Colexio |Concursos |Eventos|Normativa
Colexio
Ampliación de prazo para solicitar a asistencia presencial á Xunta Xeral ordinaria de 17 de decembro
Publicación: 14 de decembro |
|
 |
Infórmase que ate o propio día 17 de decembro, ás 12,00 horas, estará aberto o prazo de solicitude para asistencia presencial á Xunta Xeral ordinaria do mes de decembro.
Enlace á noticia |
Aclaracións sobre a documentación relativa ao presuposto 2021
Publicación: 11 de decembro |
|
 |
Indícase que xa está dispoñible, no apartado web de información da Xunta Xeral na web colexial para coñecemento dos colexiados, o documento co detalle da previsión de gastos e ingresos de cada delegación colexial para o exercicio 2021. Esta previsión de gastos e ingresos das delegacións consiste nunha descrición detallada das partidas e/ou actividades ás que cada delegación destina a asignación presupostaria colexial, conforme ao aprobado polas correspondentes Xuntas de delegacións celebradas no pasado mes de novembro.
Enlace á noticia |
Peche de oficinas colexiais durante o Nadal
Publicación:11 de decembro |
|
 |
Infórmase que, como en anos anteriores, todas as oficinas colexiais permanecerán pechadas a véspera dos días de Nadal e Aninovo, os días 24 e 31 de decembro. Tamén se informa de seguido do peche de Delegacións, debido ás vacacións do persoal.
Enlace á noticia |
Informe técnico: Ámbito de aplicación das telecomunicacións
Publicación: 16 de decembro |
|
 |
Polo seu interese e debido aos erros detectados no servizo de visado á hora de realizar a supervisión de proxectos e memorias técnicas, e para evitar retencións na súa tramitación, dende a área técnica preténdese lembrar o ámbito de aplicación das telecomunicacións.
Enlace á noticia |
Memoria gráfica 2020 CSCAE
Publicación: 16 de diciembre |
|
 |
«Ha sido un año difícil.
Sin haber abandonado la situación provocada por la crisis financiera, afrontamos la pandemia e intentamos avanzarnos a sus efectos, aprovechando e impulsando oportunidades.»
Lluís Comerón, presidente del CSCAE, sobre 2020 y el esfuerzo compartido.
Enlace a la noticia |
Peche da Delegación de Pontevedra o 17 de decembro
Publicación: 14 de decembro |
|
 |
Infórmase que, debido a motivos de organizaicón interna, a Delegación de Pontevedra permanecerá pechada o 17 de decembro.
Enlace á noticia |
Asinado un convenio coa Deputación da Coruña para axilizar a tramitación de licenzas urbanísticas nos concellos da provincia
Publicación: 12 de decembro |
|
 |
Comezará a aplicarse inicialmente en Betanzos, Rianxo, Abegondo e Cambre, e suporá una minoración de custos económicos e de cargas administrativas para as persoas tanto físicas coma xurídicas usuarias do servizo.
Enlace á noticia |
Atención colexial durante o Nadal
Publicación: 11 de decembro |
|
 |
Lémbrase que conforme ao indicado na web colexial, a atención presencial realizarase preferentemente mediante o sistema de cita previa concertada.
Tamén se lembra que, durante o período de Nadal, debido á redución de efectivos por mor do desfrute das súas vacacións polo persoal, recomendase realizar calquera consulta ou solicitude a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.
Enlace á noticia |
Peche de oficinas colexiais durante o Nadal
Publicación:11 de decembro |
|
 |
Infórmase que, como en anos anteriores, todas as oficinas colexiais permanecerán pechadas a véspera dos días de Nadal e Aninovo, os días 24 e 31 de decembro. Tamén se informa de seguido do peche de Delegacións, debido ás vacacións do persoal.
Enlace á noticia |
Concursos
Fallo do concurso do edificio do mercado de abastos de Sanxenxo
Publicación: 16 de decembro |
|
 |
Está disponible o resultado do concurso para a redacción de proxectos da construción dun novo edificio para o mercado de abastos, aparcamento público e centro multiusos do Concello de Sanxenxo.
Enlace á noticia |
Eventos
Disponible la grabación de la Jornada “Responsabilidad Profesional del Arquitecto, en general y en obras no LOE. Prevención antes las exclusiones de algunas pólizas de RC”
Publicación: 15 de diciembre |
|
 |
Esta Jornada formativa en streaming organizada por Asemas, se celebró el pasado 9 de diciembre, con la asistencia de 2.033 arquitectos.
Enlace a la noticia |
Normativa
Planeamento urbanístico – primeira quincena decembro 2020
Publicación: 16 de decembro |
|
 |
Planeamento urbanístico publicado na primeira quincena do mes de decembro de 2020 no Diario Oficial de Galicia e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.. Enlace á noticia |
Normativa e acordos de interese publicados en boletíns na primeira quincena do mes de decembro de 2020
Publicación: 16 de decembro |
|
 |
Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese da primeira quincena do mes de decembro de 2020. Dita listaxe, estará disponible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, no seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia |
|
|