Axenda
Boletín de Información 40 - 2023

Colexio | Emprego | Eventos | Normativa


Colexio

Actualización de Utilidades COAG. Plan de Control de Calidade

Publicación: 2 de outubro  
Está dispoñible para todos aqueles colexiados con alta neste servizo, o Plan de Control de Calidade actualizado a 29 de setembro de 2023, recollendo todas as novidades lexislativas publicadas dende a actualización anterior de 22 de maio de 2019.
Enlace á noticia.

Día Mundial da Arquitectura 2023 – Actos previstos

Publicación: 26 de setembro  
Baixo o lema deste ano 2023, “Arquitectura para comunidades resilientes”, marcado pola Unión Internacional de Arquitectos, indícanse de seguido os actos previstos nas distintas Delegacións colexiais.
Enlace á noticia.

Conferencia “Espazo Público Espazo Común. Reconstruír a cidade” de Carlos Seoane

Publicación: 27 de setembro  
O vindeiro 5 de outubro, ás 19,30 horas, con motivo do Día Mundial de la Arquitectura terá lugar na Sala da Delegación de Vigo (Doutor Cadaval, 5) a conferencia do arquitecto Carlos Seoane “Espazo Público-Espazo Común. Reconstruír a cidade”.
Enlace á noticia.

Delegación de Ourense | Pasado, presente e futuro

Publicación: 29 de setembro  
O vindeiro xoves día 5 de outubro, a partir das 18:00 h. e coincidindo coa delebración do Día Mundial de la Arquitectura, baixo o lema “ARQUITECTURA PARA COMUNIDADES RESILIENTES”, desenvolvermos unha xornada de portas abertas á que invitamos a tódolos compañeiros da delegación de Ourense.
Enlace á noticia.

Charla “Avanzando á construción do pais”

Publicación: 3 de outubro 6 de outubro
Con motivo da celebración da Semana da Arquitectura, a delegación de Santiago do COAG organiza este encontro no que, co título de “Avanzando á construción do país”, os arquitectos Fernando Blanco e Enrique Rodríguez tratarán o tema da “Industrialización sensible na arquitectura”.
Enlace á noticia.

Cea de confraternización da Delegación de Santiago e entrega do recoñecemento profesional de achega á Arquitectura.

Publicación: 28 de setembro 7 de outubro
Con motivo da celebración do Día Mundial da Arquitectura, desde a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos queremos convocar aos nosos achegados a unha cea de confraternización o sábado 7 de outubro no Hotel NH Collection Santiago situado no Burgo das Nacions en Santiago de Compostela.
Enlace á noticia.

Visita guiada “Cuartel de Nuestra señora de Dolores / Tercio del Norte de Infantería de Marina”. PRAZAS ESGOTADAS

Publicación: 29 de setembro  
O vindeiro martes día 10 de outubro, ás 17.00 horas, con motivo da celebración do Día Mundial da Arquitectura 2023, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza unha visita guiada ao Cuartel de Nuestra Señora de Dolores no que se aloxa o Tercio del Norte de Infantería de Marina (Avenida Mac Mahón, 31 · Ferrol).
Enlace á noticia.

Ampliado o prazo das Axudas da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG para a asistencia ás XIV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE – “El perito arquitecto dentro del proceso judicial”

Publicación: 3 de outubro  
Infórmase que a Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG acordou a dotación de axudas económicas para os integrantes da Agrupación que dexesen inscribirse nas XIV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE, que terán lugar en Avilés os días 9, 10 e 11 de novembro de 2023. Ampliado o prazo de inscrición bonificada ate o día 15 de outubro de 2023.
Enlace á noticia.

Campaña de Mobiliario Urbano para Información (MUPI) na Coruña

Publicación: 4 de outubro  
Dende o día 26 de setembro, e até o 10 de outubro, por iniciativa da Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e grazas á colaboración fundamental do legado do Premio Nacional de Arquitectura e exdecano do COAG, Juan González Cebrián, 1908-1988, poderedes ver, por toda a cidade da Coruña, carteis alusivos á arquitectura nas paradas de bus e outros elementos de MUPI –mobiliario urbano para información–.
Enlace á noticia.

GRAVACIÓN CASOS DE ÉXITO 07. OBRA NOVA. Casa Pombal

Publicación: 4 de outubro  
07 Casa Palomar
Carretera de Señorín 43, O Carballiño
Goretti Díaz Cristóbal.
Enlace á noticia.

Gravación da xornada de asesoramento e resolución de consultas sobre a modificación das NHV

Publicación: 3 de outubro  
Actualización 03 | 10 | 23   Está dispoñible no Canal COAG a gravación da xornada de asesoramento e resolución de consultas sobre a modificación das Normas de Habitabilidade de Vivendas en Galicia, que tivo lugar o pasado martes 26 de setembro.
Enlace á noticia.

Emprego

Proposta do Concello de Caldas de convenio de colaboración interadministrativa entre concellos para a prestación de servizos en materia de persoal

Publicación: 4 de outubro  
A relación de postos de traballo do Concello de Caldas de Reis contempla unha praza de arquitecto/a, que a día de hoxe se atopa vacante. En tanto non se procede á súa provisión, a intención dese Concello é que as función propias do posto poidan ser desempeñadas a través da figura prevista no artigo 209 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, que permite “a realización polo persoal funcionario propio das entidades locais de funcións e tarefas no ámbito territorial doutras entidades locais”.
Conforme á solicitude do devandito Concello, informáse desta circunstancia para coñecemento dos funcionarios municipais doutros Concellos, interesados en promover a celebración de dito convenio de colaboración administrativa..
Enlace á noticia.

Ofertas de emprego

Emprego  

Eventos

Xornadas “Paisaxes e sitios. Participar para convivir”

Publicación: 3 de outubro  
A Coruña acollerá os días 5 e 6 de outubro as xornadas técnicas da Alianza de Paisaxes do Patrimonio Mundial baixo o título ”Paisajes y sitios. Participar para convivir”. A Torre de Hércules, Patrimonio Mundial da UNESCO desde 2009, é o monumento escollido como anfitrión da convención cuxos relatorios terán lugar na Fundación Luís Seoane..
Enlace á noticia.

Xornada técnica PRESENCIAL _ Fachadas ventiladas – COSENTINO

Publicación: 4 de outubro  
ÚLTIMOS DÍAS DE INSCRIPCIÓN
Cosentino organiza unha xornada Técnica Presencial sobre Fachada Ventilada que terá lugar no Coag _ Ourense o martes 10 de outubro ás 19:00h.
Enlace á noticia.

Normativa

Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de setembro de 2023

Publicación: 3 de outubro  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de setembro de 2023. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia.

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400