|
Colexio| Emprego | Eventos | Normativa
Colexio
Convocatoria da Xunta Xeral ordinaria do mes de decembro de 2022
Publicación: 15 de novembro |
|
 |
Tal e como se anuncia na Circular 28 2022, convócase a Xunta Xeral ordinaria do mes de decembro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que terá lugar o 20 de decembro nas oficinas centrais de Santiago de Compostela.
Enlace á noticia.
|
Listas de peritos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o ano 2023
Publicación: 10 de novembro |
|
 |
Infórmase da apertura da convocatoria para configurar todas as modalidades de listas de peritos organizadas polo COAG para o exercicio 2023, establecendo un prazo no que todos os colexiados interesados podan solicitar a súa incorporación.
Enlace á noticia.
|
Apertura da plataforma de presentación de candidaturas aos XX Premios COAG de Arquitectura
Publicación: 9 de novembro |
|
 |
Tal e como se anunciou na Circular 23 2022, convocouse a vixésima edición dos Premios COAG de Arquitectura (2020-2022), a conceder a obras de arquitectura nas categorías que se indican, realizadas no ámbito territorial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Na Circular 25 2022 se anuncia a apertura da plataforma de presentación de candidatura.
Enlace á noticia.
|
Aberta matrícula cursos COAG-EGAP novembro_decembro 2022
Publicación: 7 de novembro |
|
 |
Está aberta a matrícula dos cursos coorganizados polo COAG e a EGAP para os meses de novembro e decembro. O itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio está formado polo Curso de Técnico Superior en Urbanismo, actualmente en desenvolvemento, e unha serie de cursos de 32 horas, que teñen a consideración de módulos optativos para os alumnos do Curso Superior e que poden cursarse ao mesmo tempo de forma independente. Este ano convócanse 3 módulos que se desenvolverán durante os meses de novembro e decembro, cos seguintes programas:
- Laboratorio de renovación urbana e rexeneración urbanística.
- Procedemento administrativo e contratación pública no urbanismo.
- A regulación, xestión e planificación adaptativa da costa.
Enlace á noticia.
|
Xornada en liña sobre o complemento ipSubvenciona para Ce3X
Publicación: 14 de novembro |
|
 |
O venres 18 de novembro, de 12:00 a 13:30 horas, o COAG e Saint-Gobain -Isover / Placo- e Efinovatic celebrarán unha xornada en liña sobre o Complemento ipSubvenciona para Ce3X que ofrece asesoramento na selección e instalación de sistemas para a mellora da eficiencia enerxética dos edificios, realizando a simulación enerxética das medidas de mellora implementadas nunha rehabilitación e analizando a que subvencións vai ter acceso e en que contía.
Enlace á noticia |
Segunda jornada del ciclo “La Casa Invisible 2022”
Publicación: 16 de novembro |
|
 |
El miércoles, 23 de noviembre, se celebra la segunda edición del ciclo de conferencias “La Casa Invisible” que organiza la delegación de Santiago del Colegio de Arquitectos. Al igual que en la edición anterior, este ciclo se celebra en colaboración con el “Cluster Saúde de Galicia” y, en esta ocasión, colaboran el “Clúster de la Madera y el Diseño de Galicia” y la “Escuela de Arquitectura de A Coruña”.
Enlace a la noticia |
//Ciclo de conferencias //Al Norte //17 de novembro //19.00 horas
Publicación: 16 de novembro |
|
 |
Mañá xoves día 17 de novembro, ás 19.00 horas, iniciamos a 1ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Enlace á noticia |
Sentenza do TSXG que estima o recurso do COAG e anula Instrución do Concello da Coruña
Publicación: 15 de novembro |
|
 |
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 306/2022, de 18 de xullo, que estima o recurso do COAG e anula a “Instrución do Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística para delimitar as competencias legais dos arquitectos técnicos e arquitectos para proxectar obras para cambios de uso en edificios existentes, na tramitación das licenzas urbanísticas” do Concello da Coruña.
Enlace á noticia |
Informe sobre as axudas á vivenda
Publicación: 15 de novembro |
|
 |
Actualizado 15 | 11 | 22 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Enlace á noticia
|
Proxecto Terra- Seminario Xentes, Espazos e Lugares “A construción colectiva do habitar”
Publicación: 4 de novembro |
17 de novembro - 18,00 horas |
 |
Desde o ProxectoTERRA dámosvos a benvida á 2ª edición do seminario Xentes Espazos e Lugares. Grazas ao convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), a Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda e máis a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o ProxectoTERRA dá continuidade por medio destas tres xornadas ao seu programa cultural Xentes Espazos e Lugares, iniciado no ano 2008 na cidade de Vigo.
Enlace á noticia
|
Emprego
Ofertas de emprego
Eventos
Xornadas profesionais construción-INFOCONSTRUCIÓN e DPARQUITECTURA
Publicación: 15 de novembro |
Xoves, 1 de decembro - Hotel Zenit – Vigo |
 |
Os salóns do Hotel Hotel Zenit Vigo (Gran Vía, 1) acollen o día 1 de decembro unha nova xornada profesional sobre NOVAS SOLUCIÓNS PARA A CONSTRUCIÓN E REHABILITACIÓN MODERNA organizada por Infoconstrucción e DPArquitectura. Os profesionais da arquitectura e a construción terán a oportunidade de coñecer de primeira man as novidades que presenta o sector. Xa é posible reservar praza gratuíta.
Enlace á noticia |
Jornada informativa seguro resposabilidad civil profesional
Publicación: 11 de noviembre |
|
 |
El próximo martes 22 de noviembre de 2022, a las 16,30 horas, la Asociación Galega de Arquitectos realiza una Jornada informativa para dar a conocer las propuestas de seguro de responsabilidad civil.
Enlace a la noticia |
Inauguración da exposición “Obra reciente” de Carlos Montero
Publicación: 11 de novembro |
Xoves, 1 de decembro - Hotel Zenit – Vigo |
 |
O vindeiro 15 de novembro, ás 19,30 horas, terá lugar na Galería de Arte Contemporáneo José Lorenzo en Santiago, a inauguración da exposición “Obra reciente” do compañeiro Carlos Montero.
Enlace á noticia |
Xornadas – SIKA: Rehabilitación e eficiencia dos edificios / Pavimentos
Publicación: 4 de novembro |
|
 |
Delegación COAG — FERROL – 15 de Novembro
Delegación COAG — LUGO – 17 de Novembro
Delegación COAG — OURENSE – 29 de Novembro
Delegación COAG — SANTIAGO – APLAZADO SIN FECHA.
Enlace á noticia
|
Xornada-Presentación solucións de recarga de vehículo eléctrico e a súa normativa
Publicación: 3 de novembro |
|
 |
Xoves, 24 de Novembro – 11h30
Poligono de Alvedro – Culleredo ( A Coruña)
Presentaranse as solucións que SIMON ofrece en punto de recarga de vehículo eléctrico e a súa xestión. Xa se pode reservar praza gratuitamente.
Enlace á noticia
|
Xornada Beissier SAU – rehabilitación con SATE, aislamento Beissier Therm
Publicación: 9 de novembro |
|
 |
Xoves, 30 de Novembro
A ponencia aborda as dúas esixencias básicas dunha rehabilitación con SATE: os puntos crave a verificar durante a posta en obra, de cara a evitar a posterior aparición de patoloxías derivadas dunha incorrecta execución, e o amplo abanico de acabados e estéticas que o sistema ofrece.
Enlace á noticia
|
Normativa
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de novembro de 2022
Publicación: 16 de novembro |
|
 |
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de novembro de 2022. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia |
|
|
|
|
|