 |
|
|
|
|
Jornada “Galicia. Arquitectura de proximidad” |
|
|
| El próximo martes 7 de octubre, a las 19:00 h. tendrá lugar en la Casa de Galicia en Madrid (Cl. Casado del Alisal, 8) esta jornada, patrocinada por la Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), que ofrece una reflexión sobre el empleo de los materiales tradicionales y la innovación industrializada que está teniendo lugar en Galicia. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación do número 35 da revista Obradoiro |
|
|
| O vindeiro 10 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Arquitectura, terá lugar na Fundación Laboral de la Construcción a presentación do número 35 da revista Obradoiro “Paisaxes”, editada por Manuel Bouzas, María Fandiño, Roi Salgueiro e Teresa Sánchez. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación a profesionais no COAG do Concurso Conector Central de Santiago de Compostela. Hoxe ás 19:30 h. |
|
|
| Hoxe mércores 1 de outubro terá lugar unha presentación a profesionais por parte de Concelleiros da área e técnicos implicados na xestión do Concurso de ideas para a transformación do conector central de Santiago de Compostela. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada “El fuego a las puertas. Urbanismo preventivo en incendios de 4ª generación”. Novo ponente |
|
|
| Xornada “El fuego a las puertas. Urbanismo preventivo en incendios de 4ª generación”. Novo ponenteO vindeiro xoves 2 de outubro, ás 17,30 horas, con motivo do Día Mundial de la Arquitectura, terá lugar na Delegación do COAG en Ourense esta xornada na que abordaremos o tema do Urbanismo preventivo nos incendios de 4ª xeneración. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Visita guiada “Casa das Máquinas” |
|
|
| Por mor da celebración da semana mundial da arquitectura, a Delegación de Santiago do COAG organiza unha visita guiada a certas obras de interese dentro do ámbito da Delegación. Luns 6 de outubro. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso “Proxectar con sistemas prefabricados en madeira: entramado lixeiro e CLT |
|
|
| Búscase que con este curso o alumno aprenda a desenvolver proxectos de arquitectura con entramado lixeiro de madeira e CLT. Coñecerá a lóxica estrutural de ambos os sistemas construtivos para poder desenvolver proxectos de edificacións optimizadas onde arquitectura e estrutura vaian da man. Descubrirá as técnicas, detalles e materiais adecuados para proxectar edificios eficientes, duradeiros e sostibles. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de Aplicación práctica do DBSI e RSCIEI (adaptado ás modificacións de marzo de 2025) |
|
|
| Este curso propón unha revisión áxil, práctica e actualizada do DB SI, axudando a resolver con seguridade as dúbidas que xurden ao aplicalo tanto a proxectos básicos e de execución para uso residencial vivienda ou terciarios de calquera escala, incluíndo a súa posible tramitación como actividade. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación da monografía EN BLANCO de CREUSeCARRASCO |
|
|
| O mércores 8 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a presentación da monografía: EN BLANCO sobre CREUSeCARRASCO, na que participarán Laura Lizondo Sevilla, Directora da Cátedra Blanca e da revista EN BLANCO (UPV), Jorge Meijide Tomás, autor do artigo: Del territorio al objeto (y vuelta) e os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Light Steel Frame (LSF): Construír en Seco. NAM Arquitectos |
|
|
| O vindeiro xoves, día 9 de outubro, con motivo do Día Mundial de la Arquitectura 2025, a Delegación de Vigo do COAG organiza a charla Light Steel Frame (LSF): Construir en seco, a cargo de Ángel M. Matilla e Leandro Nogueira, de NAM arquitectos. Dende a súa ampla experiencia no uso deste sistema, explicarán os seus fundamentos construtivos e estructurais, apoiándose en obras executadas por eles. Analizarán as particularidades da xestión do proxecto e da obra con sistemas prefabricados e, en concreto, con LSF, e resolverán as dúbidas plantexadas polos asistentes. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Semana do Libro de Compostela (SELIC), participación do COAG |
|
|
| A participación do COAG na feira SELIC (Semana do Libro de Compostela) é unha demostración da importancia que tivo nos últimos 50 anos de vida do COAG o mundo editorial. Durante ese longo período o Colexio de Arquitectos de Galicia participou de maneira continua na promoción da cultura non só arquitectónica, senón histórica, etnográfica e artística, nas súas mais diferentes facetas, a través da edición de innumerables publicacións de diferentes formatos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Resolución do TACRC á impugnación das Bases do Concurso de redacción do Máster Plan Coruña Marítima |
|
|
| Infórmase aquí a todos os colexiados/as do contido da Resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales sobre a impugnación de 12 arquitectos/as ás Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”, dispoñendo o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales (TACRC) a retroacción do procedemento ao momento anterior á aprobación dos pregos do concurso. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Acta co fallo da 1ª fase do Concurso de proxecto do edificio das entidades sociais do concello de Carballo e a súa comarca |
|
|
| Con data 29 de setembro, publicouse na Plataforma de Contratación del Sector Público a Invitacion para participar na 2ª Fase aos 4 candidatos seleccionados que se transcribe a continuación, logo da ACTA DO XURADO: SEGUNDA SESIÓN DE VALORACIÓN DO CONCURSO, publicada o día 26 de setembro. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concurso de ideas, a nivel de anteproxecto, para transformar o conector central da cidade de Santiago de Compostela |
|
|
| O concurso ten por finalidade a selección da mellor proposta a nivel de anteproxecto que pretende transformar o conector central da cidade, eixo conformado polos espazos públicos existentes entre o ámbito do Campo da Estrela, Virxe da Cerca e Santa Clara, coa finalidade de recuperar ese ámbito como espazo patrimonial periférico directamente asociado á Cidade Histórica, aliñándose coa estratexia da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela (PA_AUS2030). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Tomiño – Bolsa de traballo para cobertura transitoria de posto de arquitecto/a municipal |
|
|
| No BOP Pontevedra de 30 de setembro publícase o anuncio do Concello de Tomiño das Bases do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo da praza de arquitecto/a municipal polo procedemento de concurso-oposición para as coberturas transitorias deste posto. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|