Axenda
Boletín de Información 4 - 2023

Colexio | Concursos | Emprego | Eventos


Colexio

Recordatorio do fin da operatividade do COAGEstudio escritorio, material de apoio e preinscrición en xornadas sobre COAGEstudio web

Publicación: 24 de xaneiro  
Tal e como se indicou na circular 31/22, a partir do 1 de marzo a versión de escritorio de COAGEstudio deixará de estar operativa para a tramitación dos traballos profesionais no COAG. A partir desta data, haberá de utilizarse COAGEstudio na súa versión web.
Enlace á noticia

Últimos días de matrícula do Curso de práctica profesional 2023

Publicación: 17 de xaneiro Ata o xoves 26/01/2023 ás 23:59h
Este curso ten como obxectivo facilitar aos arquitectos unha ferramenta de axuda no coñecemento dos aspectos esenciais relacionados co exercicio da nosa profesión nos seus diferentes ámbitos, servindo ademais como como iniciación aos profesionais máis recentes. Así, o curso está dirixido a:
  • Arquitectos con experiencia que desexen actualizar os seus coñecementos nos distintos aspectos e ámbitos relacionados coa práctica profesional.
  • Arquitectos que se están iniciando na práctica profesional da arquitectura.
Enlace á noticia

Presentación de candidaturas aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2023

Publicación: 24 de xaneiro  
Tal e como se anuncia na Circular 2 2023, o pasado 9 de xaneiro saíu publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2022 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2023.
Enlace á noticia

Nota sobre modificacións na Lei do Solo de Galicia

Publicación: 18 de xaneiro  
Tal e como se anuncia na Circular 1 2023 de Secretaría, hai dispoñible unha Nota sobre as modificacións da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de Medidas Fiscais e Administrativas da Xunta de Galicia, na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.
Enlace á noticia

Dispoñible a gravación da segunda xornada do ciclo “La Casa Invisible 2022”

Publicación: 24 de xaneiro  
Están dispoñibles no CanalCOAG as gravacións desta xornada, coa primeira sesión a cargo de Antonio Manuel Seijas Pardo e a segunda a cargo de Angela Müller.
Enlace á noticia

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións privadas

Publicación: 24 de xaneiro  
RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, e establécese a súa convocatoria para o ano 2023, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT402A).
Enlace á noticia

Xornada de asesoramento en liña sobre os beneficios das axudas á rehabilitación

Publicación: 17 de xaneiro  
O venres 27 de xaneiro, de 12:00 a 13:30 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento en formato en liña sobre os beneficios das axudas á rehabilitación de vivendas, de edificios e de barrios, cuxos programas se volverán a convocar este ano.
Enlace á noticia

//Ciclo de conferencias //Al Norte //26 de xaneiro //19,00 horas

Publicación: 18 de xaneiro  
O vindeiro día 26 de xaneiro, ás 19.00 horas, continuamos coa celebración da 1ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Enlace á noticia

Dispoñible a gravación do Club de Lectura Hai Mulleres – Zaida Muxí Martínez «Mujeres, casas y ciudades»

Publicación: 19 de xaneiro  
Está dispoñible no Canal COAG a gravación da sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres que tivo lugar o 18 de xaneiro na que falamos coa arquitecta Zaida Muxí Martínez sobre a súa obra “Mujeres, casas y ciudades”.
Enlace á noticia

Arranca una nueva edición de los Premios ARQUITECTURA

Publicación: 13 de enero  
Organizados por el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE), en esta edición se reformula el Premio Compromiso para distinguir trabajos de divulgación y difusión arquitectónica, innovación y emprendimiento, así como otras formas de ejercer la profesión.
Enlace a la noticia

Concursos

IMPORTANTE REQUIRIMENTO DE INFORMACIÓN – Concurso de ideas, con intervención de jurado, a nivel de anteproyectos, para la construcción del nuevo edificio administrativo de la Xunta de Galicia en Ourense

Publicación: 23 de xaneiro  
Publicado no Portal de Contratación de Galicia con data 23 de xaneiro o requirimento de subsanación, NO PRAZO DE TRES DÍAS HÁBILES, da candidatura correspondente ao lema GACAC030.
Enlace á noticia

Concurso bajo lema, en dos fases, con intervención de jurado, para la redacción de proyecto y dirección de obra para la reforma integral de la sede del Consejo Superior de los Colegios Oficiales de Arquitectos de España (CSCAE)

Publicación: 21 de diciembre  
  El concurso tiene ámbito nacional y los participantes podrán presentarse a título individual o en equipo siendo, en todo caso, el representante del mismo un Arquitecto/a colegiado/a en un Colegio Oficial de Arquitectos de España, estableciéndose en las bases una serie de incompatibilidades.
Enlace a la noticia

Emprego

Ofertas de emprego

Emprego  




Eventos

Xornada “20 anos da LOUGA. O urbanismo do século XXI”

Publicación: 23 de xaneiro  
A Dirección xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, informan da Xornada Técnica “20 anos da LOUG. O Urbanismo do século XXI”, que se celebrará o 31 de xaneiro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Enlace á noticia

Convocada 29ª reunión del GuBIM Galicia, sábado 28 de enero de 2023

Publicación: 18 de enero  
Ha sido convocada 29ª reunión del GuBIM Galicia el sábado 28 de enero de 2023, a las 12:00 h, a través de videoconferencia. El tema a tratar será la gestión de proyectos y obras con Notion.
Enlace a la noticia

II Xornadas de Mobilidade e Espazo Público do Concello de Moaña

Publicación: 13 de xaneiro  
O vindeiro venres 3 de febreiro, ás 19,30 horas, terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Moaña, unha conversa en torno ás peculiaridades da paisaxe das Rías Baixas e un modo pragmático de mellorar a calidade de vida.
Enlace á noticia

Últimos días – Convocatoria Premios New European Bauhaus 2023

Publicación: 17 de enero  
Desde la Dirección General de Agenda Urbana y Arquitectura del Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, como impulsores y punto de contacto nacional de la New European Bauhaus en España, informan del lanzamiento de la la convocatoria de candidaturas de la nueva edición de los Premios New European Bauhaus, que estará abierta hasta el próximo 31 de enero de 2023 a las 19:00 CET, cuyas candidaturas deberán presentarse a través de la plataforma digital habilitada.
Enlace a la noticia

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400