Colexio | Emprego | Eventos | Normativa
Colexio
Requirimento informativo a todos os colexiados/as a solicitude do Xulgado de Instrución nº 8 de Valencia
| Publicación: 6 de setembro |
|
 |
A Secretaría Xeral do Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España recibiu un oficio do Xulgado de Instrución nº 8 de Valencia requirindo que os/as colexiados/as que tivesen algún tipo de colaboración, para calquera clase de traballo e en calquera momento ou lugar, cunha persoa incursa nun procedemento por intrusismo profesional, o indiquen á maior brevidade posible e, en todo caso, antes do vindeiro 11 de setembro.
Enlace á noticia. |
Axudas da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG para a asistencia ás XIV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE – “El perito arquitecto dentro del proceso judicial”
| Publicación: 6 de setembro |
|
 |
Infórmase que a Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG acordou a dotación de axudas económicas para os integrantes da Agrupación que dexesen inscribirse nas XIV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE, que terán lugar en Avilés os días 9, 10 e 11 de novembro de 2023.
Enlace á noticia. |
Actualización de Utilidades COAG. Normativa de Obrigado Cumprimento
| Publicación: 5 de setembro |
|
 |
Está dispoñible para todos aqueles colexiados con alta neste servizo, o listado de normativa de obrigado cumprimento actualizado a 31 de agosto de 2023, recollendo todas as novidades lexislativas publicadas desde a actualización anterior de 31 de xaneiro de 2022.
Enlace á noticia. |
Xornada de asesoramento sobre o IAE
| Publicación: 5 de setembro |
|
 |
O luns 18 de setembro, entre as 16:30 e as 20:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha xornada de asesoramento sobre o IAE, Informe de Avaliación de Edificios, impartida por técnicos do Servizo de Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña.
Enlace á noticia. |
Convocatoria de candidaturas ao II Premio “arquitectura para un mundo mellor” de recoñecemento profesional de achega á arquitectura
| Publicación: 5 de setembro |
|
 |
Sendo conscentes do valor aportado por outros profesionais no resultado final do noso traballo como arquitectos, dende a Xunta Directiva de Santiago quérese facer un recoñecemento explícito a aqueles que nos acompañan no proceso de xeito excepcional. Ate o 15 de setembro.
Enlace á noticia. |
Últimos días | V concurso Relatos de Arquitectos convocado en 2023 por la Unión de Arquitectos Peritos y Forenses de España (UAPFE)
| Publicación: 5 de septiembre |
|
 |
La Unión de Arquitectos Peritos y Forenses de España, en sesión de su Junta Directiva celebrada el día 12 de mayo de 2023, ha acordado convocar la V edición del concurso de narración corta “Relatos de Arquitectos”. Los trabajos se pueden presentar hasta las 14 horas del viernes 8 de septiembre de 2023. No se admitirá ningún relato pasada la hora de finalización del plazo.
Enlace a la noticia. |
Últimos días de presentación de propuestas del concurso del comisariado del Congreso de la UIA BCN 2026
| Publicación: 4 de septiembre |
|
 |
El pasado 28 de junio se abrió el plazo de presentación de propuestas para el concurso del comisariado del Congreso Mundial de la Arquitectura de la Unión Internacional de Arquitectos (UIA) Barcelona 2026. Hasta el 7 de septiembre.
Enlace á noticia. |
Informe sobre as axudas á vivenda
| Publicación: 4 de setembro |
|
 |
Actualizado 01 | 09 | 23 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Enlace á noticia. |
Rehabilita o teu edificio, dalle vida ó teu barrio
| Publicación: 1 de setembro |
|
 |
Os arquitectos lanzan unha nova campaña para informar á cidadanía sobre a rehabilitación integral de vivendas e as axudas dispoñibles, cun tríptico que poderán utilizar nos seus estudos e distribuilo libremente entre os seus clientes.
Enlace á noticia. |
Apertura da plataforma de presentación de candidaturas aos Premios Gran de Area 2023
| Publicación: 30 de agosto |
|
 |
Infórmase da apertura da plataforma online de xestión de premios da web colexial, para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2023», que estará dispoñible ate as 14:00 horas do 28 de setembro de 2023.
Enlace á noticia. |
Emprego
Oferta de emprego
| Publicación: 5 de setembro |
|
 |
UVE VALORACIONES S.A. selecciona varios postos de arquitecto/a autónomo como tasador externo para a zona de A Coruña e Santiago de Compostela.
Enlace á noticia. |
Eventos
Xornada técnica online _ cubertas verdes
| Publicación: 5 de setembro |
Xoves 28 de setembro |
 |
Sesión online para explicar aspectos básicos dos sistemas de cubertas verdes ZinCo.
– Tipoloxía de cubertas verdes – Criterios e aspectos de deseño das cubertas verdes – Sistemas de cubertas verdes ZinCo según tipoloxía e xestión da agua – Sistemas de cubertas verdes biosolares – Sistemas de seguridade e protección contra caídas para cubertas verdes.
Enlace á noticia. |
Normativa
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de agosto de 2023
| Publicación: 1 de setembro |
|
 |
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de agosto de 2023. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia. |
|
|