 |
|
|
|
|
Concurso de proxecto, a nivel de anteproxecto, para rehabilitación dunha edificación en ruínas para centro social multiusos no concello de Carballeda de Avia |
|
| Publicada na Plataforma de Contratación do Estado a convocatoria para a rehabilitación dunha edificación en ruínas para centro social multiusos no concello de Carballeda de Avia (provincia de Ourense) no que colaborou o COAG. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Programa segundo semestre |
|
| Xa están dispoñibles a definición, temáticas, modalidades e programación completa de #COAGconta para o segundo semestre do ano [xullo-decembro], á que iremos engadindo novedades. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fichas de inspección visual de edificios de vivendas |
|
| Actualizadas 23 | 07 | 2024. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia elaborou as presentes fichas co fin de proporcionar aos seus colexiados un protocolo de inspección visual que facilite a toma de datos in situ para a redacción do Informe de Avaliación de Edificios -IEE-, en función do esixido na súa normativa básica, e do Libro do Edificio Existente -LEE-, segundo os programas de axuda ás actuacións de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova versión comentada do DB-SUA |
|
| O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana acaba de publicar este 15 de xullo unha versión do Documento Básico de Seguridade de Utilización e Accesibilidade do Código Técnico da Edificación, acompañada de novos comentarios ao obxecto de servir de axuda na aplicación da normativa. Ademais, o pasado decembro, tamén se publicaron versións comentadas dos DB-HS Salubridade e DB-HE Aforro de Enerxía. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria de candidaturas ao III Premio “Arquitectura para un mundo mellor” de recoñecemento profesional de achega á Arquitectura |
|
| Despois do éxito das dúas primeiras convocatorias do Premio “Arquitectura para un mundo mellor” impulsadas pola Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, esta nova, amplíase a todo o ámbito de Galicia en colaboración coa Comisión de Cultura do COAG. O prazo para a presentación de candidaturas esténdese ata o próximo 13 de setembro de 2024. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria e bases dos Premios “Gran de Area 2024” |
|
| As Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense convocan unha nova edición dos Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade. O prazo de presentación rematará ás 14:00 horas do 26 de setembro de 2024. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria e bases dos Premios “Próximos 2024” |
|
| A Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca os Premios de Arquitectura “PRÓXIMOS 2024”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais DOUTROS AXENTES participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade. O prazo de presentación rematará ás 14:00 horas do 26 de setembro de 2024. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Trámite de consulta pública sobre a nova ordenanza de regulación das actuacións de rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética do Concello da Coruña |
|
| O 17 de xullo, o Concello da Coruña abriu o trámite de consulta pública, dispoñible durante 15 días (até o 7 de agosto), para que as persoas e entidades puidesen achegar as súas ideas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Documentación básica de referencia sobre o Bordo Litoral Portuario da Coruña |
|
| Como complemento á Xornada de traballo + debate sobre o Bordo Litoral Portuario, que tivo lugar o pasado 14 de xuño na Delegación de A Coruña do COAG, adxúntanse enlaces a algunha documentación básica de referencia sobre o Bordo Litoral Portuario da Coruña. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Atención exclusiva por medios telemáticos o 26 de xullo |
|
| Recórdase que o venres 26 de xullo, con motivos da ponte pola festividade do Día do Apóstolo, a atención colexial será exclusivamente telefónica e telematicamente, conforme ás indicacións do seguinte Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Atención presencial na delegación de Ferrol do 29 de xullo ao 23 de agosto (ambos inclusive) |
|
| Infórmase que, por motivos de organización interna, as oficinas da Delegación de Ferrol entre o 29 de xullo e o 23 de agosto, ambos días inclusive, só terán atención presencial os seguintes días: Martes 30 de xullo, Mércores 7 agosto, Mércores 14 de agosto e Mércores 21 de agosto. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Pontecesures _ Convocatoria para a estabilización do emprego temporal incluída na oferta de emprego público extraordinaria de 2022 |
|
| No BOPPO núm. 248, do 29 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e as bases específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización do emprego temporal do Concello de Pontecesures, incluídas na oferta de emprego público extraordinario de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no BOPPO núm. 97, do 23 de maio de 2022. Convocase o proceso selectivo para unha praza de arquitecto. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Leiro _ Convocatoria do proceso selectivo e das bases reguladoras para a estabilización do persoal temporal |
|
| No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 298, do 30 de decembro de 2022, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras dos procesos selectivos convocados polo Concello de Leiro, derivados da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Convocase o proceso selectivo para unha praza de arquitecto. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| FERNANDEZ CARBALLADA ARQUITECTURA E URBANISMO Oficina sita na Coruña oferta emprego para Arquitecto titulado con especialidade en Urbanismo ou con interese en desenvolver traballos nesta especialidade, para elaborar documentos urbanísticos e de ordenación do territorio de toda índole no territorio español. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|