Categoría

Curso de iniciación á simulación enerxética con Open Studio

Curso de iniciación á simulación enerxética con Open Studio

A Coruña, 20 e 21 de outubro

A simulación enerxética trata de construír un edificio «virtual» sobre o que se calculan as diferentes opcións enerxéticas (envolvente / sistemas/…) de forma interrelacionada co fin de alcanzar determinados valores obxectivo (os da regulamentación ou outros) ou de optimizar mediante a confección de diferentes escenarios aqueles que proporcionen un maior beneficio enerxético ao edificio. Trátase pois dunha potente ferramenta de análise e de proxecto enfocada desde o punto de vista do deseño para a eficiencia enerxética. read more…

Xornada: Guía técnica e proxecto tipo de infraestruturas de fogar dixital

Xornada: Guía técnica e proxecto tipo de infraestruturas de fogar dixital

A AMTEGA, en colaboración coa ATEG, vén a organizar unha xornada de presentación da Guía técnica e proxecto tipo de infraestruturas de fogar dixital.

Data: 17.10.2007
Horario: de 10:00 a 12:00
Tipo: presencial/telemática

A implantación real das infraestruturas de fogar dixital (IFD), como foi no seu día a das infraestruturas comúns de telecomunicacións (ICT), require, máis aló das publicacións nos diarios oficiais, da divulgación oportuna para que os actores principais asuman a súa necesidade e execución.

É neste senso que o Colexio da traslado público desta xornada orientada a promotores e técnicos municipais, pois os Arquitectos, ben como coordinadores dos proxectos dos promotores, ben como técnicos municipais, representamos un mediador fundamental para tal implantación.

read more…

Planeamento Urbanístico primeira quincena de outubro de 2017

Planeamento Urbanístico primeira quincena de outubro de 2017

Planeamento urbanístico publicado na primeira quincena do mes de outubro de 2017 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. read more…