Axenda
Boletín de Información 44 - 2023

Colexio | Emprego | Eventos | Normativa


Colexio

Curso Taller sobre a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios e o Libro do Edificio Existente

Publicación: 25 de outubro  
O obxectivo do curso é elaborar, a través dun taller práctico, o Libro do Edificio Existente dun edificio real. O edificio escollido para iso é o edificio Apolo, en Santiago de Compostela.
Enlace á noticia.

Resultado da oferta de becas para o Máster en Deseño & Construción en Madeira de CESUGA 2023/2024

Publicación: 30 de outubro  
En relación coa convocatoria realizada pola cal se poñían a disposición dos colexiados, de 35 anos ou menos, 10 becas para cursar o novo Máster en Deseño & Construción en Madeira, ofertado por CESUGA en 2023/2024, dentro do convenio de colaboración asinado polas dúas entidades en setembro de 2022, unha vez rematado o prazo de inscrición, infórmase do resultado do proceso.
Enlace á noticia.

Ampliación de prazo de solicitudes “Mentoring para arquitectxs 2023” – Delegación de Santiago de Compostela

Publicación: 26 de outubro  
Ampliado o prazo ate o venres 3 de novembro. A Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia anuncia a apertura da primeira convocatoria do Programa “Mentoring para arquitectxs 2023” no ámbito da nosa Delegación.
Enlace á noticia.

Delegación da Coruña – Conferencia de Carolyn Steel

Publicación: 31 de outubro  
O martes 7 de novembro, ás 19:30 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia Sitopia: como os alimentos poden salvar o noso territorio, que será impartida pola arquitecta e investigadora británica, Carolyn Steel, figura de referencia a nivel global no eido da relación entre a comida e as cidades e autora dos libros Hungry City (2008) e Sitopia (2020); publicados en España como Ciudades hambrientas (2020) e Sitopía (2022). Dúas obras que resultan esenciais para comprender de que maneira as formas de producir os alimentos moldean as nosas cidades, así como tamén as implicacións da nosa forma de consumir alimentos na saúde das mesmas.
Enlace a la noticia.

Concello de Lugo – apertura do proceso de recepción de achegas sobre a nova ordenanza do IAE

Publicación: 3 de novembro  
O pasado 31 de outubro recibimos un escrito dende alcaldía de Lugo para informarnos sobre o proceso de recepción de achegas sobre a nova ordenanza de IAE que están por redactar.
Enlace á noticia.

Texto consolidado do Decreto 29/2010, do 4 de marzo de 2010, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia

Publicación: 27 de outubro  
Está dispoñible o texto consolidado do Decreto 29/2010, tras a recente modificación das Normas de Habitabilidade de Vivendas publicadas no DECRETO 128/2023.
Enlace á noticia.

Actualización de Utilidades COAG: Prego de condicións de edificación

Publicación: 19 de outubro  
Está dispoñible, para todos aqueles colexiados con alta no servizo de Utilidades Técnicas, a actualización do modelo do Prego de condicións de edificación actualizado a 26 de outubro de 2023, recollendo todas as novidades lexislativas publicadas dende a actualización anterior de 22 de maio de 2019.
Enlace á noticia.

Atención presencial na delegación de Ferrol na semana do 30 de outubro ao 3 de novembro

Publicación: 25 de outubro  
Infórmase que, por motivos de organización interna, as oficinas da Delegación de Ferrol na semana do 30 de outubro ao 3 de novembro, só terán atención presencial o martes 31 de outubro e o xoves 2 de novembro. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poidan causar.

Listas de peritos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o ano 2024

Publicación: 18 de outubro  
Infórmase da apertura da convocatoria para configurar todas as modalidades de listas de peritos organizadas polo COAG para o exercicio 2024, establecendo un prazo no que todos os colexiados interesados podan solicitar a súa incorporación.
Enlace á noticia.

Guía veciñal de rehabilitación. CEAV. CSCAE

Publicación: 26 de outubro  
A Guía veciñal para a rehabilitación e o vídeo Rehabilitar, paso a paso, que son froito do traballo da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV) e o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), pódense descargar desde aquí.
Enlace á noticia.

Emprego

Prazas de arquitecto/a – Concellos de Allariz e O Bolo

Publicación: 30 de outubro  
No BOE de 26 de outubro aparece o anuncio do Concello de O Bolo de convocatoria para proveer varias prazas, entre as que figura unha praza de arquitecto/a.
No BOE de 30 de outubro aparece o anuncio do Concello de Allariz de convocatoria para proveer varias prazas, entre as que figura unha praza de arquitecto/a.
Enlace á noticia.

Oferta de emprego

Publicación: 26 de outubro  
Estudo de arquitectura Andrés F. Couce con sede en Ferrol, selecciona arquitecto/a para desarrollar proxectos completos de edificación.
Enlace á noticia.

Eventos

Conferencia-coloquio con David Chipperfield, Premio Pritzker 2023

Publicación: 2 de novembro  
O arquitecto David Chipperfield, gañador do Premio Pritzker de Arquitectura 2023, manterá un encontro aberto coa cidadanía que se desenvolverá no Centro Galego de Arte Contemporánea, o 8 de novembro ás 19.00 horas. O evento é de acceso libre ata completar a capacidade do espazo.
Enlace á noticia.

Construción do Benestar e Sistemas de Reforzo Estrutural_KERAKOLL

Publicación: 25 de outubro  
KERAKOLL organiza unha xornada técnica presencial co fin de reforzar a formación sobre a construción do benestar e os sitemas de reforzo estrutural en proximas datas:
08 de novembro – Coruña
09 de novembro – Vigo.
Enlace á noticia.

Normativa

Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de outubro de 2023

Publicación: 2 de novembro  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de outubro de 2023. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia.

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400