Axenda
Boletín de Información 42 - 2023

Colexio | Emprego | Concursos | Normativa


Colexio

Listas de peritos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o ano 2024

Publicación: 18 de outubro  
Infórmase da apertura da convocatoria para configurar todas as modalidades de listas de peritos organizadas polo COAG para o exercicio 2024, establecendo un prazo no que todos os colexiados interesados podan solicitar a súa incorporación.
Enlace á noticia.

Últimos días - Oferta de becas para o Máster en Deseño & Construción en Madeira de CESUGA

Publicación: 18 de outubro  
A solicitude deberá realizarse na web colexial, antes das 14:00 horas do vindeiro 20 de outubro de 2023.
Enlace á noticia.

Serie monográfica: “EXPERIENCIAS somos arquitectAs”

Publicación: 18 de outubro  
1973-2023 – ANIVERSARIO 50 ANOS DO COAG
Consciente do momento de cambio social que se está vivindo, a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) incluíu dentro dos actos de celebración dos cincuenta anos do COAG, unha actividade onde se visualice a evolución do papel social e profesional das arquitectas.
Enlace a la noticia.

Conferencia de Óscar Fuertes Dopico

Publicación: 13 de outubro  
O mércores 18 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia As arquitecturas e a modificación do bordo litoral da gran industria marítima que será impartida polo arquitecto e investigador Óscar Fuertes Dopico, profesor no Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da UDC e socio do estudio Fuertes-Penedo arquitectos.
Enlace á noticia.

Pasado, presente e futuro das mulleres arquitectas de Lugo

Publicación: 17 de outubro  
Xornada “Arquitectas de Lugo tralas pioneiras. Seis xeracións”- 19 de outubro, 19,00 h. Fundación Abanca, Lugo.
Enlace á noticia.

Guía veciñal de rehabilitación. CEAV. CSCAE

Publicación: 17 de outubro  
O próximo mércores, 25 de outubro, preséntase a Guía veciñal para a rehabilitación e o vídeo Rehabilitar, paso a paso, froito do traballo da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV) e o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE).
Enlace á noticia.

Texto consolidado de la Ley 2/2016 de 10 de febrero del Suelo de Galicia

Publicación: 13 de octubre  
Maquetado por el COAG, se pone a disposición de los colegiados, el texto consolidado de la Ley 2/2016 del Suelo de Galicia, insertando las hasta doce modificaciones que ha tenido hasta el día de hoy. Diferenciando las mismas por diferente color.
Enlace a la noticia.

Emprego

Concello de Ponte Caldelas – Unha praza de arquitecto/a

Publicación: 17 de outubro  
No BOE de 17 de outubro publícase a Resolución de 6 de setembro de 2023, do Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra), referente á convocatoria para proveer unha praza de arquitecto/a.
Enlace á noticia.

Proposta do Concello de Caldas de convenio de colaboración interadministrativa entre concellos para a prestación de servizos en materia de persoal

Publicación: 4 de outubro  
A relación de postos de traballo do Concello de Caldas de Reis contempla unha praza de arquitecto/a, que a día de hoxe se atopa vacante. En tanto non se procede á súa provisión, a intención dese Concello é que as función propias do posto poidan ser desempeñadas a través da figura prevista no artigo 209 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, que permite “a realización polo persoal funcionario propio das entidades locais de funcións e tarefas no ámbito territorial doutras entidades locais”.
Conforme á solicitude do devandito Concello, informáse desta circunstancia para coñecemento dos funcionarios municipais doutros Concellos, interesados en promover a celebración de dito convenio de colaboración administrativa..
Enlace á noticia.

Oferta de emprego

Publicación: 18 de outubro  
Estudio de arquitectura con sede en OURENSE, selecciona arquitecto/a.
Enlace á noticia.

Concursos

Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación arquitectónica facilitando novos usos na finca de Lourizán

Publicación: 11 de outubro  
O obxecto deste concurso é seleccionar a mellor idea, a xuízo do Xurado, e desenvolvida a nivel de anteproxecto, que sirva de base ao correspondente proxecto técnico, básico e de execución, incluído o estudio de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións das obras de rehabilitación arquitectónica das edificacións identificadas para o cambio de uso da finca de Lourizán e da integración paisaxística de certos espazos exteriores da finca de Lourizán, que serán recollidos no ANEXO I bis denominado: Documento base para el concurso.
Enlace á noticia.

Normativa

Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de outubro de 2023

Publicación: 18 de outubro  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de outubro de 2023. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia.

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400