Axenda
Boletín de Información 24 - 2023

Colexio | Concursos  | Convocatorias | Emprego | Eventos


Colexio

Eleccións a Vogal libre da Xunta de Goberno: renuncia de candidatos, programas electorais e actualización de papeleta

Publicación: 13 de xuño  
Tal e como se informa na Circular 16 2023, presentouse a renuncia de varias candidaturas ás eleccións a Vogal libre da Xunta de Goberno a celebrar o vindeiro 27 de xuño. Tamén se procedeu á difusión dos programas electorais das candidaturas restantes.
Enlace á noticia.

Plantilla editable do Libro do Edificio Existente

Publicación: 14 de xuño  
Actualizada xuño 2023 | Está dispoñible para os colexiados/as esta plantilla do CSCAE para o Libro do Edificio Existente, LEE, que nos guiará na súa redacción pois inclúe observacións e advertencias útiles.

Hai que ter en conta que o LEE é requisito indispensable para a presentación das axudas para edificio e barrio dos fondos Next Generation e das que en breve o IGVS presentará as convocatorias. E, doutra banda, é un documento necesario para os edificios anteriores a LOE, que non contan con libro do edificio.
Enlace á noticia

Ciclo de conferencias Believers! 3.0 – Corrección de erros

Publicación: 8 de xuño  
Detectados erros no horario das charlas do 14 de xuño e no lugar de celebración do 15 de xuño, procédese a informar dos datos correctos.
Despois do éxito das anteriores convocatorias, o mércores 14 de xuño chega á Delegación de A Coruña do COAG a terceira edición de Believers.  Believers! 3.0 Quere ser unha mirada a esa xeración de arquitectos/as que cren na disciplina revisitada e que aínda militan na capacidade da arquitectura como elemento transformador. En dúas xornadas desenvolveranse unha serie de conferencias con diferentes profesionais que, dende a súa experiencia, van relatar a persistencia do arquitecto, en tanto que actor social.
Enlace á noticia

Delegación da Coruña – Exposición “Arquitecturas en curso 2022-23

Publicación: 8 de xuño  
Exposición organizada por: DPAUC. Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición + Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Enlace á noticia

Curso de Cálculo Sísmico en Estructuras de Madera

Publicación: 14 de junio  
Formación en cálculo sísmico en estructuras de madera mediante clases teóricas presenciales y clases online en diseño y cálculo a través de software especializado a través de casos concretos. También se abordará la investigación experimental actual. Para impartir la formación se cuenta con profesionales de alto prestigio internacional y experiencia en este ámbito.
Enlace a la noticia

Gravación da Xornada de casos de éxito: Rehabilitación do centro galego de innovación da formación profesional

Publicación: 12 de xuño  
Está dispoñible a gravación da xornada 05 Rehabilitación do centro galego de innovación da formación profesional
Rúa Ramón Abellas nº4 Ourense
Alexandra Estefanía Vázquez Müller | Roi Feijóo Rey | Santiago García Camacho.
Enlace á noticia

Gravación do Clube de Lectura Hai Mulleres – Marilar Aleixandre “As malas mulleres”

Publicación: 12 de xuño  
Está dispoñible en Canal COAG a gravación da sesión do pasado 8 de xuño do ciclo do Clube de Lectura Hai Mulleres, na que leímos o libro “As malas mulleres”, Premio Nacional de Narrativa 2022, xunto coa autora Marilar Aleixandre e contamos coa compañía de Teresa Táboas.
Enlace á noticia

Saúde e arquitectura 03: O benestar e o confort dun espazo interior recae sobre todo nas características físicas dos materiais que o compoñen

Publicación: 9 de xuño  
Consulta co teu arquitecto como conseguir que o confort, a saúde e o benestar no interior do teu espazo sexan óptimos.
Enlace á noticia

Concursos

Concurso de Arquitectura – ASEMAS Proyecto Final de Carrera 2023

Publicación: 2 de junio  
ASEMAS con el fin de ofrecer apoyo a los jóvenes arquitectos españoles, incentivando el reconocimiento de la calidad y competencia profesional, presenta la V Edición del Concurso PFC de Arquitectura ASEMAS 2023, en el que se valorará el esfuerzo de materialización de la idea, concreción de las soluciones, trabajo y originalidad en los detalles constructivos, así como el conocimiento de las normativas aplicables.
Enlace á noticia.

Concurso de redacción de estudo de detalle, redacción de proxecto e dirección de obra para a construción de 66 vivendas de promoción pública en Ourense

Publicación: 23 de maio  
Ampliado en 35 días naturais o prazo de presentación de ofertas da licitación da Contratación do servizo de redacción de estudo de detalle, redacción de proxecto e dirección de obra para a construción de 66 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes e rochos nas parcelas 5, 6 e 7 do SU-48, Polígono 1, Praza de Cambedo de Raia Ourense.
Enlace á noticia.

Concurso de redacción de proxecto e dirección de obra para a construción de 20 vivendas de promoción pública no Concello de Mos (Pontevedra)

Publicación: 23 de maio  
Ampliado en 30 días naturais o prazo de presentación de ofertas da licitación da Contratación do servizo de redacción de proxecto e dirección da obra para a construción de 20 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes e rochos, no Barrio de San Eleuterio -Tameiga, polígono 52-parcela 702, do Plan Parcial de San Eleuterio, Concello de Mos (Pontevedra).
Enlace á noticia

Convocatorias

CESUGA Premio Pino de Galicia

Publicación: 25 de mayo Hasta las 10,00 h. del 20 de junio
El Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) ha impulsado, en colaboración con la Marca de Garantía Pino de Galicia, la creación de un nuevo concurso para distinguir los mejores proyectos de arquitectura que utilicen la madera como material preferente para su ejecución y realizados en cualquier punto de la península ibérica.
Enlace a la noticia

Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2023

Publicación: 10 de maio Ata o 30 de xuño.
No ano 2023 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS PRIVADAS NO PATRIMONIO CONSTRUÍDO E A SÚA CONTORNA, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións que recuperen o patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna.
Enlace á noticia

Emprego

Ofertas de emprego

Emprego  


Eventos

Xornada Técnica de inxenería acústica en edificación _ xustificación HR CTE Ruido

Publicación: 14 de xuño Xoves 15 de xuño
ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN
AA SMART ENVIRONMENT celebra unha xornada OnLine xustificación HR CTE Ruido presentación de casos éxito, acústica en edificios en estrutura de madeira, tratamento antivibratorios de edificios afectados por infraestruturas ferroviarias e solucións construtivas singulares.
Enlace á noticia

Xornada técnica presencial _ CUBERTAS E FACHADAS AXARDINADAS

Publicación: 12 de xuño     
xoves, 22 de xuño –  Instalacións de Pintega Xardins

ZinCo Cubertas Ecolóxicas e Terapia Urbana, empresas punteiras en solucións técnicas e produtos de cubertas e fachadas axardinadas, exporán coñecementos e detalles técnicos, para un correcto deseño de proxectos, xunto á empresa especialista na instalación destes sistemas, Pintega Xardins, cuxos técnicos desenvolverán exemplos de obras executadas.
Enlace á noticia.

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400