Categoría

Planeamento urbanístico – primeira quincena abril 2019

Planeamento urbanístico – primeira quincena abril 2019

Planeamento urbanístico publicado na primeira quincena do mes de abril de 2019 no Diario Oficial de Galicia e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.

read more…

Concurso de ideas con intervención de xurado, para a reordenación do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela)

Concurso de ideas con intervención de xurado, para a reordenación do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela)

Infórmase da publicación da circular 8/2019 informando da convocatoria dun concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel anteproxecto, para a reforma interior e reorganización da ocupación do Complexo Administrativo de San Caetano, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada. read more…

Suxestións do COAG ao proxecto de Orde das titulacións que permiten o acceso ao corpo de profesores interinos

O COAG presenta unha serie de suxestións ao “Proxecto de Orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidade e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de Escolas Oficiais de Idiomas que impartan ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, en centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional”

 

TEXTO DAS SUXESTIÓNS

Aberta matrícula no curso Metodoloxía BIM para arquitectos | Implantación 1: Análise da situación do estudo

Aberta matrícula no curso Metodoloxía BIM para arquitectos | Implantación 1: Análise da situación do estudo

Este curso forma parte do itinerario formativo «Metodoloxía BIM para arquitectos. Xestión da implantación nun pequeno estudo de arquitectura», que se propón como unha axuda ao arquitecto na necesaria transición desde un entorno CAD a un entorno de traballo baseado en procesos BIM.

Este primeiro curso ten como finalidade que os alumnos avalíen de forma obxectiva os recursos tanto técnicos como humanos da súa plataforma profesional para poder establecer as súas necesidades particulares.
Valorarase neste apartado a análise de requirimentos internos tanto de hardware, aprendendo a valorar a oferta técnica existente no mercado, como as alternativas de software dispoñibles en función dos parámetros propios de cada alumno. read more…

Ampliada a preinscrición no curso de Servidumes e Limitacións sectoriais COAG-EGAP

Ampliada a preinscrición no curso de Servidumes e Limitacións sectoriais COAG-EGAP

Durante o próximo mes de maio terá lugar o curso sobre Servidumes e Limitacións sectoriais que se desenvolve no marco do convenio subscrito coa EGAP. Con fin de axustar e adecuar, na maior medida posible, a programación definitiva do curso á demanda e preferencias dos alumnos, vimos de habilitar a preinscrición no curso, que estará dispoñible ata as 23:55 do martes día 16 de abril. Unha vez pechado o prazo para realizar esta preinscrición, e en función da demanda preferente, comunicarémosvos a programación definitiva e publicarase a convocatoria oficial do curso, coa que quedará aberto o prazo de matrícula. read more…

Aberta a matrícula nos cursos «Instalación e mantemento de xardíns e zonas axardinadas para arquitectos» e «Cubertas axardinadas e xardinería vertical para arquitectos»

Aberta a matrícula nos cursos «Instalación e mantemento de xardíns e zonas axardinadas para arquitectos» e «Cubertas axardinadas e xardinería vertical para arquitectos»

Estes dous cursos, de 8 horas de duración cada un, terán lugar en maio na Delegación de Lugo. Instalación e mantemento de xardíns e zonas axardinadas para arquitectos: sábado 11 de maio, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Cubertas axardinadas e xardinería vertical...