 |
|
|
|
|
Presentación do número 35 da revista Obradoiro - Últimas prazas |
|
|
| O vindeiro 10 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Arquitectura, terá lugar na Fundación Laboral de la Construcción a presentación do número 35 da revista Obradoiro “Paisaxes”, editada por Manuel Bouzas, María Fandiño, Roi Salgueiro e Teresa Sánchez. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EN PROXECTO. Debate sobre o Espazo público da Coruña |
|
|
| Hoxe mércores 8 de outubro, ás 17:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a mesa redonda titulada: EN PROXECTO. Debate sobre o Espazo público da Coruña, na que participarán os arquitectos Jose González-Cebrián, Felipe Peña Pereda, Cristina García Fontán, Juan Creus Andrade e Covadonga Carrasco López. Coa moderación de Jorge Rodríguez Álvarez. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ciclo “Arquitectura y Tecnología” |
|
|
| El CSCAE lanza el ciclo “Arquitectura y tecnología” para que los arquitectos tengan información actualizada en digitalización, industrialización y sostenibilidad. La primera sesión, centrada en inteligencia artificial, arrancará hoy miércoles, 8 de octubre, a las 17.30 horas. El ciclo tendrá una periodicidad quincenal y podrá seguirse a través del canal de YouTube del CSCAE. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación da monografía EN BLANCO de CREUSeCARRASCO |
|
|
| Hoxe mércores 8 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a presentación da monografía: EN BLANCO sobre CREUSeCARRASCO, na que participarán Laura Lizondo Sevilla, Directora da Cátedra Blanca e da revista EN BLANCO (UPV), Jorge Meijide Tomás, autor do artigo: Del territorio al objeto (y vuelta) e os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Casos prácticos a nivel medio de IA e TIC |
|
|
| Mañán xoves 9 de outubro ás 13:00 horas, Sergio Manes (arqMANES), arquitecto, docente e divulgador dixital, ensinaranos novos casos prácticos de uso da intelixencia artificial.Este #COAGconta estrutúrase en dous bloques complementarios, que responden ás distintas fases do proceso de deseño. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Light Steel Frame (LSF): Construír en Seco. NAM Arquitectos |
|
|
| Mañán xoves, día 9 de outubro, con motivo do Día Mundial de la Arquitectura 2025, a Delegación de Vigo do COAG organiza a charla Light Steel Frame (LSF): Construir en seco, a cargo de Ángel M. Matilla e Leandro Nogueira, de NAM arquitectos. Dende a súa ampla experiencia no uso deste sistema, explicarán os seus fundamentos construtivos e estructurais, apoiándose en obras executadas por eles. Analizarán as particularidades da xestión do proxecto e da obra con sistemas prefabricados e, en concreto, con LSF, e resolverán as dúbidas plantexadas polos asistentes. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Semana da Arquitectura de Ferrol 2025. Arquitectura Relixiosa |
|
|
| SEMANA DA ARQUITECTURA DE FERROL 2025 ARQUITECTURA RELIXIOSA 8 e 9 de outubro de 2025 Un ano máis, todos os arquitectos do mundo están chamados a celebrar o Día Mundial da Arquitectura e o Hábitat. Por mor desta celebración, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza a Semana da Arquitectura de Ferrol 2025 dedicada á Arquitectura Relixiosa, en colaboración co Concello de Ferrol, a Diocese Mondoñedo Ferrol e a Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| A arquitectura efémera é unha tipoloxía que adoita asociarse aos eventos puntuais, pero tamén é un elemento capaz de crear atmosferas e experimentar co espazo para producir novas formas de comprendelo.O festival atmosferas é un festival de arquitectura efémera que se desenvolverá na cidade da Coruña no outono de 2025. Este evento busca reflexionar sobre os espazos públicos da cidade a través da arquitectura. A elección da tipoloxía arquitectónica, efémera, permite non afectar de forma permanente a cotiandade pero si servir de ensaio para a comprensión do espazo público dunha maneira diferente. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de Aplicación práctica do DBSI e RSCIEI (adaptado ás modificacións de marzo de 2025) |
|
|
| Este curso propón unha revisión áxil, práctica e actualizada do DB SI, axudando a resolver con seguridade as dúbidas que xurden ao aplicalo tanto a proxectos básicos e de execución para uso residencial vivienda ou terciarios de calquera escala, incluíndo a súa posible tramitación como actividade. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Semana do Libro de Compostela (SELIC), participación do COAG |
|
|
| A participación do COAG na feira SELIC (Semana do Libro de Compostela) é unha demostración da importancia que tivo nos últimos 50 anos de vida do COAG o mundo editorial. Durante ese longo período o Colexio de Arquitectos de Galicia participou de maneira continua na promoción da cultura non só arquitectónica, senón histórica, etnográfica e artística, nas súas mais diferentes facetas, a través da edición de innumerables publicacións de diferentes formatos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
HABITAR EN COOPERATIVA. O FUTURO DA VIVENDA: Conferencia e debate aberto á cidadanía |
|
|
| O mércores 15 de outubro, ás 17:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia e debate titulada: HABITAR EN COOPERATIVA: O FUTURO DA VIVENDA. Unha conferencia e debate cos colexiados/as e coa cidadanía, na que participarán, como relatores, o arquitecto Ramón Fernández Sánchez e a experta Carmen Pérez de la Cruz, membros respectivos das cooperativas de vivenda en cesión de uso denominadas: OUTRA FORMA DE VIVENDA e ALVARIZA. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia “O secuestro da vivenda” |
|
|
| O mércores 15 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: O SECUESTRO DA VIVENDA. Por que é tan difícil ter casa e como isto pode romper a sociedade, impartida polo investigador de referencia neste ámbito, Jaime Palomera, Doutor en Antropoloxía Económica da Universitat de Barcelona e investigador, e fundador, do Institut de Recerca Urbana de Barcelona (IDRA). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Caso de éxito de intervención sostible. Bordo da praia de Porto do Son |
|
|
| O mércores 29 de outubro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra outra xornada sobre casos de éxito de intervención sostible coa mellora do bordo da praia de Porto do Son, obra de CREUSeCARRASCO / RVR arquitectos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Informe sobre as axudas á vivenda Actualizado 01 | 10 | 25 |
|
|
| Actualizado 01 | 10 | 25 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de setembro de 2025 |
|
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de setembro de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|