Actuaciones del Colegio

23-10-2025
O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta un recurso contencioso administrativo en impugnación das “Bases específicas da bolsa de traballo de arquitecto/a técnico” do Concello de Allariz (publicadas no boletín Oficial da Provincia de Ourense Nº 140, do 23 de xullo de 2025).
10-10-2025
O COAG presenta un recurso contencioso administrativo contra a resolución 1198/2025 (REC. 899/2025), DE 03/09/2025 do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, pola que se inadmite a trámite o recurso especial en materia de contratación interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), contra os pregos relativos á “contratación do servizo de elaboración do Máster Plan, anexos e documentos derivados do proxecto Coruña Marítima”, EXPEDIENTE 2025/I/056_P-1500.01.A.05, convocado pola Presidencia da Autoridade Portuaria da Coruña.
16-09-2025
Gratuidad de los gastos del servicio de visado y registro de los trabajos relacionados con los inmuebles afectados por los incendios del verano de 2025
09-09-2025
O COAG presenta recurso contencioso administrativo contra a resolución da Deputación da Coruña pola que se desestima o recurso de reposición interposto polo Colexio en impugnación das bases do proceso selectivo para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes
17-07-2025
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia estima o recurso especial en materia de contratación que fora presentado polo COAG en impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Igualdade para a contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras para as obras de reforma para a creación dun Centro de Dependentes con Discapacidade de Lugo (resolución nº 128/2025, do 16 de xullo)
24-06-2025
O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia en impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Igualdade para a contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras para as obras de reforma para a creación dun Centro de Dependentes con Discapacidade de Lugo