Axenda
Boletín de Información 4 - 2021

Colexio |Convocatorias |Emprego | Normativa


Colexio

Indicacións sobre mobilidade no marco das novas medidas restrictivas da Xunta de Galicia con motivo da pandemia por COVID-19 (27/01/2021)

Publicación: 28 de xaneiro  
Medidas Covid En relación coas novas medidas restrictivas adoptadas pola Xunta de Galicia con motivo da pandemia motivada polo COVID-19, as cales se aplicarán entre o día 27/01/2021 e terminarán ás 00.00 horas do día 17/02/2021, refírese a continuación unhas indicacións sobre mobilidade conforme á normativa correspodente.
Enlace á noticia

Actuacións en defensa da profesión

COAG-Actua
10/12/2020 O Concello de Bande desestimou o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da licitación para contratar os servizos de arquitectura para a redacción do proxecto técnico de execución de rehabilitación integral da Reitoral de Santa Comba.
14/12/2020 Escrito do COAG á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en relación á "Información pública de la declaración de la necesidad de ocupación". "Proyecto Constructivo para la supresión de los Pasos a Nivel de los PP.KK. 428/980 y 429/811 de la Línea León-A Coruña".
12/01/2021 O COAG interpón recurso de reposición en impuganción da licitación do Concello de Lugo para a contratación do Servizo de dirección facultativa das obras do Edificio  de Benestar Social Aquilino Iglesia.
25/01/2021 O COAG comparece e constitúese en parte no procedemento xudicial tramitado como Procedemento Ordinario 46/2020 no Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, iniciado por recurso contencioso administrativo interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños en impugnación da licitación do Concello de O Saviñao para contratar o servizo de asesoramento técnico urbanístico.
27/01/2021 O COAG presenta ante a Delegación Provincial de Costas de Pontevedra alegacións á solicitude de concesión para ocupación de bens de dominio público marítimo terrestre para “Vial de conexión entre a Avenida de Marín e a Rúa Rosalía de Castro”, no termo municipal de Pontevedra (nº de referencia: CNC02/20/36/0003).

Convocatorias

Convocadas para o ano 2021 as subvencións para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Publicación: 3 de febreiro  
Subvencions Plan Vivenda No DOG de 2 de febreiro, publícase a resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se convocan as axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021.
Enlace á noticia

Convocada 15ª reunión del GuBIM Galicia el sábado 6 de febrero de 2021, a las 11:30 h, a través de videoconferencia

Publicación: 1 de febrero  
Reunion GuBIM Galicia El tema a tratar será Nomenclatura de elementos y documentos BIM con Miguel Morea como ponente. El programa y  los datos de la jornada están en el post de la página web del guBIM Galicia.
Enlace a la noticia

Emprego

Ofertas de emprego

Ofertas de emprego  


Normativa

Publicado o Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia

Publicación: 2 de febreiro  
Normativa Xaneiro Publicado no DOG o 1 de febreiro o decreto polo que se aproba a nova normativa, a primeira deste tipo na comunidade e cuxas consideracións deberán ser integradas en todas as iniciativas que se promovan co fin de protexer os valores paisaxísticos, que entrará en vigor o 20 de febreiro.
Enlace á noticia

Normativa e acordos de interese publicados en boletíns no mes de xaneiro de 2021

Publicación: 1 de febreiro  
Normativa Xaneiro Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese do mes de xaneiro de 2021. Dita listaxe, estará disponible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, no seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia

Planeamento urbanístico – xaneiro de 2021

Publicación: 1 de febreiro  
Planeamento xaneiro Planeamento urbanístico publicado no mes de xaneiro de 2021 no Diario Oficial de Galicia e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.
Enlace á noticia

Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720