 |
|
|
|
|
STONEGAL – 3, 4 & 5 JUN 2025 |
|
| Del 3 al 5 de junio de 2025, el Instituto Ferial de Vigo (IFEVI) se convertirá en el epicentro de la industria de la piedra natural. Un evento de referencia para la industria de la piedra natural, un evento único y especializado que convierte a Galicia en el punto de encuentro internacional del sector. Esta plataforma combina una exposición comercial con un congreso internacional, ofreciendo un espacio idóneo para la promoción, innovación y debate. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación do libro “Mis casas” de César Portela. Venres 6 de xuño |
|
| O Colexio de Arquitectos de Galicia e a Delegación de Pontevedra comprácense en convidarvos á presentación do libro titulado “Mis Casas”, do arquitecto César Portela, un volume que nos ofrece un percorrido íntimo polas vivendas unifamiliares proxectadas polo autor ao longo da súa dilatada traxectoria profesional, moitas delas deseñadas para amigos, ou clientes que co tempo se converteron en amigos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas "Cómo enfrontarse á xubilación" |
|
| Os vindeiros días 10 e 17 de xuño, de 19:00h a 20:30h, celebraremos dúas xornadas en liña nas que abordaremos os principais aspectos implicados no cese da actividade dos arquitectos no momento da xubilación. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontro de Seguimento do Programa “Mentoring para arquitectxs” |
|
| Este vinderio mércores 11 de xuño teremos un novo encontro aberto de seguimento do Programa “Mentoring para arquitectxs”. Nesta ocasión realizaremos unha visita ao conxunto do Mosteiro de San Martiño Pinario e, en particular, ao Pavillón Historicista (recentemente galardoado nos premios COAG) rehabilitado polos arquitectos Iago Seara e Juan Orozco, quen nos realizarán unha visita guiada polo conxunto. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia de Juan Ignacio del Cueto |
|
| O xoves 12 de xuño, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia de Juan Ignacio del Cueto Ruiz-Funes, que leva por título: «A arquitectura de Félix Candela: unha revisión dende a contemporaneidade». Esta conferencia está enmarcada na viaxe a Europa do académico e investigador mexicano, do que queremos destacar a intensa actividade editora, divulgadora e investigadora da obra do mestre mexicano Félix Candela (1910-1997). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Preguntas e respostas sobre a aplicación da normativa de protección de datos no estudo |
|
| O mércores 18 de xuño de 12:00 a 13:15 horas, Jose María Lozoya, delegado de protección de datos (DPD) do COAG, responderá a algunas das preguntas frecuentes sobre a aplicación da normativa de protección de datos no estudio, así como a aquelas que se formulen durante a sesión. Tamén tratará as posibles respostas a algúns supostos reais que poden darse en relación con esta normativa. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas "Tejidos al límite, la planificación como herramienta ante el riesgo". Ourense 26-28 xuño |
|
| A AGAU (Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas urbanistas) do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para celebrar a súa recente creación, coa colaboración da delegación de Ourense, ofreceuse para acoller as asembleas nacionais da Agrupación Nacional de Arquitectos e Arquitectas urbanistas (UAAU) e da Agrupación de Técnicos Urbanistas (AETU) colaboradores tamén do evento. Neste contexto, realizaranse unhas xornadas paralelas a estas asembleas para reflexionar sobre os novos retos aos que se enfronta a disciplina do urbanismo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Informe sobre as axudas á vivenda Actualizado 02 | 06 | 25 |
|
| Actualizado 02 | 06 | 25 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso Arquitecto/a Experto/a en Mediación y Conciliación, válido para inscribirse como Mediador/a en el Ministerio de Justicia |
|
| Con la entrada en vigor de la Ley Orgánica 1/2025, la mediación y los MASC (Medios Adecuados de Solución de Controversias) se convierten en un paso obligatorio previo a la vía judicial en conflictos civiles y mercantiles. Esta reforma no solo transforma el sistema de justicia: abre nuevas oportunidades para los/as arquitectos/as. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Taller de arquitectura “En la orilla”. 11-19 de xullo |
|
| O taller está coordinado por Juan Creus e Covadonga Carrasco e contará coa participación de Emilio Tuñón + Andrés Regueiro (TUÑÓN + ALBORNOZ Arquitectos) / Mireia Luzárraga + Alejandro Muiñou (TAKK Architecture) / Ángela García de Paredes + Ignacio Pedrosa + Luis G. Pachón (PAREDES PEDROSA Arquitectos) / Mariña Otero + Ippolito Pestellini / Juan Creus + Covadonga Carrasco (CREUSeCARRASCO Arquitectos). O obxectivo é indagar sobre o paradigma sostible utilizando como campo de traballo e residencia a illa de San Simón na ría de Vigo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Anuncio de publicación das Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima” |
|
| Informámoste de que está aberto o prazo, que durará até o 1 de agosto, para presentar solicitudes de participación no Concurso Internacional para a realización do “Máster Plan Coruña Marítima. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Documento inicial das “Bases estratégicas para el desarrollo del Proyecto Coruña Marítima” |
|
| Actualizada a 30|5|2025. Nesta páxina imos colgando toda a información recibida sobre o Porto da cidade e que podes consultar. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concurso de proxecto do edificio das entidades sociais do concello de Carballo e a súa comarca |
|
| Publicado na web de contratación do estado, o anuncio do Concurso de proxectos, de forma anónima coa intervención do Xurado, mediante un procedemento. en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta arquitectónico do proxecto do edificio das entidades sociais do concello de Carballo (A Coruña) e a súa comarca de 1.620 m2. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Entrimo: 1 praza de Arquitecto/a |
|
| No BOP Ourense de 30 de maio, publícase o Anuncio da convocatoria e bases para a selección por concurso - oposición dun/unha funcionario/a interino/a por programas, a xornada completa, arquitecto/a do Concello de Entrimo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Estudo con sede en Santiago selecciona arquitecto/a asalariado. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de maio de 2025 |
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de maio de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|