Categoría
Atención presencial na delegación de Ourense do 16 de xullo ao 3 de agosto
Infórmase que, por mor das vacacións do persoal, do 16 de xullo ao 3 de agosto, non haberá atención por arquitecto de visado de modo presencial na delegación. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.
Recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.
O pasado 9 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse un recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.
O Colexio entende que a non división en lotes do obxecto do contrato non está debidamente xustificada polo concello, entendendo, polo tanto, que se infrinxe o art. 99 da Lei 9/2017 e consecuentemente os artigos reguladores da solvencia (art. 87.1 a) así como o prinpio de liberdade de acceso ás licitacións públicas (art. 1 Lei 9/2017).
ENLACE AO TEXTO DO RECURSO
Reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado «técnico de urbanismo».
O pasado 6 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse unha reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado «técnico de urbanismo», en exercicio da súa función de defensa dos intereses xenerais da profesión
O Colexio estima que os Arquitectos son os técnicos que poden realizar a totalidade das funcións asignadas ao posto sen limitación. Desde este punto de vista, tratándose dunha praza cualificada como de Administración Especial Subescala Técnica, a configuración do posto, no relativo ás funcións asignadas en relación coas titulacións que a RPT contempla como de acceso ao posto, vulnera os artigos 170.1 e 171 Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril (Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local), infrinxe a normativa reguladoras das competencias profesionais, así como os principios de mérito e capacidade do artigo 103.3 da Constitución Española no acceso á función pública, e artigos 55.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e os 24.1 e 49 b) da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia.
ENLACE AO TEXTO DA RECLAMACIÓN
Oferta de emprego [OFERTA PECHADA]
Estudo de arquitectura en A Coruña, selecciona arquitecto recentemente licenciado ou estudante de último curso ou PFC para traballar como arquitecto en formación. read more…
Oferta de emprego [OFERTA PECHADA]
Oferta de emprego [OFERTA PECHADA]
Entidade Nacional de Acreditación – ENAC – selecciona técnico experto en control urbanístico de actividades. Accesibilidad. Como colaborador externo. read more…
Certificación enerxética. Novas aplicacións recoñecidas.
Xullo 2018: xa están dispoñibles na web do Ministerio as novas aplicacións recoñecidas para certificación enerxética. Dúas son xerais, equivalestes á HULC, e outra é un complemento do CE3X para certos edificios novos. O cadro de aplicacións dispoñibles queda como segue:
Sinatura dun convenio para a prevención do acoso sexual nos lugares de traballo
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral de Igualdade), en colaboración coa Union Profesional de Galicia (da que forma parte o COAG) e Agaxen (Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de xénero e da prevención do acoso e da violencia de xénero nas organizacións) asinou un convenio de colaboración asinado para a prevención do acoso sexual no entorno laboral.
Novidades no tratamento dos Libros de ordes e asistencias e dos Libros de incidencias nos trámites de rexistro das documentacións de seguimento de obra
O COAG está a poñer en marcha a expedición de copias auténticas electrónicas consonte a Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común. A implantación deste servizo implica a entrada en vigor da Guía de tramitación de traballos profesionais no que respecta ó rexistro dos libros de ordes e asistencias e mailos libros de incidencias como documentacións do seguimento das obras e que se recolle no seu apartado Tramitacións especiais.
Concello de Tui: proceso selectivo para a formación de lista de reserva para a praza de arquitecto [OFERTA PECHADA]
No BOP de Pontevedra de 6 de xullo, aparece o anuncio de procesos de selección para a formación de listaxes de reserva para a provisión interina en varias prazas para o Concello de Tui, entre as que se inclúe unha para a provisión interina da praza de arquitecto da escala de administración especial, encadrada no grupo A-1
Atención presencial na delegación de Ourense do 16 de xullo ao 3 de agosto
Infórmase que, por mor das vacacións do persoal, do 16 de xullo ao 3 de agosto, non haberá atención por arquitecto de visado de modo presencial na delegación. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.
Recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.
O pasado 9 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse un recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de...
Reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado «técnico de urbanismo».
O pasado 6 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse unha reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado "técnico de...
Oferta de emprego [OFERTA PECHADA]
Estudo de arquitectura en A Coruña, selecciona arquitecto recentemente licenciado ou estudante de último curso ou PFC para traballar como arquitecto en formación. Requírese: ser menor de 30 anos e valorarase ter coñecementos de 3D e renderizado, bon dominio de...
Oferta de emprego [OFERTA PECHADA]
Estudo de arquitectura en Pontevedra selecciona arquitecto sen experiencia As funcións a desenvolver serían as propias dun estudo de arquitectura e o contrato e horario sería a convir. Os interesados poden contactar por medio do correo electrónico: adiusl@coag.es ou a...
Oferta de emprego [OFERTA PECHADA]
Entidade Nacional de Acreditación - ENAC - selecciona técnico experto en control urbanístico de actividades. Accesibilidad. Como colaborador externo. Os candidatos deben ser titulados superiores cunha experiencia laboral de polo menos cinco anos en temas...
Certificación enerxética. Novas aplicacións recoñecidas.
Xullo 2018: xa están dispoñibles na web do Ministerio as novas aplicacións recoñecidas para certificación enerxética. Dúas son xerais, equivalestes á HULC, e outra é un complemento do CE3X para certos edificios novos. O cadro de aplicacións dispoñibles queda como...
Sinatura dun convenio para a prevención do acoso sexual nos lugares de traballo
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral de Igualdade), en colaboración coa Union Profesional de Galicia (da que forma parte o COAG) e Agaxen (Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de xénero e da...
Novidades no tratamento dos Libros de ordes e asistencias e dos Libros de incidencias nos trámites de rexistro das documentacións de seguimento de obra
O COAG está a poñer en marcha a expedición de copias auténticas electrónicas consonte a Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común. A implantación deste servizo implica a entrada en vigor da Guía de tramitación de traballos profesionais no que respecta ó...
Concello de Tui: proceso selectivo para a formación de lista de reserva para a praza de arquitecto [OFERTA PECHADA]
No BOP de Pontevedra de 6 de xullo, aparece o anuncio de procesos de selección para a formación de listaxes de reserva para a provisión interina en varias prazas para o Concello de Tui, entre as que se inclúe unha para a provisión interina da praza de arquitecto da...