 | Dende o COAG queremos expresar as nosas condolencias ás familias e amizades das víctimas do accidente de tren ocorrido en Adamuz o pasado domingo.
Desexamos una pronta recuperación das persoas feridas e moito ánimo aos seus achegados. |
 |
|
|
|
|
Aberta matrícula Escola de Opositores COAG |
|
|
| Está aberta a matrícula da primeira edición da Escola de Opositores do COAG. O proxecto da Escola de Opositores COAG nace cun dobre propósito que cobra especial importancia no contexto actual: Apoiar aos colexiadas que queren incorporarse á función pública, tanto na Administración local como na autonómica. Apoiar ás Administracións para que poidan finalizar con éxito os procesos de contratación de persoal, contando con profesionais coa formación e perfil óptimos para as funcións que van desempeñar. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cea e acto de entrega do Recoñecemento “Arquitectura para un Mundo Mellor” |
|
|
| O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), coa colaboración da Delegación de Santiago, organizan unha cea con motivo da entrega do Premio “Arquitectura para un Mundo Mellor”, que terá lugar o sábado 31 de xaneiro de 2026 no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela. O acto e a cea son abertos a calquera persoa interesada, e a inscripción pode facerse ate o 23 de xaneiro. Nesta edición os homenaxeados son o Dr. Manuel Guaita, enxeñeiro agrónomo e catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, e o Dr. Manuel Touza, enxeñeiro de Montes. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Interposición de recurso contencioso contra a licitación para a construción da sede central de SEAGA |
|
|
| A Xunta de Goberno do COAG na súa sesión, 1/2026, de 15 de xaneiro, dentro das súas actuacións de defensa das competencias profesionais, acordou presentar recurso, en vía contencioso- administrativa, en impugnación dos pregos reguladores das condicións da licitación da empresa pública de SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A (SEAGA) para a contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para a construción da súa sede central. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Exposición pública Aprobación Inicial do Proxecto de Urbanización do PERI-2-R Sánchez Aguilera. Convocatoria de reunión de traballo e envío de suxestións e achegas |
|
|
| En relación ao trámite de exposición pública do documento de aprobación inicial do Proxecto de urbanización do PERI-2-R Sánchez Aguilera do Concello de Ferrol, cuxo prazo para a presentación de alegacións finaliza o día 8 de FEBREIRO de 2026, convócase unha reunión de traballo sobre este asunto, que terá lugar nas oficinas da Delegación o vindeiro xoves día 22 de XANEIRO ás 19:30 horas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberta a matrícula para o Obradoiro sobre IA: Apoio da IA para xestión de normativa e redacción de memorias. LLMs |
|
|
| Atópase aberto o prazo para a matrícula no taller sobre Intelixencia Artificial: Apoio da IA para a xestión de normativa, redacción de memorias e outros casos de utilidade ao longo do proxecto. LLMs. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso práctico de deseño e cálculo de instalacións eléctricas |
|
|
| Durante este curso realizaremos unha aproximación práctica aos fundamentos das instalacións eléctricas, a través dunha visión global destas instalacións e as repercusións que estas teñen sobre o deseño arquitectónico. Desde os centros de transformación ás instalacións interiores, o programa do curso desenvolve procedementos de deseño, dimensionado e cálculo dos diferentes tramos de que consta a instalación eléctrica nos edificios e o contorno urbano próximo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: a crise da vivenda |
|
|
| O mércores 28 de xaneiro de 12:00 a 14:00 horas, Eduardo Alonso Lois falaranos sobre a crise da vivenda, que pode acabar rompendo social e economicamente o país; de aí a importancia de analizar as súas causas estruturais e como todos, nalgunha medida, contribuímos a inflar o seu prezo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Texto consolidado da Lei do Solo de Galicia |
|
|
| Está dispoñible na zona de normativa da web colexial, o Arquivo cedido pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia para a súa difusión. Contén o texto consolidado da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e inclúe diferenciadas por cor as modificacións que experimentou a norma desde a súa entrada en vigor, incluíndo a última recollida na Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Instituto Galego da Vivenda e Solo. Programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural |
|
|
| No DOG de 13 de xaneiro de 2026, publícase a RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural e se procede a súa convocatoria para o ano 2026, con carácter plurianual, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento VI435E). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Informe Técnico ley 5/2025 de 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia |
|
|
| No DO de Galicia de 31 de decembro de 2025, publicouse a Lei 5/2025, de 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia. Na Area de Normativa está incorporado o informe técnico sobre as novidades desta lei, nos seus aspectos técnicos e urbanísticos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións privadas |
|
|
| RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT402A). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Informe sobre as axudas á vivenda |
|
|
| Actualizado 16 | 01 | 26 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concurso de proxectos para adxudicar os contratos de servizos para a construción de vivendas VPP en Santiago de Compostela e A Coruña |
|
|
| A Xunta de Galicia, a través do IGVS pretende construír edificios destinados a vivendas e aloxamentos de promoción pública en terreos situados no barrio de Salgueiriños, en Santiago de Compostela, e na zona contigua ao Campus de Elviña, na cidade da Coruña. A actuación completaríase coa construción en cada un dos ámbitos dunha residencia xuvenil a promover pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Ambas actuacións requiren, en maior ou menor medida a tramitación do documento urbanístico que contemple a ordenación do ámbito adaptada ao desenvolvemento das edificacións que se pretenden construír. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria Académico Numerario Profesional en la Sección de Arquitectura |
|
|
| En el BOE de 17 de enero, se publica la Resolución de 24 de noviembre de 2025, de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, por la que se convoca la provisión de vacante de Académico Numerario Profesional en la Sección de Arquitectura. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada “10 anos da Lei do Solo de Galicia” |
|
|
| A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas comprácese en convidalo á Xornada “10 anos da Lei do solo de Galicia: unha lei para 313 Galicias” , que se celebrará o 10 de febreiro no Edificio Cinc do Complexo Gaiás, en Santiago de Compostela . Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cuestionario para PEMES do Consello de Contas de Galicia |
|
|
| O Consello de Contas de Galicia está a desenvolver unha fiscalización das medidas adoptadas na Comunidade Autónoma Galega para favorecer o acceso das PEMES á contratación pública e para superar os posibles obstáculos existentes. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|