Informa o seguinte:
– Que para a elaboración de dito plan conta cun equipo multidisciplinar no que hai Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Forestais, Enxeñeiro Agrícola, Enxeñeiro de Camiños e Arquitecto; aclara que as edificacións incorporadas ao borrador do plan e o detalle das mesmas proveñen de proxecto redactado por Arquitecto.
– Confirma que para a presentación do Plan Especial definitivo logo de acadar a autorización do trámite ambiental, será redactado por un equipo multidisciplinar entre o que se incluirá un Arquitecto entre outros técnicos, como solicita o COAG no seu escrito.
– Por outra banda e no relativo á proposta do COAG convocar un concurso de proxectos “para a concreta execución futura do plan especial no relativo á elaboración dos proxectos arquitectónicos das edificacións contempladas no plan, especialmente o edificio multiusos (…) para que esa actuación se faga dentro duns niveis óptimos de calidade arquitectónica, urbanística e medioambiental, debido á importancia da mesma”, a Deputación indica que , xa contan cun Proxecto Básico e de Execución dende o punto de vista construtivo das edificacións que forma parte do proxecto completo de actuacións que cristalizarán no futuro Parque central- Centro Xeográfico de Galicia, que xa está redactado dende hai catro meses e polo tanto non procede a convocatoria do devandito concurso de ideas.
O escrito remitido pódese descargar neste ENLACE.