Axenda
Boletín de Información 8 - 2024

Colexio | Emprego | Normativa


Colexio

Conferencia de n´Undo Oficina Técnica (n´OT)_Premio Nacional de Urbanismo 2022 CSCAE [CSTU 24-25]

Publicación: 19 de febreiro  
Hoxe mércores, 21 de febreiro, dará comezo a edición 2024-2025 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo, que o COAG organiza en colaboración coa EGAP. A conferencia inaugural “Intervención no territorio e cidade desde o Non facer, Refacer e Desfacer” será impartida ás 17,30 h. por Verónica Sánchez Carrera, en representación de n´Undo Oficina Técnica (n’OT), Premio Nacional de Urbanismo 2022 CSCAE polo Plan n’2030 #Manilva: hacia una Agenda Urbana Local.
A asistencia á conferencia inaugural estará aberta ao público ata esgotar o aforo dispoñible. Para asistir, é necesario inscribirse
Enlace á noticia.

Últimos días da Convocatoria para a selección de participantes na “Mostra Nova Arquitectura Galega”

Publicación: 14 de febreiro  
Mañá xoves 22 de febreiro remata o prazo de solicitudes de participación. Poden participar todos/as os/as arquitectos/as menores de 40 anos e vencellados/as a Galicia que sexan autores/as de proxectos, accións, ou intervencións.
Enlace á noticia.

Conferencia Manuel Bugallo Otero – “As paisaxes invisibles: diálogos no territorio”

Publicación: 12 de febreiro  
Hoxe mércores 21 de febreiro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia “As paisaxes invisibles: diálogos no territorio”. Impartida polo noso compañeiro arquitecto Manuel Bugallo Otero, integrante do equipo multidisciplinar BUO ESTUDIO Arquitectura & Paisaxe, con sedes en Vigo e Cidade de México.
Enlace á noticia.

#COAGconta: Ponte térmica

Publicación: 19 de febreiro  
Este xoves 22 de febreiro ás 12:00 horas, Rafael Fernández Vale e Juan Manuel Ferreiro Oliva falarannos sobre a ponte térmica (descontinuidade) analizada como unha variación da transmitancia ou da xeometría. Sobre cómo o contemplan CE3X e HULC, a perda de enerxía e os procesos patolóxicos.
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición.
Enlace á noticia.

Presentación da Guía Veciñal de Rehabilitación

Publicación: 1 de febreiro  
O vindeiro sábado 24 de febreiro, na Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), a Presidenta do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), Marta Vall-Llossera Ferrán, o Decano do COAG, Luciano González Alfaya e o Presidente da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV), Julio Molina Barthe, presentarán a Guía veciñal para a rehabilitación e o vídeo Rehabilitar, paso a paso.
Enlace á noticia.

Ciclo Territorios Análogos

Publicación: 21 de febreiro  
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e maila súa Delegación de Santiago, organizan este ciclo de 6 conferencias, no que especialistas en urbanismo e ordenación do territorio exporán diferentes experiencias levadas a cabo fóra de Galicia, que poderían guardar certa analoxía coa nosa realidade territorial.
Enlace á noticia.

Actualización de Utilidades COAG. Normativa de Obrigado Cumprimento

Publicación: 15 de febreiro  
Está dispoñible para todos aqueles colexiados con alta neste servizo, o listado de normativa de obrigado cumprimento actualizado a 15 de febrero de 2024, recollendo todas as novidades lexislativas publicadas desde a actualización anterior de 31 de agosto de 2023.
Enlace á noticia.

Fin do prazo para redactar o Informe de Avaliación de Edificios

Publicación: 20 de febreiro  
O vindeiro 20 de maio finaliza o prazo para redactar o Informe de Avaliación de Edificios que cumpran os 50 anos de antigüidade un ano antes.
Enlace á noticia.

Delegación de Ferrol – Cocido de Entroido 2024

Publicación: 20 de febreiro  
A Xunta Directiva da Delegación de Ferrol está a organizar unha comida de entroido para o vindeiro venres día 1 de marzo, ás 15.00 horas, no restaurante do Hotel Almirante (rúa María 1) coa intención de xuntarnos, compartir experiencias, anécdotas e sobre todo pasalo ben.
Enlace á noticia.

TAC! Festival de Arquitectura Urbana abre convocatoria para el diseño de dos pabellones

Publicación: 21 de febrero  
La Secretaría General de Agenda Urbana, Vivienda y Arquitectura del Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana, en colaboración con la Fundación Arquia, convocan este concurso de ideas dirigido a jóvenes arquitectos con edades comprendidas hasta los 45 años.
Enlace a la noticia.

Últimas actuacións en defensa da profesión

COAGActua  

Convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial

Publicación: 19 de febreiro  
No DOG de 9 de febreiro anunciase a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos. Bases reguladoras, selección de entidades colaboradoras e convocatoria 2024, do Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.
Enlace á noticia.

Convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial

Publicación: 19 de febreiro  
No DOG de 9 de febreiro, anúnciase a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos. Bases reguladoras, seleccións de entidades colaboradoras e convocatoria 2024, do Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.
Enlace á noticia.

Informe sobre as axudas á vivenda

Publicación: 16 de febreiro  
Actualizado 16 | 02 | 24 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Enlace á noticia.

Emprego

Ministerio de Hacienda – 40 plazas Cuerpo Superior de Gestión Catastral

Publicación: 19 de febrero  
En el BOE de 19 de febrero, se anuncia la Resolución de 13 de febrero de 2024, de la Subsecretaría, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre y promoción interna, en el Cuerpo Superior de Gestión Catastral del Ministerio de Hacienda.
Enlace a la noticia.

Concello de Padrón – Unha praza de arquitecto/a

Publicación: 15 de febreiro  
No BOP-A Coruña de 12 de febreiro publícase o anuncio de Convocatoria do procedemento de selección, mediante o sistema de concurso, para a cobertura dunha (1) praza de persoal laboral fixo de arquitecta/o para a estabilización do emprego temporal incluídas na oferta de emprego público.
Enlace á noticia.

Ofertas de emprego

Emprego  


Normativa

Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de febreiro de 2024

Publicación: 16 de febreiro  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de febreiro de 2024. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia.

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube
Ivoox

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400