Axenda
Boletín de Información 37 - 2023

Colexio | Emprego | Eventos


Colexio

Celebrado o primeiro dos actos conmemorativos do 50 aniversario do COAG

Publicación: 13 de setembro  
Asinado o protocolo para a creación do Arquivo de Arquitectura de Galicia e presentación do libro “La arquitectura de Galicia. Dos mil años de historia”, de José Ramón Alonso Pereira.

O martes 12 de setembro, celebrouse no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, o primeiro dos actos conmemorativos do 50 aniversario do COAG. Neste acto o Decano Luciano G. Alfaya e o Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, asinaron o protocolo para a creación do Arquivo de Arquitectura de Galicia, cuxa sede será o edificio do Arquivo e Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Enlace á noticia.

Conferencia “Mobilidade descarbonizada en Santiago. Plans de Mobilidade e Acción en Goberno” Pau Noy

Publicación: 13 de setembro  
Para conmemorar a Semana Europea da Mobilidade (SEM) 2023, que se celebrará do 16 a 22 de setembro, a Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza esta conferencia sobre a “descarbonización da mobilidade en Santiago” que será impartida polo enxeneiro Pau Noy.
Enlace á noticia.

Segue o apoio do COAG á solicitude de inclusión da zapatería de Francisco Alonso no catálogo de elementos protexidos da Comunidade de Madrid

Publicación: 8 de setembro  
En relación á recente e crítica situación que poidera apuntar á desaparición da paradimática obra de arquitectura, coñecida como a zapatería do arquitecto D. Francisco Alonso, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia segue a significar o seu apoio no rescate do patrimonio moderno. Os valores patrimoniais de obras de singularidade como a que se refire, son exemplo das máis altas cualidades arquitectónicas dun pasado recente, nas que se apoiará a mellor arquitectura do futuro.
Enlace á noticia.

Xornada de casos de éxito: Casa Palomar

Publicación: 7 de setembro  
O martes 3 de outubro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra outra xornada sobre casos de éxito de arquitectura sostible con esta vivenda entre medianeiras de Goretti Díaz Cristóbal no Carballiño.
Enlace á noticia.

Xornada de asesoramento sobre o IAE

Publicación: 5 de setembro  
O luns 18 de setembro, entre as 16:30 e as 20:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha xornada de asesoramento sobre o IAE, Informe de Avaliación de Edificios, impartida por técnicos do Servizo de Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña.
Enlace á noticia.

Convocatoria de candidaturas ao II Premio “arquitectura para un mundo mellor” de recoñecemento profesional de achega á arquitectura

Publicación: 5 de setembro  
Sendo conscentes do valor aportado por outros profesionais no resultado final do noso traballo como arquitectos, dende a Xunta Directiva de Santiago quérese facer un recoñecemento explícito a aqueles que nos acompañan no proceso de xeito excepcional. Ate o 15 de setembro.
Enlace á noticia.

Apertura da plataforma de presentación de candidaturas aos Premios Gran de Area 2023

Publicación: 30 de agosto  
Infórmase da apertura da plataforma online de xestión de premios da web colexial, para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2023», que estará dispoñible ate as 14:00 horas do 28 de setembro de 2023.
Enlace á noticia.

XORNADA SOBRE SATE: Unha solución versátil para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios

Publicación: 13 de setembro  
O xoves 14 de setembro ás 12 horas terá lugar esta xornada dirixida a arquitectos/as e a profesionais do sector da construción, en xeral, sobre as posibilidades do SATE, organizado polo Observatorio2030 do CSCAE e a Asociación Nacional de Fabricantes de Morteiros e SATE (ANFAPA).
Enlace a la noticia.

Emprego

Concello de Maside – Unha praza de arquitecto/a

Publicación: 12 de setembro  
No BOE de 11 de setembro publícase a Resolución de 31 de agosto de 2023 do Concello de Maside (Ourense) referente á convocatoria para proveer varias prazas, entre as que figura unha praza de arquitecto/a.
Enlace á noticia.

Oferta de formación por beca FEUGA

Publicación: 7 de setembro  
Estudio de arquitectura con sede en A Coruña selecciona arquitecto/a para formación por beca FEUGA .
Enlace á noticia.

Eventos

Xornada técnica online _ cubertas verdes

Publicación: 11 de setembro Xoves 28 de setembro
Sesión online para explicar aspectos básicos dos sistemas de cubertas verdes ZinCo.

– Tipoloxía de cubertas verdes – Criterios e aspectos de deseño das cubertas verdes – Sistemas de cubertas verdes ZinCo según tipoloxía e xestión da agua – Sistemas de cubertas verdes biosolares – Sistemas de seguridade e protección contra caídas para cubertas verdes.
Enlace á noticia.

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400