 |
|
|
|
|
Aberto prazo de matrícula para o Curso de Procedemento administrativo e contratación pública no urbanismo_COAG-EGAP |
|
| Atópase aberto o prazo de matrícula para o curso “Procedemento administrativo e contratación”, o primeiro dos cursos coorganizados polo COAG e a EGAP que forman parte do itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio. Nesta convocatoria celebraranse 3 cursos entre decembro de 2024 e febreiro do 2025, que teñen a consideración de módulos optativos para os alumnos do Curso de Técnico Superior en Urbanismo. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas de Introdución á rehabilitación de estruturas de madeira |
|
| Os días 12 e 13 de decembro están programadas dúas xornadas relacionadas coa rehabilitación de estruturas de madeira, que teñen un carácter introdutorio a outras actividades formativas que dende o COAG se están a programar para o ano 2025. Así, o xoves 12 de decembro, de 16:30 a 20:30, terá lugar unha xornada en liña sobre os fundamentos principais para a rehabilitación de estruturas de madeira, impartida por Manuel C. Touza Vázquez, Dr. Enxeñeiro de Montes e técnico en CIS-Madeira. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Homenaxe a Andrés Fernández-Albalat “Arquitecto da Memoria” |
|
| Hoxe mércores 4 de decembro, ás 18:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar un acto de homenaxe ao prezado arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois (1924-2019) co gallo do centenario do seu nacemento. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: A circularidade na edificación |
|
| Mañán xoves 5 de decembro ás 12:00 horas, Isabel de los Ríos e Leticia Ortega explicarannos todos os aspectos importantes que afectan a circularidade na edificación. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación do libro “A estación de servizos. Laboratorio de Arquitectura” do arquitecto Alberto Rodríguez Arias |
|
| O arquitecto lucense Alberto Rodríguez Arias presenta o 12 de decembro na Delegación do COAG Lugo un libro sobre a historia arquitectónica das gasolineiras en España. A publicación mostra o papel que as estacións de servizos tiveron nas vangardas arquitectónicas da posguerra e recolle un decálogo cos principais edificios, ademais de reivindicar a súa protección. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Servizo de cita previa en Urbanismo no Concello da Coruña |
|
| A concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda acaba de poñer a disposición dos colexiados/as un Servizo de atención presencial que permitirá aos arquitectos/as atender as diversas consultas que poidan ter, relativas aos informes técnicos emitidos nos servizos de urbanismo do Concello da Coruña. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XIII Congreso Docomomo Ibérico “La modernidad marítima. Arquitecturas e infraestructuras del paisaje litoral, 1925-1975” |
|
| Organizado por la Fundación Docomomo Ibérico, la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña y el Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia, tendrá lugar en A Coruña, del 22 al 25 de octubre de 2025. Fecha límite de recepción de propuestas de comunicaciones: 10 de enero de 2025. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Acordo de colaboración ArchiEspaña – COAG_ Oferta colectiva para Archicad Collaborate |
|
| Desde a área de formación e innovación do COAG, está a porse en marcha unha planificación de accións, divulgativas e formativas, encamiñadas a facilitar a formación dos arquitectos en todas as materias relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías ao exercicio profesional. Como parte destas accións, O COAG estableceu un acordo de colaboración ca empresa ArchiEspaña Software SL, distribuidor oficial de Graphisoft, que facilite aos arquitectos colexiados a adquisición do programa ARCHICAD, específico para o desenvolvemento de proxectos arquitectónicos, con máis de 30 anos de presenza no mercado mundial. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Documentación básica de referencia sobre o Bordo Litoral Portuario da Coruña |
|
| Actualizada a 2/12/2024 Como complemento á Xornada de traballo + debate sobre o Bordo Litoral Portuario, que tivo lugar o pasado 14 de xuño na Delegación de A Coruña do COAG, adxúntanse aquí enlaces a algunha documentación básica de referencia sobre o Bordo Litoral Portuario da Coruña Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Culleredo – Dúas prazas de arquitecto/a |
|
| No BOP-A Coruña de 3 de decembro, aparecen publicadas as Convocatoria e bases reguladoras para a provisión en propiedade de dúas prazas de arquitecto/a, da escala de administración especial, subescala técnica, grupo de titulación A1, nivel 24 funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Estudio de arquitectura MMO ARQUITECTOS, S.L. con sede en A Coruña selecciona arquitecto/a asalariado/a. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de novembro 2024 |
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de novembro de 2024 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|