desestimatoria do recurso de resposición presentado polo COAG en impugnación das condicións do Contrato de menor (cm22/71) do Concello de Cangas para a contratación do servizo de redacción do proxecto de obra «Rehabilitación das Vivendas Sociais de Nazaret», en defensa das competencias profesionais
18-05-2022
O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación das condicións do contrato de menor (cm22/71) do Concello de Cangas para a contratación do servizo de redacción do proxecto de obra «Rehabilitación das Vivendas Sociais de Nazaret», en defensa das competencias profesionais
04-04-2022
O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da resolución da alcaldía do Concello de Moaña pola que se aprobaron as bases específicas reguladoras do procedemento selectivo para a provisión definitiva de prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do ano 2018 do Concello de Moaña no que respecta á praza de arquitecto/a (1 praza)
01-04-2022
O Xdo. Contencioso-Administrativo, 1 de Lugo declara a firmeza da sentenza acaída no Procedemento Ordinario 46/2020 tramitado ante o Xdo. Contencioso-Administrativo, 1 de Lugo en relación co recurso interposto polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños contra a Licitación e Pregos das Cláusulas Administrativas Particulares e Prescricións Técnicas da Contratación do Servizo de Asesoramento técnica Urbanístico; Acordo, de 12/12/2019, da Xunta de Goberno Local do Concello do Saviñao, no que o COAG compareceu como parte e actuou como codemandado xunto co concello do Saviñao en defensa das competencias da profesión
17-03-2022
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia notifica a desestimación dos recursos especiais en materia de contratación interpostos polo COAG contra as seguintes licitacións