Colexio | Emprego | Eventos | Concursos
Colexio
Curso Taller sobre a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios e o Libro do Edificio Existente
| Publicación: 25 de outubro |
|
 |
O obxectivo do curso é elaborar, a través dun taller práctico, o Libro do Edificio Existente dun edificio real. O edificio escollido para iso é o edificio Apolo, en Santiago de Compostela.
Enlace á noticia. |
Celebración do pleno do CSCAE en Santiago con motivo do 50 aniversario do COAG
| Publicación: 24 de outubro |
|
 |
O pasado 20 de outubro celebrouse en Santiago de Compostela un pleno do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España, con motivo do 50 aniversario da creación do COAG.
Enlace á noticia. |
Ampliación de prazo – Oferta de becas para o Máster en Deseño & Construción en Madeira de CESUGA
| Publicación: 20 de outubro |
|
 |
Ampliado o prazo de solicitude, que deberá realizarse na web colexial, antes das 14:00 horas do vindeiro 27 de outubro de 2023.
Enlace á noticia. |
Serie monográfica: “EXPERIENCIAS somos arquitectAs”
| Publicación: 18 de outubro |
25 de outubro, 19,30 h. |
 |
1973-2023 – ANIVERSARIO 50 ANOS DO COAG
Consciente do momento de cambio social que se está vivindo, a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) incluíu dentro dos actos de celebración dos cincuenta anos do COAG, unha actividade onde se visualice a evolución do papel social e profesional das arquitectas.
Enlace a la noticia. |
Conferencia: “Concéntrico, un festival de ciudad”
| Publicación: 23 de outubro |
|
 |
O vindeiro sábado 28 de outubro terá lugar na Delegación de Vigo esta Conferencia, organizada xunto co Concello de Vigo, que se engloba dentro das Xornadas de Acupuntura urbana de Vigo.
Enlace á noticia. |
Ampliación de horario e datas da Exposición “La ciudad y sus tesis. 1970-2020. Repositorio hitoriográfico e analítico de teses sobre as cidades ibéricas
| Publicación: 19 de outubro |
|
 |
Amplíanse algúns días máis as datas da exposición; estanse axustando as novas datas co seguinte destino da itinerancia que é Madrid, onde vai ser inaugurada o 7 de novembro. Anunciaremos proximamente as novas datas.
Enlace á noticia. |
Atención presencial na delegación de Ferrol na semana do 30 de outubro ao 3 de novembro
| Publicación: 25 de outubro |
|
 |
Infórmase que, por motivos de organización interna, as oficinas da Delegación de Ferrol na semana do 30 de outubro ao 3 de novembro, só terán atención presencial o martes 31 de outubro e o xoves 2 de novembro. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poidan causar. |
Listas de peritos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o ano 2024
| Publicación: 18 de outubro |
|
 |
Infórmase da apertura da convocatoria para configurar todas as modalidades de listas de peritos organizadas polo COAG para o exercicio 2024, establecendo un prazo no que todos os colexiados interesados podan solicitar a súa incorporación.
Enlace á noticia. |
Informe sobre as axudas á vivenda
| Publicación: 23 de outubro |
|
 |
Actualizado 18 | 10 | 23 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Enlace á noticia. |
Emprego
Oferta de emprego
| Publicación: 25 de outubro |
|
 |
UVE VALORACIONES S.A. selecciona dous postos de arquitecto/a autónomo como tasador externo para a zona de A Coruña. Requisitos: Un ano de experiencia en sociedades de tasación. Tipo de contrato: Autónomo. Ubicación dos postos de traballo: 2. Interesados: Enviar C.V.
Enlace á noticia. |
Eventos
Construción do Benestar e Sistemas de Reforzo Estrutural_KERAKOLL
| Publicación: 25 de outubro |
|
 |
KERAKOLL organiza unha xornada técnica presencial co fin de reforzar a formación sobre a construción do benestar e os sitemas de reforzo estrutural en proximas datas: 08 de novembro – Coruña 09 de novembro – Vigo.
Enlace á noticia. |
Concursos
Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación arquitectónica facilitando novos usos na finca de Lourizán
| Publicación: 11 de outubro |
|
 |
O obxecto deste concurso é seleccionar a mellor idea, a xuízo do Xurado, e desenvolvida a nivel de anteproxecto, que sirva de base ao correspondente proxecto técnico, básico e de execución, incluído o estudio de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións das obras de rehabilitación arquitectónica das edificacións identificadas para o cambio de uso da finca de Lourizán e da integración paisaxística de certos espazos exteriores da finca de Lourizán, que serán recollidos no ANEXO I bis denominado: Documento base para el concurso.
Enlace á noticia. |
|
|