 |
|
|
|
|
Gratuidade dos gastos do servizo de visado e rexistro dos traballos relacionados cos inmobles afectados polos incendios do verán de 2025 |
|
|
| Tal e como se anuncia na Circular 13 2025, a Xunta de Goberno en sesión 17/2025 de 4 de setembro, acordou establecer que o COAG asumirá os gastos de visado ou rexistro dos traballos relacionados coa rehabilitación/obra nova dos inmobles afectados pola vaga de incendios acaecida en Galicia durante o verán de 2025. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Resultado do sorteo dun/duns arquitectos/as interesados/as no encargo da Redacción de proxecto e dirección técnica de dúas demolicións no Concello de Nigrán |
|
|
| Tal e como se ten anunciado tivo lugar o sorteo para estes dous traballos, que se pode consultar no documento que se acompaña, segundo se indicou na Convocatoria do Concello de Nigrán. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria de elecciones CSCAE // Mandato 2026-2029 |
|
|
| El Pleno de consejeros/as celebrado el jueves 11 de septiembre de 2025, ha adoptado el acuerdo de convocatoria de Elecciones CSCAE para el mandato 2026-2029, a los cargos electivos de presidencia, secretaría general, tesorería y vicepresidencias. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Axudas da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG para a asistencia ás XV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE – “La especialización de la Justicia del s. XXI” |
|
|
| Infórmase que a Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG acordou a dotación de axudas económicas para a asistencia ás XV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE, que terán lugar en Burgos os días 13 e 14 de novembro de 2025 . Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimas prazas para Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura |
|
|
| Quedan poucas prazas dispoñibles para os obradoiros presenciais de Ricardo Orts, titulados: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Anuncio do resultado positivo da impugnación das Bases do Concurso de redacción do Máster Plan Coruña Marítima |
|
|
| Anúnciase o resultado positivo da impugnación das Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”, dispoñendo o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales a retroacción do procedemento ao momento anterior á aprobación dos pregos do concurso. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación do libro “Eloy Maquieira. A pegada do racionalismo en Lugo”, |
|
|
| Temos o pracer de convidalos á presentación do libro "Eloy Maquieira. A pegada do racionalismo en Lugo", un exhaustivo traballo que afonda na obra deste destacado arquitecto e a súa influencia na arquitectura da nosa cidade. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ordenanza Municipal de Conservación e Rehabilitación de Inmobles do Concello de Lugo |
|
|
| Informamos que o Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou o luns, 25 de agosto de 2025, a aprobación inicial da Ordenanza Municipal de Conservación e Rehabilitación de Inmobles do Concello de Lugo. Con esta publicación, ábrese un prazo de trinta días hábiles para a presentación de reclamacións e suxestións. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimos días para presentación de candidaturas aos Premios Gran de Area 2025 |
|
|
| Lembramos que o prazo de presentación de candidaturas rematará ás 23:59 horas do 25 de setembro de 2025. As bases e o enlace para consultar candidaturas poden consultarse na circular nº 11/2025 Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A responsabilidade do arquitecto no exercicio profesional |
|
|
| O vindeiro venres día 26 de setembro terá lugar, na Delegación de Vigo do COAG, unha xornada organizada pola Agrupación de Arquitectos, Peritos e Forenses do COAG sobre a responsabilidade no exercicio profesional da arquitectura. Abordarase a situación actual da actividade profesional dos arquitectos e as responsabilidades na obra, o urbanismo e o proceso edificatorio, incluíndo espazos de preguntas e debate para o intercambio de ideas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria de ANMARQ para a manifestación o 27 de setembro en Madrid |
|
|
| Por parte de todos os movementos, agrupacións e asociacións implicados na loita pola PASARELA Ao RETA, que agrupa entre outros fundamentalmente aos colectivos de Avogados e Procuradores xunto aos Arquitectos, Arquitectos Técnicos, Aparelladores e Químicos, convocouse unha Manifestación o próximo 27 de setembro de 2025 en Madrid. É dicir, que xunto a ANMARQ son convocantes Plataforma Pasarela ao RETA, #J2, #J2 Procura , ANAMA, VENIA, ou Marea Negra entre outros. Como as anteriores, a Manifestación comezará na Praza de España ata o Congreso, con concentración ás 11:30 e inicio ás 12:00. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Laboratorio da Paisaxe. Baixo Miño 2025 |
|
|
| Laboratorio da Paisaxe é unha iniciativa de pensamento, aprendizaxe e intervención no territorio que se desenvolve na Provincia de Pontevedra. Este 6º edición terá lugar na área paisaxística do Baixo Miño; un dos espazos naturais máis importantes do territorio galego que ten unha cultura e unha identidade propias cun intercambio cultural e social constante entre ambas marxes. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concurso de proxectos para reformular e planificar fachada marítima Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña) |
|
|
| O obxecto do concurso de ideas a nivel de anteproxectos, aberto e con intervención de xurado, consiste en definir as estratexias de ordenación do espazo público da fronte marítima da Pobra do Caramiñal, prestando especial atención á zona do mercado semanal. Concurso participado polo COAG. Ampliado o prazo ate o 23/09/2025 ás 13:00 h. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oferta de emprego da Oficina Europea de Selección de Persoal (EPSO) |
|
|
| No DOUE de 16 de setembro, publícase a Convocatoria e bases para a constitución de listas de reserva a partir das que institucións, órganos e organismos da UE poderán contratar novos funcionarios. Inclúe 75 prazas de arquitecto e 153 prazas de xestor de proxectos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de O Vicedo – Unha praza de Técnico de Urbanismo |
|
|
| No BOP-Lugo de 13 de setembro, publícanse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de técnico de urbanismo vacante no cadro de persoal do Concello do Vicedo, mediante sistema de oposición libre. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Estudo de arquitectura MMO ARQUITECTOS, con sede en A Coruña selecciona arquitecto/a asalariado. Enlace á noticia.
Estudio de arquitectos Andres Fdez Couce, con sede en Ferrol selecciona arquitecto/a asalariado. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|