Colexio | Emprego | Eventos
Colexio
Día Mundial da Arquitectura 2023 – Actos previstos
| Publicación: 26 de setembro |
|
 |
Baixo o lema deste ano 2023, “Arquitectura para comunidades resilientes”, marcado pola Unión Internacional de Arquitectos, indícanse de seguido os actos previstos nas distintas Delegacións colexiais.
Enlace á noticia. |
Fallo do II Premio “arquitectura para un mundo mellor” de recoñecemento profesional de achega á arquitectura
| Publicación: 27 de setembro |
|
 |
Rematado o prazo para a presentación de candidaturas ao recoñecemento “Arquitectura para un mundo mellor 2023” convocado dende a Delegación de Santiago co obxectivo de por en valor as achegas doutros membros da sociedade á Arquitectura e o Urbanismo, procédese á publicación do fallo.
Enlace á noticia. |
Apertura de solicitudes “Mentoring para arquitectxs 2023” – Delegación de Santiago de Compostela
| Publicación: 27 de setembro |
|
 |
A Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia anuncia a apertura da primeira convocatoria do Programa “Mentoring para arquitectxs 2023” no ámbito da nosa Delegación. Habilitado o formulario de solicitude.
Enlace á noticia. |
“Xornada Novxs Arquitectxs” Santiago de Compostela
| Publicación: 20 de setembro |
27 de setembro |
 |
Con motivo da celebración dos cincuenta anos do COAG, a delegación de Santiago organiza a primeira xornada de “novxs arquitectxs”. Nela mostrarase o traballo de tres estudos novos adscritos á nosa delegación.
Enlace á noticia. |
Exposición “La ciudad y sus tesis. 1970-2020. Repositorio hitoriográfico e analítico de teses sobre as cidades ibéricas
| Publicación: 25 de setembro |
|
 |
O venres 29 de setembro, ás 19:30 horas, inaugúrase a exposición La Ciudad y sus Tesis 1970-2020 na sede coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. A exposición poderá visitarse en horario de apertura do COAG ata o 22 de outubro.
Enlace á noticia. |
Conferencia “Espazo Público Espazo Común. Reconstruír a cidade” de Carlos Seoane
| Publicación: 27 de setembro |
|
 |
O vindeiro 5 de outubro, ás 19,30 horas, con motivo do Día Mundial de la Arquitectura terá lugar na Sala da Delegación de Vigo (Doutor Cadaval, 5) a conferencia do arquitecto Carlos Seoane “Espazo Público-Espazo Común. Reconstruír a cidade”.
Enlace á noticia. |
PUBLICACIÓNS E UTILIDADES. MATERIAL DIVULGATIVO
| Publicación: 27 de setembro |
|
 |
Na web da Oficina de Apoio á Rehabilitación do COAG hai un novo apartado con material divulgativo, onde poñemos en valor, ante a sociedade galega, o traballo do arquitecto desde todos os puntos de vista, así como información sobre os beneficios da rehabilitación, as axudas públicas e as vantaxes de contar cun/a arquitecto/a que xestione o proxecto de forma integral.
Enlace á noticia. |
Remate do prazo de presentación de candidaturas aos Premios Gran de Area 2023
| Publicación: 22 de setembro |
3 de outubro |
 |
Infórmase que o prazo para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2023», rematará ás 14:00 horas do 28 de setembro de 2023.
Enlace á noticia. |
Últimos días Axudas da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG para a asistencia ás XIV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE – “El perito arquitecto dentro del proceso judicial”
| Publicación: 25 de setembro |
|
 |
Infórmase que a Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG acordou a dotación de axudas económicas para os integrantes da Agrupación que dexesen inscribirse nas XIV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE, que terán lugar en Avilés os días 9, 10 e 11 de novembro de 2023. Recordamos que o prazo de solicitudes remata ás 23,59 h. do día 30 de setembro de 2023.
Enlace á noticia. |
Gravación da Conferencia “Mobilidade descarbonizada en Santiago. Plans de Mobilidade e Acción de Goberno” Pau Noy
| Publicación: 26 de setembro |
|
 |
Está dispoñible en Canal COAG a gravación da Conferencia “Mobilidade descarbonizada en Santiago. Plans de Mobilidade e Acción de Goberno” Pau Noy, celebrada o pasado 20 de setembro.
Enlace á noticia. |
Emprego
Ofertas de emprego
Eventos
Fundación Luis Seoane – Curso “Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica. Diálogos de arquitectura””
| Publicación: 25 de setembro |
|
 |
A Fundación Luis Seoane inaugura este xoves Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica. Diálogos de arquitectura, un curso dirixido polo arquitecto Carlos Pita que busca impulsar un diálogo sobre a arquitectura contemporánea en Galicia.
Enlace á noticia. |
Xornada técnica online _ cubertas verdes
| Publicación: 11 de setembro |
Xoves 28 de setembro |
 |
Sesión online para explicar aspectos básicos dos sistemas de cubertas verdes ZinCo.
– Tipoloxía de cubertas verdes – Criterios e aspectos de deseño das cubertas verdes – Sistemas de cubertas verdes ZinCo según tipoloxía e xestión da agua – Sistemas de cubertas verdes biosolares – Sistemas de seguridade e protección contra caídas para cubertas verdes.
Enlace á noticia. |
|
|