O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da resolución da alcaldía do Concello de Moaña pola que se aprobaron as bases específicas reguladoras do procedemento selectivo para a provisión definitiva de prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do ano 2018 do Concello de Moaña no que respecta á praza de arquitecto/a (1 praza)

4 abril 2022

Máis información.

Os principais motivos de impugnación foron:

I.- A BAREMACIÓN DO PROCESO SELECTIVO (CONCURSO-OPOSICIÓN): ABSOLUTA INDETERMINACIÓN E CONFUSIÓN DOS TERMOS DA CONVOCATORIA; TOTAL INSEGURIDADE XURÍDICA. A suma das puntuacións máximas dos méritos que se valoran na fase de concurso supera o total de puntuación asignable á fase de concurso. Na fase de oposición a suma das puntuacións que se poden acadar en cada proba da un total de 120/150 PUNTOS, segundo se computen 30/60 no segundo exercicio, superando, en todo caso, os 80 puntos que como máximo corresponden a esta fase de oposición. = concursante/opositor non sabe en realidade e coa debida certeza xurídica cal é a puntuación e o baremo que se lle asigna en cada fase do proceso selectivo, e incluso nas probas do mesmo. Como apuntabamos anteriormente isto xera unha total inseguridade xurídica e unha total indefensión en caso de estar en desacordo coa eventual puntuación que o aspirante obteña no proceso.

II.- A valoración do mérito consistente na “experiencia profesional”: Os termos en que se valora a experiencia entendemos que resultan discriminatorios e contrarios aos principios de igualdade, mérito e capacidade. A diferencia de puntuación baséase principalmente no tipo de vinculo xurídico que o candidato tivo coa Administración Pública na que prestou servizos (funcionarial ou por contrato administrativo puntúa máis que con contrato administrativo) e non está baseada nas concretas funcións desenvolvidas en relación coas que hai que desenvolver no posto de traballo obxecto do proceso selectivo. Adicionalmente ao indicado anteriormente sobre a improcedencia de valorar con menos puntuación a experiencia así adquirida mediante contrato administrativo de servizos, simplemente polo tipo de vínculo xurídico (máxime cando se esixe que o contrato administrativo inclúa presencialidade),entendemos que tamén os termos en que está formulada a valoración deste mérito infrinxen o principio de igualdade na medida en que para que os servizos prestados á Administración Local mediante contrato administrativo de asistencia técnica en materia urbanística poidan ser valorados, requírese que o contrato administrativo tivera unha duración mínima de 6 meses, cando tal limitación temporal non se establece para o caso de ter prestado servizos en calquera Administración Pública (incluída a Local) en condición, por exemplo, de funcionario interino.

III.- Méritos académicos: os méritos académicos deben ser acomodados aos niveis académicos universitarios vixentes na actualidade conforme ao “Real Decreto 1027/2011, de 15 de julio, por el que se establece el Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior-MECES”, sen prexuízo de recoller os que sexan equivalentes; así mesmo, debe eliminarse a mención á titulación universitaria oficial de Arquitectura xa que é a titulación esixida para participar no proceso selectivo.

IV.- Entendemos que a previsión da posibiligade de lectura dos exercicios escritos 2 e 3 por parte do opositor ante o Tribunal si así o decide o Tribunal pode infrinxir o artigo 4 do Real Decreto 896/1996 que establece que «Las (pruebas) de la fase de oposición tendrán carácter eliminatorio y en la realización de los ejercicios escritos deberá garantizarse, siempre que sea posible, el anonimato de los aspirantes.” Esta cautela, que está establecida normativamente, constitúe unha garantía da imparcialidade do tribunal de selección. Tratándose os exercicios 2o e 3o, de exercicios escritos (que non de probas orais de coñecemento), o anonimato é perfectamente garantible xa que poden realizarse as probas escritas sen identificación do aspirante e mesmo poden ser corrixidas polo tribunal sen necesidade da súa lectura posterior polo aspirante podendo cumprir, sen problema algún, a previsión contida no artigo 4 do Real Decreto 896/1991. Por moito que se realizasen as probas escritas de xeito anónimo se posteriormente os aspirantes teñen que lelas ante o tribunal, ese anonimato quebraríase e con iso a garantía de imparcialidade do tribunal, que o anonimato aporta. Sendo posible, no presente caso, garantir o anonimato, a previsión da posible lectura posterior dos exercicios polo propio aspirante ante o tribunal entendemos que supón unha infracción do artigo 4 do Real Decreto 896/1991.

IV. TEMARIO: INFRACCIÓN DO ARTIGO 8 DO REAL DECRETO 896/1991 “POR EL QUE SE ESTABLECEN LAS REGLAS BÁSICAS Y LOS PROGRAMAS MÍNIMOS A QUE DEBE AJUSTARSE EL PROCEDIMIENTO DE SELECCIÓN DE LOS FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL. Tratándose o proceso selectivo dunha praza da Escala de Administración Especial (como se indica na base primeira das bases), Subescala Técnica, catro quintas partes do programa deben ser temas específicos que inclúan as materias que versan sobre as funcións e tarefas atribuídas ao posto sobre o que versa o proceso selectivo. Así o esixe o artigo 8 do Real Decreto 896/1991 “por el que se establecen las reglas básicos y los programas mínimos a que debe ajustarse el procedimiento de selección de los funcionarios de la Administración Local”. As bases para a praza de Arquitecto incumpren esta proporción xa que inclúen 37 temas da parte xeral e 53 temas da parte específica, cando deberían prever 72 temas de materia específica.

Compartir