Fallo dos Premios “Gran de Area 2025”

16 Dic 2025

Tal e como se anuncia na Circular 20 2025, procedeuse á publicación do fallo do xurado dos Premios “Gran de Area 2025″.

Os premios «Gran de Area de aportación a Arquitectura» son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia nas provincias de Pontevedra e Ourense, para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcacións de Vigo, Ourense e Pontevedra.

Conforme á convocatoria realizada na circular 11/2025, un total de 60 propostas foron presentadas á edición 2025 dos Premios Gran de Area. O xurado da presente edición emitiu o seu fallo polo cal destaca 12 das candidaturas presentadas.

Poden consultarse a través do seguinte ENLACE.

Compartir