Actuaciones del Colegio

09-09-2025
O COAG presenta recurso contencioso administrativo contra a resolución da Deputación da Coruña pola que se desestima o recurso de reposición interposto polo Colexio en impugnación das bases do proceso selectivo para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes
17-07-2025
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia estima o recurso especial en materia de contratación que fora presentado polo COAG en impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Igualdade para a contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras para as obras de reforma para a creación dun Centro de Dependentes con Discapacidade de Lugo (resolución nº 128/2025, do 16 de xullo)
24-06-2025
O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia en impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Igualdade para a contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras para as obras de reforma para a creación dun Centro de Dependentes con Discapacidade de Lugo
17-06-2025
O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales en impugnación das bases do Concurso de proxectos convocado pola Autoridade Portuaria da Coruña, para a contratación do servizo de elaboración do Máster Plan, anexos e documentos derivados do Proxecto Coruña Marítima
10-06-2025
A Deputación da Coruña desestima o recurso de reposición interposto polo Colexio en impugnación das bases do proceso selectivo para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes (Grupo A1. Escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores).
06-06-2025
O COAG presenta recurso contencioso administrativo contra a resolución do Concello de Meaño pola que se desestima o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación dos pregos da licitación do Contrato de servizos de redacción do «Proxecto de execución dun acceso de mobilidade peonil amable, próximo ao bordo costeiro en Seixiños»