|
|
|
|
|
Xornada Novxs Arquitectxs Delegación de Santiago de Compostela |
|
|
| A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza unha nova xornada “Novxs Arquitectxs”, un encontro concibido como un espazo de visibilización e intercambio para arquitectas e arquitectos novos. A cita poñerá o foco na diversidade de enfoques que caracterizan as novas xeracións, amosando unha práctica arquitectónica cada vez máis aberta, colaborativa e atenta ás transformacións sociais, territoriais e ambientais. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ampliación de prazo da II Edición dos Premios de Arquitectura “PRÓXIMOS” 2026 |
|
|
| AMPLÍASE ATE AS 14:00 HORAS DO DÍA 10 DE ABRIL DE 2026 o prazo de presentación de candidaturas para a II edición dos Premios de Arquitectura Próximos 2026, organizados pola Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Nas vindeiras semanas iniciarase o proceso de revisión e valoración das propostas presentadas por parte do Xurado. Unha vez finalizada esta fase, daranse a coñecer as candidaturas seleccionadas e a información relativa ao acto de entrega dos diplomas. Animamos a todas as persoas interesadas a presentar as súas candidaturas antes da finalización do prazo. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso_”Instalacións de iluminación” - Último día de matrícula |
|
|
| As instalacións de iluminación nos edificios satisfán as esixencias de seguridade baixo criterios de utilización segundo o uso destinado a estes. Un deseño adecuado das instalacións de iluminación, atendendo ademais a solucións de iluminación natural facilitan, non só seguridade, senón tamén confort visual, contribuíndo ao estado de ánimo e saúde dos ocupantes, á estética e caracterización dos espazos e ao aforro enerxético. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso_”Rehabilitación de estruturas de madeira” |
|
|
| O obxectivo do curso é presentar os fundamentos da rehabilitación de estruturas de madeira, desde a fase de diagnose inicial ata os criterios de actuación e as técnicas de intervención dispoñibles. Cun enfoque eminentemente práctico, expoñeranse diversos exemplos de intervencións, tanto en Galicia como no País Vasco, que cobren as principais opcións existentes: desde unha intervención puntual para reparar a cabeza danada dunha viga ata a necesidade de reforzar o conxunto dun forxado por un cambio de uso. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria aberta de procura de proxectos para o nº 36 de Obradoiro_ Prospectiva II: URBANIDADES |
|
|
| Urbanidades constitúe o segundo volume da serie Prospectivas, o proxecto editorial co que a revista Obradoiro recupera a súa actividade cunha mirada orientada ao futuro do territorio galego. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Maratón de debuxo ETSAC-COAG A Coruña |
|
|
| O venres 10 de abril, ás 10:00 horas, comezará unha agardada nova edición do Maratón de debuxo organizado pola asignatura de Análise de Formas Arquitectónicas, AFA, do Departamento de Expresión Gráfica Arquitectónica (EGA), ETSAC, UDC. O lugar de inicio será Linares Rivas 50, á altura de Jaspe Art, e a seguinte parada será, ás 10:30 horas, a Delegación da Coruña do COAG. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Día Internacional dos Monumentos e Sitios. “O lugar de culto como espazo de encontro das artes” |
|
|
| Dentro da recentemente restaurada Igrexa de Dores, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos, xunto co Coro de Cámara AntiQvorum, queren celebrar este Día Internacional dos Monumentos e Sitios evocando o encontro entre a arquitectura e a música. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Información estatística sobre a evolución da Vivenda de Uso Turístico na cidade da Coruña durante o período 2024-2026 |
|
|
| A información que aquí se presenta é un extracto do traballo estatístico realizado para o seguimento da Mesa de Vivendas de Uso Turístico do Concello da Coruña na que participa, dende o 31 de outubro de 2023, a Xunta directiva da Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oferta de formación por Beca – FEUGA _ FUAC |
|
|
| Estudo de arquitectura OCO_STUDIO, con sede en A Coruña, selecciona arquitecto/a para formación por beca Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Pladur® convoca en A Coruña la presentación oficial de su nuevo Sistema de Fachada Ligera Pladur® EXO |
|
|
| Pladur® convoca a los profesionales a su encuentro con el sector de la construcción el próximo 9 de abril de 2026 en el Palacio de Congresos PALEXCO (A Coruña), donde se presentará oficialmente el nuevo Sistema de Fachada Ligera Pladur® EXO, junto con las últimas innovaciones en materiales sistemas y soluciones Pladur®. La sesión dará comienzo a las 18:00 horas, y está dirigida a arquitectos, ingenieros, prescriptores, técnicos y profesionales vinculados al ámbito de la construcción en seco y las envolventes de edificio. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Infoconstrucción y DPArquitectura organizan una nueva edición de sus Jornadas Profesionales en Santiago de Compostela el 9 de abril |
|
|
| Entidad organizadora: Infoconstrucción y DPArquitectura. El próximo día 9 de abril las y los profesionales de la construcción tienen una importante cita en Santiago de Compostela. Arquitectos, arquitectos técnicos, constructores e instaladores podrán conocer de manera presencial las características de interesantes y novedosos productos y servicios para la arquitectura y la construcción en general. La cita comienza a las 9:00 horas y tendrá lugar en el Hotel Santiago Plaza Coruña (Rúa do Restollal, 24). Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|