 |
|
|
|
|
Proxectos seleccionados para a Mostra Nova Arquitectura Galega |
|
| Os 30 proxectos incluídos nesta mostra conforman a selección “Nova Arquitectura Galega 2024”, proposta polo COAG como símbolo dunha nova xeración que está chamada a definir os trazos da arquitectura galega no futuro. Nomes e proxectos de arquitectas e arquitectos que formulan modos de traballo abertos e transversais, xunto con temas máis pegados polo xeral á escala do pequeno e diverso, como corresponde aos inicios dunha carreira profesional, onde todo é posible e está aínda por definir. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mesa de traballo para o Proxecto Terra |
|
| Como sabedes, Proxecto Terra (https://proxectoterra.coag.es/) leva case 25 anos axudando á comunidade educativa a entender o territorio como o lugar onde habitamos. Esta iniciativa do Colexio de Arquitectos de Galicia, impulsada no seu inicio por Xosé Manuel Rosales e levada a cabo co apoio da Xunta de Galicia, naceu da necesidade de sensibilizar sobre a idea de que “aprender sobre a paisaxe e a arquitectura é saber como fomos construíndo como comunidade os espazos que habitamos, aprender do pasado para proxectar o futuro, asumir con responsabilidade a xestión deste patrimonio construído herdado, para administralo con sabedoría e traspasalo con xenerosidade”. Así, a metodoloxía desenvolvida desde Proxecto Terra convida os alumnos a observar a realidade, a entender as relacións e facer a súa propia lectura sobre os lugares que habitamos, desde o convencemento de que cambiar a mirada dos máis novos é imprescindible para alcanzar un modelo territorial sostible. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1ª Xornada do Ciclo ‘Solucións construtivas Industrializadas’ |
|
| O Observatorio 2030 do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE), en colaboración coa Asociación de Fabricantes de Viviendas Industrializadas de Hormigón en Altura (VIVIALT), poñen en marcha o ciclo ‘Solucións construtivas industrializadas’, que arrincará, o próximo 30 de maio, na Fundación Laboral da Construción, en Santiago de Compostela (Galicia). Esta primeira xornada conta co apoio, para a súa organización a nivel local, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da súa Delegación de Santiago, e de Grupo Rodiñas. Esta iniciativa busca difundir entre os/as profesionais da edificación os mellores casos de éxito levados a cabo en España. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Diálogos Polo Futuro da Economía Ourensana |
|
| O vindeiro 30 de maio, ás 9,30 horas, na sede da Confederación Empresarial de Ourense sita na Plaza das Damas nº 1, Ourense, terá lugar este almorzo empresarial no que invitamos a todos os colexiados a asistir. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Exposición Premios Enor. Charla de Óscar M. Ares “Desde la memoria” |
|
| El próximo miércoles 5 de junio, a las 19,30 horas, tendrá lugar en la Delegación de Vigo la charla de Óscar M. Ares, Finalista del Premio de Arquitectura Ascensores Enor 2023, bajo el título “Desde la memoria”, con motivo de la exposición Premios ENOR, que se podrá visitar del 29 de mayo al 10 de junio en la Delegación. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación do libro “Vigo Gresítico. Un paseo pola arquitectura viguesa dos anos sesenta do século XX” da autoría de Antonio Alonso Fernández |
|
| O vindeiro xoves 30 de maio, ás 19,30 horas no Salón de Actos da Delegación de Vigo (Doutor Cadaval, 5), o Instituto de Estudios Vigueses organiza o acto de presentación do libro do noso compañeiro Antonio Alonso Fernández. Enlace á noticia |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia de Manuel Saga |
|
| O mércores 5 de xuño, ás 19:30 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Gaming Architectural History: Por unha resignificación do paradigma a través do videoxogo que será impartida polo arquitecto Manuel “Saga” Sánchez García, investigador no Departamento de Composición Arquitectónica da ETSAM, Universidade Politécnica de Madrid. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia Müller Feijoo – Ciclo Próximos 2024 |
|
| Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar que o mércores 5 de xuño terá lugar a primeira das conferencias do ciclo Próximos 2024, a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve. Este primeiro relatorio terá como protagonista o estudo Müller.Feijoo Arquitectura que nos falarán dos seus principais proxectos e obras, que abarcan diferentes escalas, alcances e enfoques, desde a rehabilitación de vivendas a edificios de uso público. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Interoperabilidade traballos profesionais COAG-AAPP |
|
| O xoves 6 de xuño ás 12:00 horas, Rocío Lamas Pérez-Cepeda e Manuel Ángel da Cruz Blanco explicarán en que consiste o servizo de interoperabilidade coas Administracións Públicas en relación coa documentación de traballos profesionais tramitados no Colexio. Enlace á noticia |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
//CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE (2ª edición) |
|
| O xoves día 06 de xuño, ás 19.30 horas, continuamos coa 2ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Nesta cuarta e derradeira conferencia titulada RESISTENCIAS contaremos coa intevención do noso compañeiro valisoletano Óscar Miguel Ares (Contextos de Arquitectura e Urbanismo). Ao finalizar a conferencia levarase a cabo un coloquio, finalizando a xornada cun aperitivo que permita continuar a charla.: Enlace a la noticia |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Visita ás instalacións da pranta de aluminio en Cervo de ALCOA e ao estaleiro en Burela de ARMON |
|
| Coa proposta de coñecer as arquitecturas industriais de gran tamaño, a súa resolución construtiva e a súa interacción no territorio, a delegación en Lugo do COAG organiza unha xornada de convivencia para os/as seus/súas colexiados/as con visita ás instalacións da planta de aluminio en Cervo de ALCOA e ao estaleiro en Burela de ARMON o próximo día xoves 6 de xuño. Enlace á noticia |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|